Anotacións do Tema 'Traballo'

Novo traballo

Friday, June 6th, 2008

Onte chamaronme para dicirme que hoxe tiña que asinar o meu novo contrato :)
Desta volta estou contratada por unha compañia alemana que me gusta bastante. Espero que me vaia ben ali. Comezo o luns e teño que ir ben vestida. Isto si que vai ser novo!

Tuesday, February 26th, 2008

O meu traballo está moi mal ultimamente. Disque nos van botar a todos para deslocalizar o departamento. O noso coordinador, en vez de animarnos un pouco, repite coma se fose un mantra “vannos botar”. Incrible. Moito traballo, poucas ganas.

Pero se xiro un pouquiño a cabeza, vexoo a el de lonxe. E penso que non se esta tan mal. Cando vai co seu traxe e a súa gravata a esa reunión importante que logo comenta conmigo decatome de que só por eses momentiños paga a pena. Ou cando ven de visita á miña mesa e o meu xefe olla para nós, a ver que carallo está a pasar, porque as contas non lle saen, e ademais ¡o xefe de outro departamento falando coa súa empregada!

E a min dame todo igual. Non hai perigo porque el sabe o que hai e eu tamen. Ser discretos no traballo e pasar coma amigos ten o seu aquel. Se a algúns lles sorprende que coa diferencia de idade sexamos tan amigos, haberia que verlles a cara se soubesen…

Falta moito para que escriba de novo cousas coma esta. Ás veces penso que nunca as escribirei. Pero sei que o tempo cura todo.

Semella unha pelicula, ademais casualmente entra dentro do meu novo obxectivo sexual! Cedo, é cedo, cedo para min… Repito iso a cotío.

¿Perigoso? Pode. Pero carpe diem. Teño dereito a ser feliz despois do terrible xaneiro. Realmente, todo o que está ó noso arredor non existe cando estamos xuntos, e eu non podo parar de sorrir cando me fala do seu país e me mira con eses ollos azuis de marroquí budista atípico. De cando en vez dalle por falar frances e árabe, e eu sinto que todo desaparece…

Tuesday, January 8th, 2008

Veño de asinar o contrato. Todo legal, mais ou menos, nada do que poida protestar.
Hoxe xa fixen cousiñas, estes dias estiven aprendendo. Non é moi complicado e entretenme, a ver como segue a cousa. Iso si, estou moi cansa, teñome que erguer ás 6:30 esta semana (a que ven xa estou co meu horario e entro ás 10).
Encantame a leria da cantina para xantar!

Novo ano, todo novo

Wednesday, January 2nd, 2008

:)
A festa de aninovo aqui en Madrid foi estupenda, pasamolo moi moi ben. Xuntamonos nunha casa e como ninguen é madrileño de todo, cada un fixo as suas cousiñas. Houbo sushi, migas, gulas, tortilla, crepes…

E se o ano comezou cunha boa festa, segue a ser bó. Xa teño traballo :) En Madrid, a media hora en metro da miña casa, nunha empresa de soporte técnico. Levo tres anos sen dar soporte e comenteino na entrevista, que foi hoxe ás 12. Dixeron que se queria, podia comezar no nivel mais baixo, que é o de atención ó cliente e escalado de chamadas, e logo ir subindo cando xa tivese mais experiencia na empresa. Rematamos a entrevista perto das 13h, foi bastante distendida e incluso o pasei ben, os rapaces que ma fixeron foron moi agradables. Expliqueilles o tema dos idiomas, e que o meu portugués era de andar por casa, e valeulles.
A iso das 14h cheguei a casa e vin que tiña varias chamadas perdidas dun mesmo número (no metro non hai cobertura). Ao pouco volveron chamar, e eran eles. Que querian que comezase mañá mesmo. Así que volvo ó mundo da informática :D

O soldo non é bó, pero polo menos non gaño menos do que gañaba ata agora. A empresa ten boa pinta, ainda que para respectar o cliché, son desconfiada sempre, jaja. Hai dous edificios, nun fixen hoxe a entrevista, e era alucinante, con cantina e todo. No outro estan os tecnicos e teleoperadores, e é mais cutre. Dixeronme que os do meu edificio non podiamos ir xantar á cantina, algo raro dabondo, pero bueno. O caso é que este mes poderei pagar o meu cortello, e que atopei traballo en só 3 días, incrible!

Máis nervios!

Friday, December 28th, 2007

Hoxe teño unha entrevista de traballo!

Nervios!

Wednesday, December 26th, 2007

Estou na oficina. O meu xefe virá nuns minutos. Vou deixa-lo traballo, xa falei con eles hai un mes por este tema, e hoxe será oficial.
Estou MOI nerviosa. Ó entrar aqui viñeron unha chea de lembranzas, ó cabo estiven traballando aqui tres anos. Viñeron sobre todo boas lembranzas, as malas coido que comezaron cando marchei a Madrid.
Teñolle moito cariño a esta empresa, naceu e medrou conmigo, e ainda que son só unha empregada, non o podo evitar, sintoa miña en parte. A ver que tal me vai.
Isto do directo é a hostia! jaja

Bueno, feito. Son libre :)
A cousa foi xenial, as portas quedaron abertas e ademais ofreceronme moitas posibilidades. Xa estou buscando traballo!

Thursday, August 2nd, 2007

Non podo levar a empresa cobrando este soldo de merda. Non podo. Negome en rotundo a que os meus compañeiros de traballo non saiban configurar unha conta de correo electronico no Outlook. Eu non lles teño que dar clases de informatica, suponse que se veñen traballar nunha páxina web como minimo teñen que saber facer certas cousas.
Onte entrou un rapaz novo. Os meus xefes están de vacacions. “Sabes html?” “Pouco, só o que aprendin na escola”.

E hai cousa de dous meses ensineille á miña compañeira a escribir e-mails. Verídico. Só sabia usar o Gmail.

Que xa sei que ninguen nace sabido, pero non é lóxico que nunha entrevista de traballo non se filtre mellor á xente.

Non dou mais, non podo con conversas coma

“Nesta factura ven un paquete de folios e un cartucho de tinta. Só merquei o cartucho”
“Pois chama á tenda e que che expliquen de onde sae o paquete de folios”
“E que lles digo?”

QUE LLES DIGO?! Non sei, non sei! Todos temos dubidas, pero coño! Dilles que de onde sae o puto paquete de folios!

Estou completamente estresada. Son unha persoa paciente coa xente que quere aprender (eu mesma pido paciencia cando aprendo, sería iloxico non ofrecela), pero joder, todo ten un limite. Se comezo a traballar nunha web e non sei html, nin empregar o correo electronico, nin facer pdf’s… penso que non é normal.

Novidades

Thursday, May 24th, 2007

Estou na casa e non sei canto vai durar a conexion a internet, así que rápidamente. Boas novas! :D
Os meus xefes propuxeron que me fixese autonoma. O seu xestor vai levar a miña contabilidade, e descontando o rollo da SS e toda a gaita vou cobrar case 1000 euros ó mes polo que lles vou facer :D Non é moito en Madrid, pero teñen unha serie de contactos ali cos que vou poder traballar tamen, maquetando.
Xa teño un encargo aparte do meu traballo actual, estou maquetando outra cousiña.
O xestor explicoume que os meus xefes estaban contentos co meu traballo e que polo de agora non querian prescindir de min, asi que o meu ego subiu un anaquiño, jaja.
Vou ter o meu horario, traballarei dende a casa, non pagarei o IVE… E serei empresaria (mais ou menos). Traballarei facendo libros, que é apropiado para min :D
Asi que seguirei traballando coa mesma xente.
Viva!

Preguiceira

Wednesday, May 9th, 2007

Son unha preguiceira… Dame preguiza todo. E para que se vexa que é verdade, recoñezo que hai unha semana que teria que ter pasado o ferro, e ahi esta a roupa, morta de risa :D

Xa falei cos meus xefes.
Foi moi moi dificil. Queriaos avisar con tempo para coller as vacacions que me quedaban e para que atopasen a outra persoa, asi que o fixen o mercores pasado pola tarde.
Eu andaba algo preocupada porque non queria que pensasen que marchaba polo traballo, porque fose malo ou algo asi, e iso foi ben.
Conteilles por qué marchaba, que non era posible que quedase aqui. Propuxen traballar dende Madrid, ó cabo eu sempre fago todo co ordenador e vexoos unha vez ó mes. Dixeron que o ian pensar.
Tamen me gabaron. Que estaban moi contentos conmigo, que comprendian por que marchaba pero que non querian coller a outra persoa, que outra persoa non ia traballar coma min… Flores e flores. Non me sentaron mal, porque eu non sabia se eles estaban algo amolados. O ano pasado coa depre baixei moito a rapidez do traballo. E falando falando dixeron que se unha de nós quedaba preñada era bo que quedase a outra.
Alucinante, non? Que uns xefes conten con iso sen problemas e que un deles che diga que ter fillos é bó (”Maria, ter fillos é moi bonito”).
E nada, iso. Cheguei bastante triste, xa sei que no mercado laboral estas cousas son normais, pero non sei, collin a empresa dende o comezo, e teñolle moito cariño. Fago todo eu, os clientes xa me coñecen… Puf… Foi moi dificil. Sintome moi traizoeira.
Comentaron que o ian pensar (o de traballar dende Madrid) e que me daban unha resposta en 15 dias.

Por unha parte teño moitisimas ganas de que me digan que si, quero seguir traballando aqui. Pero por outra, quero comezar de novo en Madrid. Nova empresa, novos compañeiros, novo horario… Converterme nunha galego-madrileña mais.

Intento ensinarlle á miña compañeira as miñas tarefas, para cando non estea (son a sua supervisora, que ben soa iso! jaja), pero vexoa moi moi verde nalguns aspectos basicos, e non quero soar resabiada, pero non hai outro xeito de dicilo. A min preocupame marchar e que todas esas tarefas non se poidan facer ou se fagan mal, porque son cousas novas que implementaron cando entrei eu. Con isto quero dicir que os meus xefes non as poderian facer. Sei que non son imprescindible, pero é a miña empresa, a que vin medrar.

Tamen foi unha semana complicada porque despediron a unha compañeira de traballo. Era unha rapaza que traballaba para outra empresa, e a súa e a miña tiñan un acordo para publicitar cousas. Ela e mais eu levabamos traballando “xuntas” dende que entrei. Non nos vimos nunca, porque ela esta en Madrid: traballamos por e-mail e por telefono. As duas vivimos cambios de piso, de mozo… polas duas partes eh? jaja. E hai un mes dixo que mercara unha casa.
O luns escribiume e dixo que a despedian. Asi, de supeto. Como a empresa é bastante importante e por tanto ten moitos cartos, supoño que lle deron bastantes a ela para indemnizala. Non sei se cumpliron o de agardar 15 dias, pero foi triste. Xa nos demos os telefonos, cando estea en Madrid chamareina. Namentres non chego, só espero que lle vaia moi ben. É mais ou menos loxico quedar sen traballo se a empresa vai mal ou se es un mal traballador, pero non é o caso.

Que ganiñas de marchar teño. Con sorte xa non votarei nas proximas eleccions da Coruña, destas non me libra ninguen.

Adeus, A Coruña

Monday, April 23rd, 2007

Marchamos. Non para Dublin como tiña eu pensado, senon para Madrid. Polo de agora chega, Madrid é unha cidade que me encanta, e se as cousas non van ben ali sempre podemos marchar outra vez.
O meu mozo posiblemente marchará en xuño para atopar piso e traballo, e eu chegarei ali en xullo, é dicir, xa. Queda pouquiño tempo.
A finais de maio falarei cos meus xefes.
Estou moi leda e con moitas ganas de marchar, tamen estou moi moi nerviosa. Coñezo case mellor Dublin que Madrid, jaja.
Aproveitarei o pouquiño tempo que me queda aqui, e o dia antes de marchar irei a Maria Pita a adicarlle un bo corte de mangas ó concello (a miña compañeira de traballo adora A Coruña, non o entendo).
Botarei en falta os meus pais, os meus amigos e a Repi. Espero non perder o meu acento, estou moi orgullosa del.