Anotacións do Tema 'Paranoias varias'

Saturday, April 25th, 2009

Nesta semana xa vin ó meu noruego un par de veces, a ultima o xoves á noite. Pasamolo moi ben! Fomos tomar unha pinta e logo viñemos ata a miña casa (sen intencions, que eu ando arrefriada!) para pedir unha pizza e ver Young Frankenstein. E despois a tele, e despois Family Guy, e despois Black Books… etc etc ata que deron as 10 ou as 11 da mañá. Eu estaba morrendo co arrefriado, quedamos durmidos e espertamos ás 12 flipando un pouco.
Supoño que hai una “cousa” que “avanza” cara algun sitio. Onte falamos un anaquiño á noite, e xa me tarda velo outra vez, pero bueno. Paso de todo, porque en realidade non creo no amor. Teño unha vision moi pesimista das relacions entre a xente.
Aprendin unhas cousas en noruego pero xa as esquecin. Só lembro cómo pronunciar ben o seu nome. Algo é algo.

Anotacion adicada

Saturday, April 19th, 2008

TEÑO que adicar esta cancion a Murray e a Ezequiel. E a todolos frikis do mundo!

Sunday, December 23rd, 2007

Atopei o blog da moza actual dun ex-mozo meu. Hai xa 6 ou 7 anos que o deixamos. Foi unha relacion bonita, eu tiña 17 anos e el 22. Era moi cria, e el o primeiro mozo serio que tiña. Eramos veciños tamen, el vivia unhas casas mais arriba da miña.
Pasabamolo moi ben, ainda que eu estaba algo amolada porque non traballaba nin tiña intencion de facelo, vivia dos pais. Animeino un pouquiño e sacou un ciclo formativo, e comezou a traballar.
As cousas foron moi ben ata que apareceron polo medio os seus amigos. Sen coñecerme nen darme oportunidade algunha, decidiron que eu non lles caia ben porque era moi cativa. Se habia unha festa e eu ia, non disimulaban nadiña.
Eu falaba co meu mozo e el dicia que os seus amigos eran intocables. Cousas de rapaces, supoño. Eu tampouco tiña madurez dabondo como para reaccionar.
Despois as miñas amigas os coñeceron, e entre lios e lios, estabamos el e mais eu no medio. Non era agradable. Pero cando eu ia á súa casa todo pasaba, estabamos só nos os dous, e pasabamolo xenial.
Esta relacion pilloume nunha etapa complicada. Os meus pais non me deixaban sair, non me deixaban facer nada (se cadra por iso agora valoro tantisimo a liberdade e a independencia, e foi por iso polo que fixen unha FP. Queria vivir por min mesma pronto.), era algo bastante esaxerado.
Cando nos despediamos, todo se voltaba escuro e ala ia eu, á miña casa, a encerrarme ali, a sentirme vixiada… Iso facia que cando estaba con el todo parecese mais marabilloso.
Queriamonos moito, a verdade. Entendiamonos xenial. Pero el seguia na casa dos pais, coma se estivese atado. Cando el falaba de marchar, a nai dicia que a ver que facia ela sen o seu pequeno na casa. Eu tiña aspiracions e ganas de facer cousas, el conformabase con que lle fixeran a comida todolos dias. Un dia chamoume amargada.
A cousa puxose tensa, e decidin deixalo. Ata tres veces. Foi moi dificil, el era a unica liberdade que tiña fora da casa.

E atopei este blog e comecei a lembrar. A rapaza fala das viaxes que fan, é bastante simpática :) Fala de que mercou unha casa, e de que el esta moi ledo. Eu tamen estou leda de que lle vaia ben, porque ainda que el me odiase e nunca mais falase con el, compartin con el moitas cousas boas. Pero non podo evitar que me amole un pouco ver o ben que a tratan os amigos del, cando a min me fixeron bastantes putadas (a min e a unha amiga). E vexo tanta viaxe, e a casa nova, e penso no que tivera pasado de non deixalo. Non ten moito senso, pero é que de súpeto apareceron todas estas lembranzas do pasado, e resulta que hai un presente que eu coñezo tras 6 anos: non podo evitar estar abraiada.

¿Que sera o que ela sabe de min? Se cadra nada, ou se cadra el contou o mala que fun, que o deixei tres veces, que non queria estar cos seus amigos…

Todo isto fixo que pensase unha cousa que me dixo o meu mozo a semana pasada. Eu estaba organizando unha xuntanza para ir ó cine e estaba sacando as entradas. El preguntou que por que as sacaba eu, se podiamos ir todos á taquilla. E logo riu un pouco e dixo que tiña tanta ansia porque a xente estivese ben, que ás veces esquencia tomar as cousas con calma.

Que a xente estea ben e se sinta feliz é algo que me obsesiona bastante. Non o digo con falsa modestia, non quero que se me entenda mal, pero é asi. Debido ó xeito en que crecin, é algo que non podo evitar. Lembro a unha profesora de BUP dicindo que tiña que ser un pouco “zorrita” (textual).
E iso se aplica ós mozos, desgraciadamente.
Busco que todo vaia ben, e aguanto as malas rachas. Con este primeiro mozo foi o que pasou. Pensei que non tiñamos futuro, e que el sufriria menos se o deixabamos. Pero saiu o egoismo, e volvin con el duas veces mais. Saiu como tiña que sair: mal. Sí, el non o pasou ben, non quero pensar o que significa que alguen a quen queres te deixe. Pero para min non foi nada facil. Por un lado, estaba o sentimento de ser unha filla de puta. Polo outro, sentiame moi soa. E o terceiro lado é o que ven de extra conmigo: a obsesion de que unha persoa non se sinta mal. O caso é que eu fora a culpable diso! E ahi habia un dilema: se volvia con el, malo. Se non volvia, malo.

Pasou o mesmo co meu ultimo mozo. Un ano e pico despois de deixalo, sigo lembrando con claridade a súa reaccion e cada unha das suas palabras, e me sigo sentindo fatal. Non ten senso, hai que mirar cara adiante, pero bueno, é o que teño. Manquei a quen mais queria, provoquei que unha persoa se sentise mal. Hai meses que non falo con el, gustariame saber como lle vai a vida, pero non teño ese dereito. É algo que manca moito.

E supoño que pasara con el o mesmo que co meu primeiro mozo. Vira outra rapaza e sabera a sua historia. O tempo pasara, e nel quedaran eses catro anos xuntos. Non sabera o moito que o queria, nin que gracias a el superei a depresion tan terrible pola que pasei. Tampouco sabera que gardo as nosas conversas polo messenger de cando eramos só amigos, nin que me ensinou a disfutar da vida que habia fora da miña casa, nin canto boto en falta esas partidas ó Project Zero mentras el me chamaba cagona, nin cando iamos comer un perrito ó New Burger.

Do meu primeiro mozo lembro as apertas de animo antes de ir para a casa, das promesas de excursións ó dia seguinte, de cando sacou o carnet de conducir e me levaba en coche pola cidade, de cómo me ensinaba a montar e arranxar ordenadores, das galletas de chocolate que me mercaba, do seu enorme sentido do humor que tanto me facia rir, do apoio que supuña sempre que discutia cos meus pais, de como me ensinou a querer sen desconfiar…

Supoño que eles pensaran que non significaron nada para min. E todo isto é un tema do que os ex non deben falar, polo que así quedará.

E nada, en todo isto me fixo pensar o blog da rapaza. Só podo agradecer os anos que pasei con eles, e que me fixeron quen son. E son unha persoa feliz, con moi boas lembranzas e con moito cariño recibido. Xa que non llo podo dicir a eles, polo menos que conste :)

Wednesday, December 12th, 2007

Vou falar un pouquiño de La habitación del niño. Non conto gran cousa, pero aviso por se alguen non a viu.
Hoxe vin La habitación del niño e estiven pensando no gato de Shrödinger, que falan del na peli.
A miña mente non é nada matemática e teño aborrecida certa parte da fisica gracias a unha profesora de COU que decidiu facerme a vida imposible, pero ó meu pai encantanlle, gustalle ler sobre fisica cuantica sobre todo, e hai pouquiño mercou o ultimo libro de Hawking porque estaba moi interesado na materia escura e no que Hawking escribira no libro sobre ela (pouca cousa, pero algo é algo).
Con isto quero dicir que dende cativa recibin loooongas charlas sobre física e que me gusta moito falar sobre ela, pero hai coma un tope que non podo sobrepasar nunha conversa sinxela, a miña mente é incapaz de comprender e memorizar certas cousas, son moi de letras :)
E hoxe estaba vendo esa peli e non acabo de comprender a relación entre a teoría das cordas (que non mencionan pero que sí aparece) e a paradoxa (dise paradoxa?) do gato (que si mencionan e que non vexo na peli por ningures). Non sei se é cousa miña (moi posiblemente) ou é que quixeron meter a física cuántica no guion para darlle un aquel cientifico.
Así que chamei a meu pai e conteille toda a historia. Para que eu o entendese, dixo que se no interior da caixa había unha particula, teria que existir outra particula noutro universo. Pero sigo sin comprender que pinta o Gato nesta historia.
Dixo que ia indagar pola sua conta e que xa falariamos. Tamen dixo que tivese en conta que non todalas mentes están abertas a comprender algunhas cousas, desgraciadamente para min :D Seino, pero non me gusta non comprender. Quero polo menos achegarme un pouco á posible explicación, porque para min o do gato ten máis de filosófico que de cuántico, e sei que se ten que ver coa cuántica é por algo.
A ver que me di meu pai dentro duns dias.

Adeus, A Coruña

Monday, April 23rd, 2007

Marchamos. Non para Dublin como tiña eu pensado, senon para Madrid. Polo de agora chega, Madrid é unha cidade que me encanta, e se as cousas non van ben ali sempre podemos marchar outra vez.
O meu mozo posiblemente marchará en xuño para atopar piso e traballo, e eu chegarei ali en xullo, é dicir, xa. Queda pouquiño tempo.
A finais de maio falarei cos meus xefes.
Estou moi leda e con moitas ganas de marchar, tamen estou moi moi nerviosa. Coñezo case mellor Dublin que Madrid, jaja.
Aproveitarei o pouquiño tempo que me queda aqui, e o dia antes de marchar irei a Maria Pita a adicarlle un bo corte de mangas ó concello (a miña compañeira de traballo adora A Coruña, non o entendo).
Botarei en falta os meus pais, os meus amigos e a Repi. Espero non perder o meu acento, estou moi orgullosa del.

Friday, March 9th, 2007

Os meus xefes xa remataron as entrevistas de traballo. A semana que ven saberei quen sera o meu novo compañeiro (ou compañeira).
Teño moitas ganas de marchar e isto fai que pareza mais dificil, porque a empresa medra, quere sacar libros e eu vou tendo mais oportunidades de adicarme a maquetar, que é o que mais me esta gustando agora.
Todo vai tan rapido…
Por outra banda cada dia estou mais leda co meu mozo. Discutimos coma todo o mundo, pero queremonos moitisimo e é unha sensacion moi agradable. E non sei, por primeira vez comprendo a esas parellas ñoñas.

Estou lendo Todo bajo el cielo, de Matilde Asensi. Parece un Indiana Jones e a derradeira cruzada, cambiando a ubicacion por China. Esta entretido :)

Tres anos

Monday, February 26th, 2007

O dia 21 este recuncho cumpliu tres anos. Dise rapido.
É tremendo ler de novo as anotacions que escribin enton.
Graciñas :D (de verdade, moitas gracias)
É bonito isto dos blogs :)

…and I just stare at nowhere loosing time and kicking stones

Thursday, February 22nd, 2007

Teño moitas ganas de marchar.
Estaba pensando en facer outro ciclo, gustabame o de linguaxe de signos. Pero custa un ollo, 200€ ó mes. E é de 16 a 21h.
Por un lado quero estudiar, polo outro non podo porque para estudiar preciso cartos e teño que traballar.

Tamen teño mirado un curso privado que ten moita sona, de deseño grafico. Faise a traves de internet. Pero vale mais de 2000 €.

Este traballo cada dia me gusta menos. É unha ganga, pero non me aporta nada. Nestes momentos aqui non teño nada que aprender. Só hay rutina.
Considerome unha persoa traballadora, e pareceme rara esta actitude. Erguerme para aturar.

Teño moitas ganas de marchar e comezar de novo noutro sitio :)
Ai, se fose rica, xa estaba todo solucionado!

Roubaronme o paraugas

Saturday, February 17th, 2007

Pois iso, jaja.
Onte fun cear a un restaurante chino e chovia moito, asi que baixei o paraugas. Deixeino no paraugueiro, e cando rematei a cea, xa non estaba.
Pobriño paraugas.
Comenteillo ó chino, porque eles xa ían pechar e igual recollerano eles, pero dixeron que non e regalaronme un. Un paraugas de propaganda china! No chisme que se usa para recollelo, ese que leva velcro, ten algo escrito en kanjis e un numero de telefono. E se o abres, pola parte de dentro, xusto onde se xuntan as varillas hai un circulo con publicidade.
Mira que roubar un paraugas… Hai que ser moi patetico. Hei mercar un agora e devolverlle este á rapaza china.

Tuesday, February 13th, 2007

Tú eras el huracán y yo la alta
torre que desafía su poder:
¡tenías que estrellarte o que abatirme!
¡No podía ser!

Tú eras el océano y yo la enhiesta
roca que firme aguarda su vaivén:
¡tenías que romperte o que arrancarme!
¡No podía ser!

Hermosa tú, yo altivo: acostumbrados
uno a arrollar, el otro a no ceder:
la senda estrecha, inevitable el choque…
¡No podía ser!