Anotacións do mes May, 2004

108591801773850011

Sunday, May 30th, 2004

O primeiro: Estou rematando xa a 5ª tempada da serie de Stargate. Se alguen ten a 6ª e a 7ª e pode emprestarma agradeceriallo moito, por suposto se eu poidera empestarlle algo fariao encantada.
Vaia morro, jaja.
Estou cos ollos como duas laranxas. Onte atopei o meu limite co tequila. Triste pero certo. E nunca mais. Non me gusta perde-lo control, atópoo denigrante. Non me pasei, pero deume por chorar, foi moi raro porque non podia parar.
Que noxo, nunca nunca mais.
Na comunion do meu curman paseino ben, tocoume xantar na mesa cos curas, puaj! Que par de machistas de merda! Se xa non me gustan os curas estes menos. Ó rematar de xantar funme de alí. Vin ó meu curmanciño Nachete, parece Shin-Chan! Jaja.

108578096731525920

Friday, May 28th, 2004

Cando remate de vender a loteria, voume facer vontaria da Cruz Vermella no programa da terceira idade. Gustariame axidar a eses velliños que están sós.
Quizais sea porque penso no meu avó, pero non son capaz de ver a un vello pasalo mal ou estar só. Ademais gustame moitisimo falar con eles, sempre contan cousas moi raras que á vez ensinan.
¡E saben xogar ás cartas!
Ninguen deberia estar só por obriga, e menos despois dunha longa vida.

108566975727856596

Thursday, May 27th, 2004

Hoxe non podo maaaais!
Estou traballando vendendo loteria da Cruz Vermella pola rua. Son só 4 horas, pero 4 horas camiñando sen parar, teño as pernas que non podo con elas!
Paseino ben, fun vender cunha rapaza e iamos ó noso aire. O luns quizais estea no caminiño que une Cuatro Caminos con El Corte ingles, hai ali unha mesa da Cruz Vermella. Vendese ben a loteria, e a xente é moi amable.
Se queredes loteria avisademe! Teño que vender 30 ó dia e non as vendo nin de coña. Hoxe suplicandolle á miña nai que mercase as ultimas que me quedaban vendin 20.
Tampouco está tan mal, ó fin e ó cabo estamos a fin de mes, ou non? :D

108557310985728209

Wednesday, May 26th, 2004

¿Quen non lembra o Maniac Mansion? O tentáculo morado, Edna (que medo lle tiña eu a Edna).
A xente de LucasFan fixo o Maniac Mansion Deluxe. Musica midi, aproveitaron o menú do Maniac Mansion 2, e puxéronlle mais cores. Aquí está a ligazón da páxina. É recomendable! http://www25.brinkster.com/lucasfangames/

108557190218593023

Wednesday, May 26th, 2004

Agora que estou facendo vida social de blogs doume conta do cutre que é o meu, jaja. Pero voume poñer en serio con el. Teño pendente de facer unha web para unha compañeira do traballo, e cando remate con ela quizais faga eu unha sen xestores predeseñados nin nada diso, fareino eu.
E se non, polo menos tentareino :P
Polo pronto, como se supón que o que eu quero é coñecer xente vou poñer o meu messenger por algures (a risco de que alguén coñecido me atope e lea isto. Se ti que me estas a ler es alguen coñecido, nin se che ocorra seguir lendo. Ea)

108549593320879436

Tuesday, May 25th, 2004

Veño correndo para deixar unha recomendacion!
Estou a escoitar a Skyedance, o disco do directo dende España. Escoitade Theme for Scotland!
Que marabilla! Cada vez que a escoito deixame pampa e queda, sen facer ningún ruido para poder oila ben.
Tiña que estar prohibido tocar tan ben! :D

108548139234194756

Tuesday, May 25th, 2004

Boas!
Estou leda, vexo que o que escribo non o lé só Diego. Xa sumo dous lectores con él e con Lughnasad. Que vergoña, jaja.
Non teño nada importante que contar, só que este sabado ía ir a Madrid a ver a unha amiga escritora e mais a un amigo de Portugalete á feria do libro pero non pode ser porque teño q comunión do meu curmán. A ver se polo menos me libro da misa, brr.
Como estou animada tamén decidín que me vou apuntar a un ximnasio para poñerme algo mais decente. O meu pobre pai dí que non me cuido nada e é certo, os vaqueiros, o xersei e a rañala por ahi adiante :) . Pero recoñezo que logo me miro no espello e penso que hai que facer algo. Polo de agora merquei un secador novo (vaia parvada! jajaja). É mais facil coñecer xente tendo un bo aspecto que parecendo unha ionqui, non? :D
Teño que enterarme de quen ven este ano á festa da carballeira. Se non vou a Ortigueira a algún sitio terei que ir, pero non penso quedar metida en casa todo o veran coma sempre. Probablemente vaia soa, o meu mozo seguro que se ofrece a acompañarme, pero a él non lle gusta aquelo e non quero que vaia só por min, pobriño.
Deixo unha foto do Ortigueira de hai dous ou tres anos. Eu feita unha merda de non durmir xunto xuns escoceses, jaja. http://telefonica.net/web/acova/escoceses.jpg

108522781651973143

Saturday, May 22nd, 2004

Xa estou na rúa outra vez.
Pouco teño que dicir, os meus ánimos están polo chan, e non lle podo contar nada ó meu mozo porque xa ten él bastante coa Selectividade.
En fin.

108479887024542101

Monday, May 17th, 2004

Quitei isto da lista de correo de Luar na Lubre. Espero que sexa unha inocentada prematura.

El festival se abrirá el viernes 9 con las actuaciones de la Escola de Gaitas de Ortigueira, los ferrolanos Os Cempés, la formación irlandesa Kila y el veterano músico bretón Alan Stivell. El sábado, se subirán al escenario Karma (Bretaña), los escoceses Capercaille y Susana Seivane, antes del espectáculo de la noche: el del grupo La Bottine Souriante, canadienses francófonos de Quebec, que triunfaron ya en Ortigueira en el año 2001. El fin de fiesta corresponderá el domingo a los espectáculos de Nova Galega de Danza, Quempallou y Kevren Brest Sant Mark (también bretones). La noche se cerrará con el concierto estelar del fin de semana, el que harán conjuntamente The Chieftains y Carlos Núñez.
La música sonará desde primera hora de la tarde en el escenario Runas-Xacobeo, dedicado a la música de raíz hecha en la Península. Allí actuarán, el sábado y el domingo, los grupos Xestreu (Galicia), Gatos del Fornu (Asturias), Supervivientes (Andalucía), Els Groullers (Cataluña), Lavanderas (Valencia) y los leoneses Abraxas.
En la jornada de despedida, a partir del mediodía, tendrá lugar el tradicional desfile de bandas desde la explanada del puerto deportivo, donde se sitúa el escenario principal. En él tomarán parte siete formaciones: las escuelas de gaitas de Ortigueira y Fonte Fuécara (Asturias); las bandas de gaitas de O Barco, Risas da Croa y Devalar; la National Youth Pipe Band Scottish y Kevren Brest Sant Mark.

Sálvanse La Bottine Souriante, Capercaillie e Os Cempés. O resto non me interesa. Tiña a esperanza de Gwendal, Skyedance… :(

108470963807583744

Sunday, May 16th, 2004

O venres que ven remato o contrato. Dame magoa non só por polo traballo, senon polos compañeiros. O traballo era unha forma de coñecer xente, en fin. Temos unha cea ese mesmo dia, a ver como o pasamos.