Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet O Recuncho
O Recuncho

Sobre O Recuncho:

  • Não sou nada. Nunca serei nada. Não posso querer ser nada. À parte isso, tenho em mim todos os sonhos do mundo.

Sobre min:

  • arduina@orecuncho.com
    Gustame: Gwendal, Ortigueira, o cocido, a cervexa Guinness, Irlanda, Galicia, Kukuxumusu, os videoxogos, os comics.

Enviame unha mensaxe de voz :)

Aqui!

De viaxe:


Arquivos:

Meta:

    blogalego - buscando nos blogs en galego!
    Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Paddy B

Martes,30 Xuño, 2009 by arduina

Non sei moito de Paddy B, só que ten un disco chamado Irish songs, tan típico… Pero gústame o xeito que ten de cantar as cancions, e estou especialmente namorada de Funeral song. Podese escoitar en Spotify. Gústame cómo fai música tamén coa letra da canción, lembrame un pouco a La Bottine Souriante, ou a The Rocky Road to Dublin.

Escrito en Cousas inclasificables, Música | Ningun valente »

Domingo,28 Xuño, 2009 by arduina

Estou fisicamente esgotada. Estou tan esgotada que nin durmindo teño descanso dabondo. Onte esquencinme de comer!!
Traballo unha media de 47 horas semanais en turnos terribles. Hai tres semanas traballei 56 horas. Estou ata perdendo pelo, teño que ir facer unhas analises a ver como ando.
Pero é o que hai. Ou isto, ou o paro. Tentarei falar coa miña axencia para pedir menos horas. Non podo máis. Non ten senso pasar os dias libres durmindo.

Onte paseino ben, a pesares de todo. Quedamos á noite unha amiga do aeroporto, a holandesa, a finlandesa, P e mais eu para tomar unhas cervexas nun dos meus pubs preferidos, que ademais esta a 3 minutos da miña casa. Uniuse a nós un amigo da holandesa e P marchou á media hora porque viñera unha amiga sua de Noruega a visitalo, quedou en chamarme mais tarde.
Eu comecei a estar piripi coa primeira cervexa, e foi enton cando descubrin que non comera nada en todo o dia!! Foi unha noite moi divertida, levei o meu sonic screwdriver do Dr. Who (merqueino en Stirling!!) e falamos da serie con toda a xente que ali habia.
Tras un par de horas marchamos para casa, e eu estabame a preparar para xogar ó Oblivion cando recibin unha chamada de P convidandome a cear na súa casa ^_^ Así que fun para ali e o pasamos moi ben, eu tiña moitas ganas de velo porque estivera toda a semana fóra. E hoxe de camiño para a miña casa decidimos tomar unha pinta nun pub precioso que hai perto da súa. Falamos un pouco do futuro, e estou oficialisimamente convidada a ir a Noruega en agosto. Tamen me dixo que igual voltaba durante un tempo a estudiar ó seu país, e eu lle dixen que mal vía a cousa. Interesalle moito a vida en Madrid tamén, hoxe preguntou por academias de español alí. Para min non seria nada malo (laboralmente falando) voltar para Madrid falando inglés, francés, algo de portugués e algo de noruego. E galego, iso sempre. E el penso que teria moitas oportunidades de coñecer a pintores e escultores, Madrid é unha cidade que ofrece moitisimo.

Pero se teño que ir para Noruega, eu vou para Noruega. Ainda que non llo penso dicir por agora :D

Escrito en Cousas inclasificables | 2 valentes »

Mércores,24 Xuño, 2009 by arduina

Non quero vivir na Coruña nunca, nunca, nunca e nunca.

Escrito en Cousas inclasificables | 2 valentes »

Martes,23 Xuño, 2009 by arduina

Andamos todos un pouco amolados no traballo. Non nos parece normal ter os horarios que temos. Eu por exemplo, tiña que traballar oito dias seguidos. Asi enfermei.
Onte unha amiga do aeroporto dixo que facia o turno de hoxe por min, asi que estou na casa descansando. Xa pedin cita no medico para o venres.
Hai un par de dias estiven falando portugues cunha rapaza brasileira, sorprendeuse moito de atopar a alguen que falase portugues no aeroporto de Edimburgo. Xa lle expliquei que o meu era unha mestura rara entre galego e portugues, pero a ela valeulle! De cando en vez recibo unha chamada da miña xefa para facer de interprete. Ata italiano teño traducido (asi como podo). Os meus xefes estan contentos comigo, e eu espero manter este traballo.

En agosto verei á miña familia. Puiden conseguir unha semana en España, vacacions pagadas (ben as gañei!). P marcha en xullo para Noruega, ata setembro. Onte coñecin ós seus pais e convidaronme a ir. Dende Glasgow é casi gratis viaxar a Oslo, asi que supoño que intentarei escapar uns dias en agosto, tamen.
Onte regaloume outro libro, en ingles.

Estou lembrando agora un discurso que lle botei hai un par de dias. Dixenlle que ainda que a vida era moi puta, desfrutala dependía só de nós. El dixo algo moi bonito, dixome “Sí, a pesares de todo, semella que estas tendo sempre un bó día”. É algo bonito para unha pesimista de alma coma min, jaja.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Sábado,13 Xuño, 2009 by arduina

Éche o que hai!

(Hoxe son feliz)

Onte foi a inauguracion da exposicion dos estudiantes de ultimo curso da escola de arte de aqui. P convidoume a ir con el, a el tocaralle o vindeiro ano. Pareceume moi moi interesante, unha rapaza ten fotos de esculturas con froitas que me gustaron moito. Pero non deu tempo de ver todo, asi que voltaremos outro dia.
Ás 10 comezaba unha festa á que fomos, e convidei a unha rapaza coa que traballo no aeroporto, e a unha amiga dos meus amigos en Madrid, que veu a Edimburgo por uns dias. A festa foi brutal, en teoria tiñamos que ir disfrazados pero non o sabiamos, asi que un amigo da rapaza pintoume un bigote, jaja. E alá fomos! Karaoke, cervexa, mulleres en tetas, homes bebedos vestidos de Borat en bañador, os compañeiros de P… Foi unha noite moi rara porque ainda que era unha festa, era o dia no que eu ía ser oficialmente presentada, jaja, asi que estiven a moitas cousas e non foi tan divertido como poderia ter sido, pero foi moi tolo de todolos xeitos. Rachei a camisa, con iso coido que digo todo… A festa foi en todo o colexio de Arte. Enorme, inmenso! Lembroume a unha desas festas tolas americanas.
A miña amiga do aeroporto agarrou unha chea que nin Sue Ellen… Fixome prometer que ía viaxar a Australia.

Onte tamen fixo un mes dende que P e mais eu saimos. En realidade comezamos a ter citas en abril, pero foi en maio cando decidimos facer algo. Eu andaba preocupada estes dias, as cousas estaban sendo moi raras. Creo que en xeral o meu traballo esta a afectar moito á miña vida, porque fan o que queren cos meus turnos e hai dias nos que durmo unha ou duas horas! E claro, non hai xeito de ter unha rutina minima. Asi que falei con el, e foi moi doado. Gustame poder falar, eu penso que é a clave de toda relacion, pero ás veces non é doado. Con el si, con el podo facelo. Sentinme moi ben despois de falar, e as cousas foron mellor e mellor. Aqui todo é irreal, é coma se estivese vivindo unha vida que non é a miña. O traballo está nesa vida, é coma un xogo. A universidade tamén, ainda é irreal. Pero P. xa pasou ó plano do real, xa ten un oco no meu mundo. Falamos de viaxar uns dias xuntos a España. Antes non queria, sentia que era ofrecer demasiado. Pero agora quero que veña, e creo que el esta desexando facelo. Onte comecei a falar castelan coa miña amiga, sen decatarme durante un anaco longo, e o pobriño ahi, agardando. Asi que me desculpei, e me dixo “Non importa, teño que afacerme a isto”. Cando saiamos da festa, el viu a un compañeiro noruego e estiveron ali de palique, e pasou o mesmo. Cando se decataron, pasaron ó inglés. Pero a min non me importaba, e sentin que tamen me tiña que afacer.
Supoño que vou polo camiño axeitado, e que estou comezando a sentir certo namoramento.
Hai dous dias, durmindo, abrin os ollos e P estaba ollando para min, sorrindo. Supoño que non son a unica que comeza a sentir que isto está tendo senso :)

Escrito en Cousas inclasificables, Música | 1 valente »

Xoves,11 Xuño, 2009 by arduina


Viva Mocedades!!

Escrito en Música | 3 valentes »

Rolf Jacobsen e Xulio Valcarcel

Sábado,6 Xuño, 2009 by arduina

Hai uns días P regaloume un libro de poemas dun poeta noruego chamado Rolf Jacobsen, do que me estou namorando perdidamente.

Non puiden evitar notar certo paralelismo entre un dos seus poemas, e un poema do meu Xulio Valcárcel. Xulio ten bó gusto!:

Whispered

Words
just small
small words
whispered
almost without breath
for us

like broken straw
words without light
and almost without form
words among trees
small half-words
that lie asleep
for us.

Amidst all that is great
small, small words
to keep hidden
on the back of a hand
or your earlobe
small words
utterly without light
like animals
or grass

E o de Xulio Valcárcel di así:

Autopoetica (Palabras contra o tempo)

Leves, fráxiles
nin esculpidas en pedra,
nin forxadas en ferro,
as palabras,
alento breve
no medio do inmenso xelo,
a penas un eco,
o palpexar
dunha pequena luz
na noite.
Tan soas e desvalidas,
tan vulnerables.
(Nin madeira, nin pedra, nin aceiro.)
Déixoas caer
como fillas perdidas
na indiferencia que as acolle.
Cavilo, ¿qué farán sen min?
A penas tremor de ar,
tépedo pálpito de brisa,
as palabras
tenaces resisten
conmovidas,
pequenas chamas
alimentadas de amor
contra o tempo.

Escrito en Cousas inclasificables, Libros, literatura, letras... | Ningun valente »

Sábado,6 Xuño, 2009 by arduina

Canto tempo sen escribir! Ando a un cento de cousas todas á vez e así non hai quen poida! jaja
Viñen da viaxe a semana pasada, foi moi bonita. Puidemos visitar o castelo de Stirling, e pola noite o pobo é precioso. Non sei que ten Escocia, pero esperta en min a sensación que teño cando é noite en Santiago, é coma viaxar no tempo. Saquei unhas oitocentas fotos de vacas (teño un problema! jaja), son moi bonitiñas! E volta ó duro traballo.
Esta semana andaba algo farta do meu traballo, é algo ingrato. Pero bueno, mañá xa libro. Estou pensando en ir visitar algun monte a vindeira fin de semana, que tamen a teño libre. P. di que se apunta. Onte estivome interrogando sobre blogues e internet, porque esta moi interesado en todo o tema para promocionar e dar a coñecer as suas esculturas, e dinlle o enderezo deste. Hoxe tomando unha cervexa dixo algo moi bonito. Dixo “Tanto pensar en aprender castelan, e agora resulta que son dous idiomas os que teño que aprender!” jaja. Pareceume bonito porque el mesmo esta interesado no galego, como parte da miña identidade, sen lle ter eu que pedir nada. Nunca me fixo as tipicas preguntas estupidas e imbeciles que a moitos inimigos do galego lles encanta facer, tipo para qué empregar o galego tendo o castelan, ou cousas asi. Asi que saiu del o tema do galego! É incrible como xente de fóra de España comprende as realidades lingüisticas moito mellor que alguns españois.
Di que vai usar un tradutor para traducir o meu blogue e lerchear. Espero que non o faga! jaja

Esta semana uns velliños quixeron darme propina no aeroporto, por lles ter axudado coas maletas. Que cousa mas riquiña é a xente vella!

Onte o meu compañeiro de piso saiu ó meu encontro cando eu entraba na casa, e dixo algo de ir tomar unhas pintas mañá. Dixo “Dille ó teu mozo que veña”. Creo que é unha estratexia para coñecelo, xa van varias veces que me din de invitalo, pero é que non quero! É meu, quero telo para min durante un tempo! Asi que mañá vou de cañas. Vai ser raro.

Onte cocín tamén os meus últimos chourizos (meus pais han de mandar mais), e coa auga decidin hoxe facer unha sopa. Non atopei fideos, pero nunha tenda atopei lentellas verdes! Asi que fixen lentellas coa auga dos chourizos, e lles puxen cenoria e cebola. Sairon riquisimas!

Escrito en Cousas inclasificables | 2 valentes »

Pubs e cousas

Luns,25 Maio, 2009 by arduina

Hai un pub no centro de Edimburgo chamado The Royal Oak. É A Repichoca escocesa :D Un pub de folk moi importante dentro do ambito musical de por aqui.
Gustame ir. É pequeniño, pero sobre as paredes hai centos de concertos moi interesantes. Ali descubrin o Arran Folk Festival, e o Edinburgh Folk Club.
No Edinburgh Folk Club o vindeiro mes tocará Andy Irvine, un dos meus numerosos mitos eróticos. Antonte estiveron tocando dous homes con cadansúa guitarra. Ó saír a fumar un cigarro, un deles estivome contando cómo Fife é o berce dos auténticos escoceses. Gústame o acolledores que son os escoceses, nunca me tratan como a unha turista. E The Royal Oak mola por iso, e porque podes sinxelamente ir a tomar unha cervexa e a falar con quen estea ali.
Ó festival de Arran van ir Lúnasa. Quero ir! Pero non sei se poderei por mór do traballo. Ás veces penso por qué me gustan tanto, se fan música tradicional coma moitos outros grupos. Non son coma Kíla, por exemplo, que teñen un son e un estilo moi marcados. Durante un tempo pensei que era a guitarra. En Give us a drink of water, a guitarra ten un papel importante, e na meirande parte das súas cancións escóitase forte, coma un instrumento máis, non coma un de recheo. Tamén se pode apreciar nesta canción:

Pero por moito que tente adiviñar que é o que os fai grandes, non son quen de facelo! A música de Lúnasa entra polos meus ouvidos e fai que mude o meu estado de ánimo. É case algo físico. É evidente que son uns musicos moi bós, pero será a guitarra o que os fai diferentes nunha primeira escoita?

Asi que antonte estiven en The Royal Oak descubrindo festivais. Ese día P quixo vir comigo, e lle estiven a falar dos diferentes instrumentos tradicionais que aparecian en moitas fotos, entre eles o meu descubrimento máis actual, a concertina. Estiven tomando nota dos diferentes concertos, e nun momento dado él colleu a miña libreta e anotou algun mais para min que eu non vira. Lembrei que o meu amigo Alvaro dixera un dia que as parellas non teñen por que ter os mesmos gustos, e poñia a súa moza como exemplo. Eu xa non busco iso, xa non busco unha alma xemelga porque desgraciadamente non creo nesas cousas. Pero o xesto de seguir anotando cousas para min foi moi bonito. Foi coma se quixese participar dalgún xeito niso.
Onte reservamos hotel (era máis barato que un b&b!!) e bus a Dunblane, e hoxe manqueime no dedo maimiño do pé dereito. Pensei que rompera o óso, asi que fun ata o hospital. Non rompin nada mais o dedo está morado e non podo andar. Asi que non puiden ir traballar, e non irei ata o mércores.


Escrito en Cousas inclasificables, Música | 1 valente »

O escocés

Luns,25 Maio, 2009 by arduina

Julia contarame en Madrid, que en Escocia tamén falaban escocés. Pero non gaélico, senon escocés.
Cando fun á entrevista na biblioteca vin un comic publicado neste ¿idioma? ¿dialecto? (sei lá!), seica era o primeiro comic publicado en scots.
E hoxe, fuchicando na páxina do Parlamento Escocés, vin que estaba traducida ó scots! Dende a miña ignorancia, para min esta lingua é a escrita fonética do inglés con acento escocés. Pero como teño a sensacion de que estou a dicir unha chea de burradas, agora mesmiño vou ler o que ten que dicir a Wikipedia ó respecto. Paréceme moi interesante.
Por outra banda, sorpréndeme a profundidade da cultura escocesa en tódalas áreas, é algo alucinante. E sen ánimo de entrar en debates políticos nen lerias, dame mágoa ver cómo a cultura inglesa (que non británica) esta dalgun xeito sobre todo o escocés. É coma ver só a superficie dunha lagoa fonda. Ou polo menos esa é a impresión que eu teño. Confundir modernidade con perda de identidade é un erro enoooooooorme.

No aeroporto as cousas van tirando. Eu estou esgotada, hoxe foi un dia durisimo. Teño un par de compañeiras que feden un pouco. Unha por racista, e a outra por trepa. O resto dos compañeiros son estupendos. E pasado mañá teño o día libre, e o xoves e o venres marcho a Dunblane co meu mozo (hoxe fixemos a reserva). Onte ensinoume a dicir o equivalente a “teño unha fame negra” en noruego, pero xa o esquecín.
Que ganiñas teño de que chegue Setembro para comezar na universidade!

(O meu galego está comezando a cheirar, e o castelán tamén. Non quero pensar cómo vai ser isto cando pasen uns anos)

Escrito en Cousas inclasificables | 3 valentes »

« Entradas anteriores