Anotacións do mes March, 2004

De volta

Friday, March 26th, 2004

:)
Hoxe é o meu terceiro día en Atento. O primeiro fun nerviosisima, pero pouco a pouco fun lembrando como se facía, e agora traballo encantada. O que non entendo é como a xente esta formateando ordenadores ás 2 da mañá!
O caso é que ainda que son 8 horas seguidas pasoo ben, levo a cena, quéntoa no microondas que temos na zona de descanso… Gústame, que lle vou facer XD

Tuesday, March 23rd, 2004

Xa rematei o traballo! Onte puxenme mala outra vez e firmei a baixa permanente. Estou ben leda, so espero estar ben para a cea que temos mañá ou pasado. E iso que agora estou con febre e mal do estomago (co que me gusta comer :( )
Estou facendo tempo para que desperte o meu pai e vaiamos entregar uns curriculums e mirar unhas oposicións.Saíron unhas moi boas para Aux. Administrativo.
Aburiño!

Sunday, March 21st, 2004

Oláaa! Viñen hoxe do pobo, fun ver ó meu avó, de paso levei a GameCube e fíxoseme máis levadeiro (os comentarios do meu pai sobre o infantil que son ó verme xogar ó Zelda son xeniais). Gustame ir a Rioxoan, pero desta vez ía cansa polo traballo e non tiña ganas nin de paseos nin de nada. Botei unha man para parti-la leña, iso sí, que a calefacción vai por caldeira e non queria pasar frio :D
O mércores remato de traballar por fin! Falei cunha antiga compañeira de cando estaba en Atento e seica pagaron as vacacións mal no finiquito, teño que pasar por ali a recoller un cheque, juju, $_$. E o xoves irei a entregar curriculums, probablemente vaia a Eurocen, que se encarga do 609 de Movistar e pagan ben. Asi preparo unhas oposicións co diñeiro que gañe, porque onde estou agora é moito traballar para un soldo noxento.
E unha nova, o xoves 29 de Abril ás 21h concerto de Liam O’Flynn no Rosalia. Este non o perdo! É probable que vaia soa, asi que alguen se anima podiamos ir xuntos (arduina@telefonica.net). Para este e para moitos mais, ós meus amigos non lles gusta a mesma música que a min e adoito a ir soa, a Ortigueira tamén teño pensado ir (por favor, que veñan Skyedance e Gwendal!!). E se queredes ver máis concertos, a páxina que eu uso é Ghastas Pista?, por ela atoparedes estas e outras cousas.
Vou a darlle ó Zelda, estase poñendo interesante :)

Galicia, sitio distinto

Wednesday, March 17th, 2004

Boas! Vexo que hai xente que visita a páxina pero que non deixa comentarios. Que sepades que é gratis, eh? Así tamén sei que ledes o que escribo, e se non vos interesa un carallo podedesmo dicir igual :D Pero quero ver algún comentario xa! :)
Fora brincadeiras, hoxe é o primeiro dia que escribo dende o cambio de governo. Non sei moi ben onde remataremos, pero isto cheira. E cheira ainda mais que o BNG perdera un escano, a nosa comunidade vai sempre por debaixo. Amolame moito a forma e pensar en xeral dos galegos, agora que o meu traballo me esixe estar a falar con eles para intentar venderlles unha tarifa dunha compañia telefonica, sempre respostan que mais vale malo coñecido. E asi pensamos para moitas cousas, por eso isto está quedo, non se move nin se moverá ata que decidamos que hai que tirar para adiante en todo. Teño falado con canarios, cataláns, cántabros… e os galegos damos unha imaxe de pobo vello, obcecado, que acepta o que lle boten por non mover un dedo. Dame moita magoa que aturemos tanto o que nos botan.

Saturday, March 13th, 2004

¡Bos dias! Disque as manifestacións foron seguidas por todo o mundo, polo menos non estamos sós. Dalgunha forma toda esa xente de fora faime sentir mellor. Ainda que gracias a quen sexa non perdin a ninguen, por uns momentos pensei o contrario. Só podo seguir apoiando como podo ás victimas e tentar facer un pais un pouco mellor.
———-
Buenos dias! Parece que las manifestaciones fueron seguidas por todo el mundo, por lo menos no estamos solos. De alguna forma, toda esa gente de guera me hace sentir mejos. Aunque gracias a quien sea no perdi a nadie, por unos momentos pense lo contrario. Solo puedo seguir apoyando como puedo a las victimas e intentar hacer un pais un poco mejor.

Medrando

Friday, March 12th, 2004

Vaia, acabo de revisa-las visitas, e as vexo incrementadas. Investigo un pouco ¡e resulta que estou en Vieiros e en Orballo!
Graciñas por incluirme na vosa web, sinto non aportar moito, pero é que non teño moito que poder dar nun Weblog. Iso si, para ir de carallada son a primeira en aportar o que faga falla, ainda que non creo que o forno estea para bolos nestes dias.
———-
Vaya, acabo de revisar las visitas y las veo incrementadas. Investigo un poco ¡y resulta que estoy en Vieiros y en Orballo!
Gracias por incluirme en vuestra web, siento no poder aportar mucho, pero es que no tengo mucho que poder dar en un Weblog. Eso si, para ir de carallada soy la primera en aportar lo que haga falta, aunque no creo que el horno este para bollos en estos dias.

11-M

Friday, March 12th, 2004

Hoxe estamos de luto. Puco máis podo dicir. Ogallá algún día poidamos saír á rúa sen medo.
———-
Hoy estamos de luto. Poco más puedo decir. Ojalá algún día podamos salir a la calle sin miedo.

Monday, March 1st, 2004

Bueno, hoxe estoy ledisima. Vendin moito, cobrei a nomina… Xa lle encarguei ó meu pai que me mercase o libro de Harry Potter, e o venres irei a Alita a mercar manga e mais manga. E cun pouco de sorte cae V de Vendetta!
———-
Bueno, hoy estoy contentisima. Vendi mucho, cobre la nomina… Ya le encargue a mi padre que me comprase el libro de Harry Potter, y el viernes ire a Alita a comprar manga y mas manga. Y con un poco de suerte cae V de Vendetta!