Anotacións do Tema 'Videoxogos, informática...'

Tomb Raider Underworld

Sunday, December 16th, 2007

Pasando o tempo, atopei esta nova.
Lin mais cousiñas pola rede, seica vai ser unha continuación do Tomb Raider Legend, o que me pon moi leda. Encantoume o Legend, cheiraba a Tomb Raider por todas partes, a única pega que lle vin foi a duración, que é escasa. Pero disfrutei moitisimo co Legend, non podo agardar a que saia o novo!!!

Meristation

Sunday, November 25th, 2007

Levo xa bastante tempo sen analizar nengún xogo. Primeiro foi a falta de tempo. E despois veu a falta de xogos por analizar. Sempre tentei limitarme ás aventuras gráficas, xénero que me encanta.
Estou pensando en mercar Culpa Innata e voltar coas análises. Boto en falta falar de videoxogos. Boto en falta moitas cousas, antes escribía moito.
Se alguén ten curiosidade, pode ler as miñas análises aqui, e os meus avances acolá.
Danme moita vergoña a meirande parte delas. Anno 1503, que pouca idea tiña e cantas ganas… E War and peace, un xogo que me deron porque si para analizar. Gustame a estratexia, pero a nivel tecnico non teño moita idea. Se son sincera, non son capaz de ler a análise, dame vergonza allea, é moi cutre.
Pero estiven lendo outras, coma a de Forever Worlds ou a de El Secreto de la Caverna Perdida. E penso que non son nada do outro mundo, pero joder, tampouco son tan tristes.

¿Por que parei de escribir e de mellorar? ¿Que provocou que me convertese nunha persoa gris?
Antes tiña moitos temas de conversa: arte, literatura, informática, política… Agora esquencin a meirande parte das cousas. Escoito moito pero non son capaz de intervir. Sera cousa da idade? Sera que teño tantas ganas de vivir e de facer cousas que non quero gastar o tempo en cultivarme? Sera que pasei moitos anos perto de xente moi diferente a min? Será que son unha megalomana e en realidade non valgo un coio? Se cadra a depre do ano pasado me marcou moito, pero ata o punto de que un ano despois me sinta algo baleira?
Non o sei. Noutro tempo, importaríame. Agora non. Son feliz, dame igual todo, só quero seguir estando leda. Se son gris, deus vaia comigo. E a vivir!

Mono

Friday, February 23rd, 2007

Teño mono do Tomb Raider. Levo más de dous meses sen xogar.
Agora xa non teño o sobremesa, e co teclado do portatil xogar a calquera cousa é complicado.
Vou mercar un teclado e uns bós altavoces. Hei pecharme na sala, a escuras, a xogar.
Ah, que mono.

Fonera e R?

Thursday, January 18th, 2007

Antes dabame igual, tiña Telefonica e a conexion estaba ó meu nome. Pero agora na nova casa terei R a nome doutra persoa, e non quero empapelar a ninguén. Sei que ya.com prohibe por contrato compartir a conexión, pero que pasa con R? É ilegal conectar unha Fonera a un cable de R e compartir a conexion? Alguén o sabe?

A Frikipedia

Tuesday, January 16th, 2007

A SGAE denuncióu hai un tempo á frikipedia, que pretendia ser unha Wikipedia de humor. Tiña un artigo no que definia SGAE de xeito pouco respetuoso (como ben merecen, por certo).
Agora vexo en Bandaancha que o xuiz dictaminou que a SGAE e o Farre tiñan razon, e o rapaz que administraba a Frikipedia ten que pagarlles 400 e 200€ respectivamente. Supoño que o xuiz non sabe o que é o Wiki. Nin a LSSI.
A ver como sae a apelacion.
En fin, Marlo podeo dicir mellor ca min

Informaticos sen fronteiras

Monday, November 20th, 2006

Iso debe crer a xente que somos tódolos informaticos. A conversa repitese unha e outra vez nada mais coñecer a alguén.

- ¿E ti a que te adicas?
- Son informática
(Os ollos do interlocutor abrense moito, caelle unha babiña polo queixo)
- Ay si? E que fas exactamente?

Aqui pode haber variantes.

- Nunha páxina web
- Arranxo ordenadores
- …etc.

Para as tres a resposta é a mesma. A resposta dun Descoñecido!

- Que ben! Pois mira que casualidade que estou facendo unha paxina web. Que necesito? Teño que baixar un ftp? Ou serveme co hosting que teño contratado? O hosting inclue…
Enchente de preguntas sen senso. Podese cambiar a resposta, pero ven a ser o mesmo.
- Que ben! Pois mira que casualidade, que o meu windows esta estropeado. O Panda detecta mil virus, non podo entrar en hotmail, non me sae musica polos altavoces…

Etc, etc, etc…

Non me amola axudar ós meus amigos, nin de cando en vez ós descoñecidos. O que me amola é que alguen que acabo de coñecer crea que por traballar con ordenadores teño que traballar gratis para el.
Unha vez mais ¡Non, non penso arranxa-lo teu ordenador! ¡E menos en domingo!

O servicio tecnico de Ahtec (quen me mandaria a min…)

Thursday, November 2nd, 2006

Estou comezando a estar queimada, esta mala racha esta durando de mais.
Levo sen ordenador un mes. Un jodido mes. Ó acendelo daba cmos checksum error (non toquei a bios nos ¡3! meses de vida do ordenador, de calqueira xeito, cos valores orixinais que a bios tiña gardados tampouco funcionaba).
Cando cargaba o s.o., ó cabo de estar un anaco acendido, colgabase ou apagabase. Parecia da calor, porque cando pasaba un tempiño xa acendia. Tiña as mans atadas porque o ordenador ten un precinto e non o podo abrir. Comprobei cando e como pasaba, tomei nota e mandei o ordenador ó servicio tecnico xunto con todo o que eu fixera (pouca cousa) e algunha pista, por iso da solidariedade entre colegas.
Isto foi o dia 3. O dia 5 xa entrou no taller, e o dia 24 comezou a reparacion. Incrible, pero bueno, outro remedio non hai.
Leva unha semana en fase de testeo (podo velo na web). Hoxe chamei, a rapaza que me atendeu di que ó técnico non lle falla. A puta hostia! Nin tan sequera o error da bios! Ou era cousa da pila (ejem) e lle deron un golpe que a puxo ben no sitio, ou non podo entendelo. Pero o da calor xa me mosquea, porque os dias nos que fallaba non eran especialmente calurosos.
Digolle á rapaza que por favor instalen algo que faga traballar á tarxeta grafica, porque non me vale que deixen o ordenador acendido e listo. Dime que pasan un test que “le da caña”, que por iso non me preocupe.
Eu estaba entre frustrada e alucinada, porque levo un mes sen poder traballar nin estudiar coas miñas cousas. Digolle que me parece un pouco raro que a min me estea dando fallas e a eles non, e me di que a informatica é aleatoria (XD), e que ainda que eu saiba de informatica o que me poidan contar amigos ou coñecidos (XD), ela traballa con portatiles todolos dias e estas cousas pasan a cotío.
Outra cousa graciosa é que se quero que me envien o ordenador agora, teño que pagar os portes. Se non quero pagar, teño que agardar a que eles rematen co seu extraño troubleshooting (porque nin sequera abriron o puto portatil para mirar se o ventilador ou o disipador estaban cheos de po).
É frustrante, porque sei a actitude que teñen eles comigo (a mesma que tiña eu cos clientes, e é a correcta, nunca sabes quen te minte), pero levo un mes parada.
Estou un pouquiño farta xa de todo, creo que vou desaparecer do mundo por un tempo. Blablabla, o de sempre, si. Nin sequera teño fame.

Problema con WP

Wednesday, October 11th, 2006

Ai..
No traballo subin un blog en wordpress. Agora o meu xefe quere empregalo coma unha ferramenta de comunicacion interna. Quere que todos os editores, cada vez que alguen escriba un comentario, reciban un aviso no e-mail.
Estaba investigando e me din conta de que nin os admins recibimos o email, e deberia ser asi.
A conta de correo do admin é a miña, e existe. A do blog tamén é a miña. E no apartado de Opcións, na pestana debate, esta marcado:
Mandarme un e-mail cuando:
Alguien envía un comentario
Se ha recibido un comentario para moderar

¿Alguén ten algunha idea? Mirei en foros, non queria tirar de plugins por agora, pero sen ser un plugin non atopo moita solucion…

Frases celebres do IRC

Tuesday, September 19th, 2006

Boísimas

<> hola
<> t puedo preguntar una cosa?
lo acabas de hacer
<> jeje
<> como me puedo iniciar en el mundo del hacking?
primero tienes que dejar de ser virgen
<> vale vale
<> y cuando lo consiga?
cuando lo consigas, dejaras de tener interes por el hacking

Máis aqui http://quotes.elinfame.com/?pag=1

(Gracias, Wel)

Monday, September 18th, 2006

No Second Life hai de todo. Agora estou nun bar dublines que existe de verdade en Temple Bar tomando unha pinta cun grupiño de xente moi agradable.
Se alguen estivo en Temple Bar, non pode dicir que o bar do SL non é igualiño que o de verdade
Barney Stone