Mércores,30 Xuño, 2004 by
Arduina
Rematei de ler Marmalade boy. Merqueino de segunda mao. Metense comigo porque me gusta o shojo manga, jaja, pero eu non lle vexo nada malo. E Marmalade boy pareceme realista (Xesús, que friki parezo escribindo isto!), danme ganas de viaxar a Xapon e deixarme levar polas tolerias que hai por ali. Claro que non todo é festa, pero teñen unha forma de ver as cousas interesante. Por exemplo, no instituto hay clubes. Segundo o que che interese, apuntaste a un clube. Iso é intersantisimo, ofrece a oportunidade de coñecer xente semellante a ti e de compartir coñecementos ou sinxelamente de pasalo ben.
Tamen me gusta Paradise Kiss. No fondo son unha coitadiña,jajaja (non o cré ninguen).
Estou facendo varias coleccións: Maison Ikkoku, de Rumiko Takahashi, publicaa Glenat cunha calidade realmente boa. Xa saiu o numero 2; Ayashi no Ceres, de Yuu Watase, que esta perdendo fol ultimamente.
O meu mozo está con La espada del inmortal, impresionante! Encantame! E o autor non para de debuxar, cada pouco sae un tomo! Vai facer Vagabond tamen, esa teño ganas de lela. E Blame! que non me gusta un carallo. Disque é moi boa, pero pfff… non é para min.
As miñas proximas compras seran From Hell, do grande grandisimo Alan Moore e Watchmen, tamen del.
Gustame moitisimo Alan Moore, é un xenio. Teño A Liga, V de Vendetta, Promethea (fabulosa, Promethea, recomendada ó 100%).
Voume quedar pobre, se os meus pais souberan o que gasto en comics…
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Mércores,30 Xuño, 2004 by
Arduina
Levo uns dias intentando falar cunha amiga miña e non hai forma. Non colle o telefono, comunica… O que me amola é que seguro que ve no móbil as miñas chamadas, pero ela non me chama a min.
Somos amigas dende pequenas, pero distanciamonos moito. Ainda asi seguiamos sendo boas amigas. Hai un tempo quedamos e ela estaba moi triste, dicia que nos estabamos a perder a unha á outra, e propuxemonos facer algo.
Cando empezou cos exames chameina para ver como lle ian. Cando rematou chameina e non contestaba. O sabado chameina e nada. Mandeille unha mensaxe. Onte chameina ó mobil e, de novo, nada. Chameina á casa e comunicaba.
Somos moi distintas, non coincidimos nos ambientes por iso temos que quedar previamente para vernos, pero cando eu llo ofrezo ela nunca pode. Non llo boto en cara, porque antes a que non podia era eu, pero ainda asi amolame moitisimo.
Ten un caracter un tanto especial, deixoume prantada mil veces á hora de sair cancelando a cita a ultima hora, pero ela non é enteiramente consciente diso. Sen embargo eu si, e non serviria de nada dicirllo, sentarialle mal e ainda por enriba poriase triste. E eu non aturo que a xente que coñezo estea triste, é algo cronico, jaja. Por iso trago todo o que me botan, pero isto…
Eu entendo que non nos guste o mesmo, que vexamos a vida de diferentes formas e que teñamos poucas cousas en comun. Ainda asi é a miña amiga.
Do noso grupo xa non falo con ninguen. Se as vexo falo, claro, porque levamonos ben, pero non temos unha relacion especial. E eu xa vou pasar, porque ainda que sexa a miña amiga sei que se algun dia quero sair e non esta o meu mozo, ela non vai poder. É triste pero é asi, só teño dúas alternativas a sair da casa ou a falar con alguen: o meu mozo ou ela.
En fin, vouno intentar agora a ver se hai sorte e me colle o telefono por un casual.
Hai uns dias coñecin xente nova, pero non consigo facer amigos novos.
——
Xa falei con ela, parece que todo vai mais ou menos ben. A ver se quedamos mañá. A ver.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Martes,29 Xuño, 2004 by
Arduina
Xa sairon as notas de Selectividade. O meu mozo sacou un 7 e pico!!!!!! Vaia pedazo de notas! Ten un 9 en bioloxia o_O
Quedase aqui, estou feliz!! Onte estaba nerviosisima pensando no que pasaria se non o conseguia, pero confiaba moito nel, tiña a sensacion de que si ia sacar a nota. E agora cando vexo a media…
Estou ben orgullosa! Merece todo o bó que lle pase.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Domingo,27 Xuño, 2004 by
Arduina
Fixeno! Despois de moitisimo cavilar, merquei a PlayStation 2! E non estou nada arrepentida. Aproveitei e collin o pack que traia o Sing Star, jaja, sei que é unha parvada, pero que divertido é!!! Ata xogo cos meus pais!
Estoulle a coller os xogos ó meu mozo, non teño diñeiro nin para unha Memory Card, pero cando o teña van caer o Tekken 4 e o Manhunt. E o Soul Calibur 2, ea!
Que leda estou coa merda da Play, jaja!
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Venres,25 Xuño, 2004 by
Arduina
Escribide no Google “ladrones” a ver o que sae, jaja. Este Google é un cachondo.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Xoves,24 Xuño, 2004 by
Arduina
Vaia faena a de onte, que choveu! Pero bueno, collemos unha barbacoa e puxemonos a facer criollos onde Hacienda. E que ricos sairon!
Estiven ata cedo porque acabei moi cansa, ademais estou farta de que festa sexa sinonimo de cogorza para moitos. Estiven aturando a un borracho que me contou que era de Asturias e estaba de okupa nunha casa da Gaiteira. E queriame rouba-lo paraugas asi coma quen non quere a cousa, jaja.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Mércores,23 Xuño, 2004 by
Arduina
Hai unha cantiga de Ávalon, ¿Y si vendo el alma al diablo?.
“¿De los dos cual es el dueño de mi amor?
Noche bebe el veneno aqui en mi piel, Dia encuentra en mi cuerpo su dulce miel.
Ganas de aprender de nuevo a volar, miedo de que mis pies no sepan andar.
Noche que rompe, que arrastra, que me eleva. Dia que me sostiene, que me revive. Noche que atrapa, que absorbe, que me enciende. Dia que me concede, que me cuida, que me acaricia.
¿Y si vendo el alma al diablo?”
Parece mentira, a estas alturas…
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Luns,21 Xuño, 2004 by
Arduina
Uououo! Vaia dia mais chulo de cine que tiven hoxe! Undead, Three e agora Pesadelo en Elm Street.
Teño un amigo que é unha mina de pelis boas! Taño tamen Accion mutante, La matanza canibal de los garrulos lisergicos, El vuelo del navegante, Easy Rider… Vouno pasar de medo estes dias
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Sábado,19 Xuño, 2004 by
Arduina
O meu mozo foi a Verin (el é de ali) porque era o santo dos seus avós, vouno ter 3 dias menos do que pensaba. Cagouna nun exame de Selectividade. Se non lle da a nota vai para Salamanca!
Ogallá se quede, non me fio nas relacions a distancia, xa estou escarmentada e sempre rematan mal. E non quero que el o pase mal, se se vai lonxe vaille custar moito centrarse, é un coitadiño. Sintome coma se fose a súa nai.
É que é raro, nunca estivera asi, recorrendo media Coruña para velo so cinco minutos, ou facendo filigranas no traballo porque non aturo mais de 2 dias sen velo. Non podo parar de facerlle agasallos, e cando paso por algun sitio e vexo algo que me gusta, penso en mercarllo. Só quero que sexa feliz, dame igual como.
Tiven mais mozos pero con ningun me pasaba isto. Non rifamos case nunca, cando eu me poño tonta el atura todo o que lle boto… Só levamos xuntos un ano e medio e non sei o que faria sen el. É ó mesmo tempo o meu amigo, o meu mozo e o meu irman.
Os dias pasan rapido, parece que nos coñezamos de toda a vida. A nosa relacion esta chea de pequenas cousas que me fan feliz.
Se me poño a falar del non remato, jaja. Só espero poder disfrutar del un pouquiño mais.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Venres,18 Xuño, 2004 by
Arduina
Xa me din de baixa no da loteria. Os meus xefes non o tomaron a mal, incluso insinuaron que voltase o ano que ven.
O meu mociño rematou a selectividade. Por fin! Vai ser meu ó menos 6 dias! Botabao en falta, viamonos pouco.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »