Anotacións do mes August, 2004

109398774688151001

Tuesday, August 31st, 2004

Novo dia de curso. Aprendin moito, pero explicaronnos como ian ser os contratos. Os antigos traballadores da empresa teran un contrato de obra quizais por tres anos. Nos, iremos e viremos cun contrato de circunstancias segundo o numero de chamadas. Ademais van mirar con lupa os nosos coñecementos no curso, daseme fatal demostrar o que sei ou non facer.
Gustariame traballar 3 meses seguidos só para saber o que se sinte cando sabes que vas cobrar. Gustariame pagar o CCNA pero non podo porque non teño un traballo decente.
A parte boa é que para a proxima vez como xa serei antiga traballadora ó mellor fanme de obra a min.
Mañá levarei o coche. Espero non espetarme!

109389231549961713

Monday, August 30th, 2004

As persoas nos centros comerciais volvense parvas. Deixan o carro no medio, dalles igual verte ali parado agardando, é igual. E nos pasillos, claro. É o mais normal, deixa-lo carro ali estampado.
Grrrr…

Estou vendo Hellraiser (gracias! ;) ) Teño un amigo que ten moreas deste tipo de pelis, por primeira vez deixareillas eu a el, jaja. Hellraiser non a ten, que curioso.

Comecei hoxe co curso ese no que me pagan e estoy ledisima. É a un nivel totalmente distinto de Atento, falamos moitisimo de programacion e de informatica en xeral, paseino de medo. É para dar soporte ó SP2 (boa nos ven enriba!). A empresa ten moi boa pinta, coincidin con xente de Atento, e deronnos libretas de tapa dura! (seica é o normal, pero a min en Atento non me deron nunca material agás unha minilibretiña hai uns meses) Hai cafe gratis, atenderemos chamadas tamén en Portugues, teremos aplicacions a nivel internacional (a empresa é unha multinacional e empregamos todos a mesma aplicacion, asi que compartiremos informacion).
Ogallá non me toque o horario de tarde…

109378458211905356

Sunday, August 29th, 2004

Hai intres nos que me emparanoio eu soiña. Agora estou nun. Lembrando La Matanza de Texas, que grande pelicula…
Recomendolla a todo o mundo, hai xente que pensa que non paga a pena, pero carallo! Cos poucos cartos que tiñan, conseguir ese ambiente opresivo, esa sensacion de repulsa… xenial.

109373121703474766

Sunday, August 29th, 2004

Hoxe foi un dia historico. O dia no que Arduina aparcou á primeira, desaparcou á primeira, non lle pitou ninguen e non se lle calou o coche.
Tamen foi un dia historico porque os fillos de puta de ETA andan a toca-lo zoco en Galicia. Que lles dean polo cu.

109353823122124728

Thursday, August 26th, 2004

Que aburrimeeento…
Onte á miña nai deulle unha arroutada e levoume a conducir ás 12 da noite e ata a 1:30.
Realmente pagoume a pena saca-lo carnet? Non sei aparcar, por pouco choco contra dous tolos, uns ionquis miraronme mal mentres aparcaba…
E todo isto sen coches! Hoxe voltarei, asi que xente da Coruña, non saiades da casa a partires das 12.

Onte tamen fun á biblioteca. O libro ese de Oxford, collido. Aluguei La cancion de Kali, e vaia… xa o rematei e foi coma ler O Codigo Da Vinci. Pasaba paxinas e paxinas e non sucedia nada.
Tamen fun ver a exposicion do Xabarin que hai en Duran Loriga. Moi cutr, unha sala nada mais cun Hatori grande, unha tele con videos (que boa idea! estiven a mirar videos ata que os amigos do meu mozo cansaron de agardar), unhas camisetas e paxinas tipo comic das cancions do comezo do Xabarin, esas de “somos do clube da galega por fuciños, por cacheiras” un troncomobil, figuriñas pequenas de persoaxes de debuxos e fin.

109337730165036031

Tuesday, August 24th, 2004

Hoxe conducin (dise conducin?). Que mal o fago, non se pode estar tres meses sen colle-lo coche! E ainda por enriba os meus pais e o meu avo no coche en plan bocina “cuidado! cuidado!” brrrrr.

109326180355164159

Monday, August 23rd, 2004

Libros! Liiiibros! Necesito libros!
Xa rematei Peregrinatio e Juego de Tronos. Que leo agora? El origen perdido esta emprestado, a segunda parte de Juego de tronos tamen, os de Peter Berling tamen.
Que leoooo?

109317030709246151

Sunday, August 22nd, 2004

Onte tiven un soño. Viaxaba a Xapon, e entraba nunha casiña cun teito baixo. Ali nunha habitacion estaba Alan Stivell practicando unha cancion, e eu via a Carlos Nuñez e lle dicia “Caramba, Alan Stivell!” en plan “Otia! Alan Stivell!”
Mais tarde a casa ardia, e como todo era unha illa, tiña que pagar a un pescador con 50€ para que me levara á terra.

109300042427587473

Friday, August 20th, 2004

UOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO!
Lembrades aquela entrevista que tan mal me saira? Seica non foi tan patetica! Chamaronme hoxe para comezar un curso de formacion, e ainda por enriba paganme 20€ ó dia!!!
UOUOUOUOUOOOOOO

109294330001121583

Thursday, August 19th, 2004

Estes dias estiven na aldea, e cheguei á conclusion de que o campo é estresante. Limpar, escapar dos bichos, da miña cadela que está tola, da misa…
Estou algo nerviosa porque operamo-lo meu can. É velliño xa, naceulle un bulto xigante en plan chepa e fomosllo sacar ó veterinario. Tiñamos medo, porque como era vello podia non espertar da anestesia, pero pouco a pouco vaise recuperando. Hoxe xa erguía a cabeza, iso si, non come nin bebe, debe de ser do soro que lle puxeron. Pola maña case non se movia, eu pensaba que estaba morrendo, que mal o pasei.

A miña nai e mais eu tivemos que enfrentarnos a uns obreiros asquerosos cunha excavadora (co medo que me dan!!) no medio da estrada. Sacarona do medio para que pasase un vello, e cando iamos pasar nos, hale, ó carallo. E cando lles pedimos que a quitaran rironse de nos e fixeronnos pasar por un espacio minimo, un pouco mais e o coche vai polo terraplen. Panda de idiotas… Se non fose porque levabamos presa dixo miña nai que chamabamos á Garda Civil.