Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet O Recuncho » 2004 » Xullo
O Recuncho

109127722871491807

Sábado,31 Xullo, 2004 by Arduina

Eeeeei! 1007 visitas?!!! Estou flipando! Moitisimas gracias!
Nunca pensara que isto fora a ter tantas visitas, sobre todo escribindo en galego, que é un idioma que entende menos xente comparado con outros.
Asi que graciñas! :)

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

109127326390398303

Sábado,31 Xullo, 2004 by Arduina

Vaia coñazo! Non sei que pasou co blog, tiña moitisimas entradas repetidas e tivenas que borrar unha a unha a man. Buf!
Sinto ter borrado un comentario de Perifericos no primeiro apuntamento repetido :(
Non me chamaron da empresa, que lles dean polo cu. Para que carallo me din que sempre chaman se non é certo?
E hai boas novas ^_^ En Atento a empresa firmou a ampliacion das bandas horarias e mais contratos fixos! Pero teu que vir un inspector de traballo. Ainda asi, hai que celebralo!

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

109112094282090566

Xoves,29 Xullo, 2004 by Arduina

Vaia merda de entrevista. Que ridiculo fixen. Mañá chamaranme para dicirme que nanai.
Que rabia, ese tipo de entrevistas non me gustan nada, sempre digo todo ó reves. E ademais teño un nivel aceptable de ingles, fixeronme unha pregunta en ingles e ó carallo.

En fin, agora escoito Supertramp. Sintome mais optimista cando escoito Breakfast in America.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

109110232168179691

Xoves,29 Xullo, 2004 by Arduina

Non son quen de comer!
Paso o dia sen fame, e cando teño que comer o estomago encolleseme. Agora estou comendo unhas berenxenas e estame a custar horrores. Sera da calor?
É que nin tan sequera as trapalladas como.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

109106447661652939

Xoves,29 Xullo, 2004 by Arduina

As 3 e media da maña e eu sen durmir. Tenteino durante unha hora, pero esta calor matame. Se fose algo frioleira.. pero é que incluso en inverno paso calor.
Vou dicir como a do Mago de Oz “Me derriiiiito”.
E teño medo de abri-la fiestra porque entran os fillosdeputadosmosquitos, que seguro que me pican no ollo, como a ultima vez, que non o puiden abrir en dous dias. Como picaba o condenado!
E teño mañá a entrevista de traballo, a ver como vou sen durmir.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

109104224391782025

Mércores,28 Xullo, 2004 by Arduina

Hoxe fun mercar O codigo Da Vinci, en galego, por suposto :)
Fun pagar, e a libreira e mais eu tivemos unha rara conversa:
-(libreira) Este libro es en gallego
*(eu) Ya
-Lo quieres en gallego?
*(eu cos ollos moi abertos) Si
A tipa debeume ve-la cara (coño, é coma se collo un libro calquera e me din “esta en castelan”), que me dixo que moita xente non o queria en galego e logo ía trocalo pola edicion en castelan. E eu dixenlle que era loxico, como viviamos en Euskadi non entendiamo-lo galego ¬¬ deume moita rabia.

Eu falo indistintamente galego e castelan, non teño unha lingua que empregue mais (quizais o castelan porque o meu traballo é nese idioma, pero ós compañeiros falolles en galego, a outra xente non…) E coincidiu que ia falando castelan cunha amiga (esa da que falei noutras mensaxes) cando merquei o libro. Ó mellor por iso mo dixo, pero é que unha cousa non quita á outra. Non sei, que rabia.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

109093019152560631

Martes,27 Xullo, 2004 by Arduina

Volven a botar McGyver!!!!! Os luns, en Ameba3 ás 13h.
Parece mentira, xa volvo a ve-la tele! Everwood, Smallville, Las chicas Gillmore, Los Simpson, Noche de impacto e agora McGyver!! E unha serie en Telecoruña, Hero, de xaponeses que fan cousas polo aire doblada en latinoamericano, non ten desperdicio! :D
Só boto de menos Humor Amarillo.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

109092740902094084

Martes,27 Xullo, 2004 by Arduina

Chamaronme dunha empresa mais ou menos importante por un curriculum que lles enviara para dar soporte tecnico a Microsoft. É xornada completa. Maña fanme unha proba de coñecementos.
Odio os exames, sintome moi insegura.
E se supero a proba? Que pasa coa merda das oposicions? Estou pensando en deixar as que fago e agardar as de informatica para a Xunta. O Dereito Administrativo é superior a min, é deprimente, aburrido, faime sentir como en Fisica, que non entendia nada.
Se me ofrecen un contrato de un mes non lles vou dicir que si, pero se é dun ano a cousa cambia… E botaria moitisimo de menos Atento, ós meus compañeiros…
Qué facer? O primeiro pasa-la proba. E despois?

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

109088223534491754

Martes,27 Xullo, 2004 by Arduina

Estes de PayPal son parvos ou o parecen >:(
Teñen a opcion de escribirlles en castelan, pero para min que usan un traductor cutre e non se enteran.
Resulta que para verificar unha conta, pagas euro e pico e mandanche un numero como referencia. E a min ese numero no extracto non me aparece por ningures. Levo xa 5 mensaxes, TODAS coa captura de pantalla do extracto, e no ultimo que me respostaron xa era de risa. “Si usted no tiene acceso en línea para ver su estado de cuentas, por
favor espere a recibir su estado de cuentas imprentado por medio del
correo postal.”
QUE SI QUE TEÑO ACCESO, COÑO. Que van xa catro mails coa captura! Que o que me mandan a casa é igual que o que hai en internet! Que non son parva!
Pesados! >:(

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

109066593584027033

Sábado,24 Xullo, 2004 by Arduina

Xa fun :) Despois voltei para casa e durmin ata a 1 e media, jaja.
A señora é moi agradable, comezo con ela este luns. Comentoume a miña coordinadora que habia moitisima demanda e poucos vontarios. A min chamame moito a atencion que nunha cidade con tanta xente non haxa ninguen con un par de horas ó mes libres. Asi que veña! A apuntarse! Se ata o podedes facer pola web, en Cruz Roja

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

« Entradas anteriores