Anotacións do Tema 'Peliculas, cine...'

Galicia en Criminal Minds!

Monday, April 13th, 2009

Ostras!
Son unha tola de Criminal Minds, e estou vendo o capitulo 4×17. Fala sobre un rapaz relixioso morto en circunstancias extrañas.
Eu pensaba que era un erro do subtitulo, pero con voz intrigante un dos axentes do FBI preguntalle a unha rapaza “Sabia vostede que fulanito estivera en Galicia, España?” “Non” lle di a rapaza. E o outro segue “Nun sitio chamado Santiago de Compostela”. Todo con acento guiri, claro. E sae mais veces ó longo do capitulo, pero non destripo nada!
Arre carallo! Ole oleeee! Como mola Criminal Minds!
Mola que Galicia saia coma un sitio onde cousas de medo pasan. En Dagon gustarame moito, os profundos falando galego! jaja

Sunday, March 29th, 2009

Hoxe fun a un bar que hai pertiño da Royal Mile. Chámase The Elephant House, e nel cómese bastante ben, e estase ben tamén se se quere ler, tomar un chocolate e descansar un anaco. Teñen un taboleiro con bastante sona aqui, onde se poden atopar compañeiros de piso, clases, concertos… Como estamos a buscar un compañeiro de piso, fun poñer o anuncio. Coido que no camiño collin algo de frio.
Á volta pasei por un videoclube que hai a carón da miña casa, e me fixen socia. Paguei 1 pound por facerme socia, e alugar unha peli por 6 horas custame 0.99 pounds. Ridiculamente barato, cando en Madrid estaba pagando 3 euros por alugar unha pelicula, e se queria a tarxeta para o caixeiro tiña que pagala aparte. Estiven lareteando co dono do videoclube sobre a crise, o traballo, as suas vacacions en Sevilla…
Aluguei dous pelis: 1408 e Quarantine.
1408 comeza tan ben… pero despois volta ó mesmo de sempre e resulta un coñazo.

Quarantine tiña moitas ganas de vela, porque Rec gustarame moitisimo. Xa sei que hai opinions de todo tipo, pero eu pasei MEDO de verdade no cine vendo esta ultima.. Encantanme as pelis de zombis, e Rec pareceume moi ben levada.
Neste intre estou a ver Quarantine, e estou abraiada pola desfeita que fixeron estes americanos. Rec tiña moito de real, de sicolóxico, con veciñas marujas e criticonas, por exemplo. Nada era excesivamente gratuito, e mais ou menos tiña senso.
Quarantine ten sangue estupida e gore innecesario. E a min gustame o gore, pero é que aqui sobra! Realismo 0! Dialogos estupidos, actores coñecidos (isto fai que semelle menos real ainda). Os momentos de tension estan mal levados, e iso que son case iguais, pero non, non está ben conseguida (zooms artificieiros, por exemplo). Poderia falar de escenas especificas pero non quero destripar nada.

Crepúsculo e reflexión

Wednesday, December 31st, 2008

ou lusco-fusco :)

Onte fun ó cine a ver Crepúsculo (Twilight). É unha peli baseada na saga de libros de Stephenie Meyer.
Son fan, jaja. Penso que son libros feitos para raparigas noviñas, pero a min dame igual.

Bella, rapaza incomprendida chega a pobo. No pobo hay unha familia chachi e están todos boísimos. Especialmente Edward. Son vampiros. Edward e Bella namóranse. Ying-yang. Ben-mal. Depredador-presa. Luxuria-castidade.
Disto tratan, básicamente. Pero son varios e son moi entretidos, porque polo medio desa relación hai lobishomes, unha especie de monarquía vampírica, bailes, festas, reglas rotas e rebeldía.

Gustanme moito, e estou a converterme nunha especie de vella verde porque namoireime do personaxe de Edward interpretado por Robert Pattinson. Pero namoreime moito, ata o punto de que estaba toda encollida na butaca a piques de berrar como unha adolescente cada vez que poñia unha das súas poses ou cada vez que ollaba en plan “que guapo que son”.
E a pelicula encantoume! Moi ben feita, entretida e cunha música máis que bonita. Agardaba algo máis infantil, pero non.

Deixo aquí Bella’s lullaby, unha canción da película


E penso nesa nova que lin hai uns días sobre que as pelis románticas mancaban ás parellas, porque tendemos a idealizar e a querer o que vemos nestas peliculas.
Eu penso que non idealizamos ó protagonista. Por exemplo, no caso de Crepúsculo, eu non quero un mozo vampiro que me poña en perigo. Non. O que quero é un rapaz coas súas cousas malas, que sexa atento, que mire por min e que me queira. E nisto baséase tanto o personaxe coma unha relación.
As películas e os libros románticos non son malos. Ninguén soña con viaxar no tempo e coñecer un escocés super macho que che diga cousas bonitas, pero sí con alquén que te cuide e que che diga o moito que te quere. E se isto non está ben, a culpa non é do xénero romántico, senón da parella en si. É moi doado “tirar balones fuera”, pero ninguén (e estou falando en xeral, que ninguen se me amole) quere recoñecer que hoxe en día somos todos bastante egoistas sen ganas de facer certo tipo de esforzos para que estean ben os que temos ó lado.

E por isto, eu quero un Edward Cullen ó meu carón. Que mire para min e pense que son única.

Son unha romántica.

Wednesday, October 22nd, 2008

E hoxe tocoulle a Death Proof, que ainda non a vira. Brutal, estupenda e divertidísima. Paseino de medo, que persecucións tan tremendas! Que ben rodada está, qué de detalles!
Que guapo é Eli Roth!
Como mola Kurt Russell! Case tanto coma en Stargate! (Sintoo, Stargate é o mellor do mellor :P )
Joder, que ben o pasei :D

Monday, October 20th, 2008

Hoxe vin Sweeney Todd. Si, si, se cadra merezo unha malleira, pero esa peli é unha boísima terapia de soño.
Aburridisima. Todo estética, nada chicha.

Once

Monday, April 28th, 2008

Onte vin Once, unha peli que se desenvolve en Dublin. Vina anunciada cando estiven ali, e sentia moita curiosidade.
Gustoume moito polo sinxela que é, e porque comparte un concepto conmigo: Dublín é música, e ali para cada momento hai unha cancion. Era moi bonito ver a pelicula e pensar que eu estivera neses mesmos sitios.
Recomendoa. Non son boa escribindo criticas, pero deixo aqui unha cancion da peli (ten moitas, e un casi-musical, encantaronme!). Non escollin unha con imaxes da peli, só deixo a actuacion dos protagonistas nun programa.


Sunday, December 23rd, 2007

Sei que non é normal pero ODIO a Sylar. Odioo moitisimo, se o tivese diante darialle unha malleira enorme! Pero é que o odio moito eh? Dame ata noxo, esa cara de imbecil presuntuoso que ten…

(Veño de ver 11 capitulos de Heroes en dous dias, estou en plena maraton de series aproveitando que estou soa na casa)

Puto Sylar!

Desexando amar

Monday, June 11th, 2007

Ou In the mood for love. Vina hoxe por terceira vez, e poderiaa ver de novo. Que marabilla, deixa mono. Pero que bonita é, que bonitaaa!

Avatar

Monday, March 12th, 2007

TheLastAirbender.jpgOnte pillei unha maratón de Avatar en Nickelodeon. Quedei enganchada ó primeiro episodio e vin penso que 7.
Están moi ben feitos, falan de catro tribus (aire, auga, terra e lume) e algúns habitantes poden dominar o elemento da tribu. O Avatar pode dominar os catro elementos e manten o equilibrio entre as tribus, pero hai 100 anos desapareceu e o Lume domina ás outras. Vamos, que o lume é o malo.
Dous rapaces da tribu da auga (unha deles é unha Mestra da auga) atopan un rapaciño (Aang) nun iceberg e conseguen liberdalo. O rapaz é o avatar, e teñen que viaxar ata o Polo Norte para que Aang poida dominar a auga, xa que él é un Mestre do aire e non sabe ainda controlar os poderes do Avatar.

Os debuxos están xeniais, e ata o venres non os botan! Teño moitas ganas de ter o emule outra vez para mirar se hai algun capitulo.
Atopei un weblog. Podese ver a estética da serie. É boisima.
Engado a ligazón á Wikipedia, que é moi completa.

El libro negro

Thursday, February 8th, 2007

carice.jpg Onte fun co meu mozo ó cine, vimos El libro negro.
Que vou dicir… encantoume a pelicula. A actriz principal está sublime (e é preciosa, desbancou a Angelina Jolie no meu ranking particular), e o argumento é moi interesante, case diria que orixinal, e tratandose dunha peli que fala do holocausto penso que o apelativo non está mal, non?.
É unha peli moi dura, sain do cine bastante triste (sempre que falan do holocausto pasame).
Pareceume interesante o toque de humor negro que se aprecia ás veces, e todo o que se pode ler entre liñas.
Gustariame comentar mais, pero non sei facelo sen destripar nada, asi que calo e recomendo que a vexades (se queredes! :D )

Que muller mais fermosa, estou namoradiña… ay… (suspiro)