Anotacións do mes September, 2004

109649197768884722

Wednesday, September 29th, 2004

Estiven hoxe lembrando a miña grande fazaña da infancia, tamén chamada polos meus pais “o dia mais angurioso que pasamos”. Lembroo todo perfectamente.
Cando tiña 3 aniños fun cos meus pais ó Pryca de Madrid (vivin ali ata os 6 anos). Na entrada vimos un garda moi moi alto que me chamou moito a atencion, e a miña nai dixome “Se algun dia te perdes, tes que buscar a un garda asi coma este. Non te vaias con ninguen que non sexa un garda. E lle tes que dicir Chamome fulanita, vivo en tal sitio e perdinme”. Cando pasamos por diante das Fantas quedei pampa mirando para tanta botella, e cando quixen voltar cos meus pais non os via.
Asi que ala fun eu con tres aniños á zona das caixas, pregunteille a unha señora se sabia onde estaban os gardas e sinalounos co dedo. Cheguei ali e soltei a frase “Chamome fulanita e estou perdida”. Levaronme á sala onde tiñan todalas pantallas das camaras de vixilancia, e unha garda ensinoume un frisbi e me dixo que se lle dicia onde vivia mo daba. E eu soltei a parrafada toda, jaja. E eu de medo nada, toda pancha. Cando pasou un rato e me anunciaron por megafonia o garda alto colleume no colo e dixo “Son aqueles os teus pais?” e eu nin me despedin, fun correndo ata eles co frisbi a modo de trofeo berrando “mirade o que teño!”.
A parte que lles tocou ós meus pais non foi agradable, era unha epoca na que desaparecian moitos nenos, botaron a correr polo Pryca preguntando por min a todo o mundo e ninguen me vira.

O que chama a atencion do asunto é que ninguen se extrañase de ver a unha meniña de 3 anos soa polo centro comercial adiante preguntando a todo o mundo polos gardas. Realmente da que pensar.
Ainda que non deberia estou ben pava co tema do Pryca, eu soa con 3 anos ante o perigo, nun centro comercial xigante… que espabilada era! jajaja.

109640865723448477

Tuesday, September 28th, 2004

Estes dias estou escoita que te escoita nunha cancion, en Radio Fene, é Aqui há gato… quem me tramou? dos Gaiteiros de Lisboa. Teño Bocas do Inferno, pero non Macareu, o disco no que ven esa cancion. Alguén o ten? Por suposto mercarei o disco, pero namentres non mo traen…
Hoxe veu o meu avó, véxoo ledo e con moi boa saúde, pero de supeo noteille a idade. Quero que sexa bisavo!

Ligazon
Nesta ligazon hai informacion dunha manifa en Madrid en contra da SGAE. A ver se chega a bo porto..

Mañá quedo soa ante o telefono, que sexa o que deus queira, se lle estoupa o portatil a alguén xa sabedes que fun eu :)

109631717852101730

Monday, September 27th, 2004

Menudo primeiro dia… Estiven case toda a mañá escoitando chamadas, e logo collin unhas poucas. Que cousa mais complicada! Pero o peor de todo foi voltar á miña casa en coche. O atasco non ten comparacion posible..

Por certo, lin onte A sombra cazadora e chamoume moitisimo a atencion a palabra “hesitar”. Non a oira na miña vida, só en ingles, “hesitate”. Realmente existe ou é un anglicismo?

109623105518082294

Sunday, September 26th, 2004

Mañá empezo no traballo novo. Vou totalmente a cegas, o curso foi demasiado breve, non sei como se me dara.

109600452784048768

Friday, September 24th, 2004

Cumpreaaaanos feliiiiiz!
Sii, xa teño 21 anos e estou coma cando tiña 20! (A ver se cando cumpra 60 me pasa igual, jeje).
Ainda que non foi un dos mellores dias que tiven pola merda da merdsruacion non estivo mal. A tarta esta riquisima, é de nata e chiculate. Ten duas pombiñas de merengue e gominolas de adorno, que riquiño o pasteleiro.
Os meus pais regalaronme moitas cousas (xa lles reñin :D ), un colarciño cunha letra china que significa “Ledicia de vivir” (a miña nai miroume significativamente, seica se da de conta das miñas cousas mais do que creo) un colar de prata con deseño hindú precioso, unha camiseta Nordic Mist (jajajajaja) dun dos viaxes dos meus pais e un conxunto picaron de muda e suxeitador que me é pequeno (irei mañá a cambialo).
A miña madriña un bolso moi lindo, verde. E o meu mozo un Final Fantasy para a Play2.
A parte mala é que ninguen me chamou para felicitarme, só o meu mozo e a miña madriña.
Recibin unha felicitacion por email e tres por SMS, non sei… En fin, só é unha data coma outra.
E eu regaleime a min mesma un libro de Sherlock Holmes que vou ler en media hora :D

109580359415266814

Tuesday, September 21st, 2004

Hoxe quero facer unha homenaxe á pelota Super Tele.
Canto teño xogado con ela! Pasei hai unhas horas por unha libreria e vina no escaparate.
Arriba Super Tele!!!

109571339865680721

Monday, September 20th, 2004

Hoxe foi o primeiro dia na nova empresa. Esta semana darannos un curso, e a que ven a traballar. Mola, porque xa me deron de alta na SS hoxe. Terei turno de mañá. Que nervios. Seica o meu coordinador anda a pleitos cos empregados e que é intragable, xa se verá.

109560162428446943

Sunday, September 19th, 2004

Que pedazo de cumpreanos! Paseino de medo. É bó saber que ainda que pasaron case dous anos dende que rematamos a FP os meus amigos e mais eu seguimonos levando tan ben coma antes. Non pasa o tempo, levabamos meses sen vernos pero nada cambiara :) Estou leda, miña nai non, jaja, dí que teño que sair mais a miudo con rapazas e non con rapaces.
E os agasallos foron xeniais. Unha caixiña de bombóns, un comic e a estrela da noite: unha camiseta coa cara de Rosalia de Castro estilo Andy Warhol!!!! Tamen unhas chapiñas, nunha pon “Mala porque me da la gana”, porque segundo os meus amigos son unha borde :? :? (Borde eu?, jaja) e outra que é para poñer no peto de atras do pantalon que di “Deja de mirarme el culo”.
Despois da cea fomos tomar unhas cervexas a un antro deses que coñece un dos meus amigos, e un que é rariño preguntoulle ó camareiro se tiñan Aquarius. Non rimos mais porque caiamos das cadeiras, ata o camareiro se esmendrellaba. Eu tomei Beamish, que ainda que non é Guinness deixase beber, e os meus amigos Foster. E unha Coronita para a moza dun amigo, tamen chamada por min cervexa intragable.
Como a peli esa dos Beatles ¡Que noite a de aquel dia!

109551571157786122

Saturday, September 18th, 2004

Aínda que cumplo o xoves, celebro hoxe o cumpreanos cos meus amigos. Todo iria ben de non ser polo meu mozo, que escolle os dias para amolar. Ademais de dicirme o agasallo dun amigo (e o amigo o do meu mozo, son Pepiño para Pedro ¬¬) enfadouse comigo e montou un escandalo na rua porque me amosou o novo coche da mai e eu chanteille un dedo na parte de atras e rín. Pero é que non deixei case pegada ningunha!
Pois si, a sua resposta foi que lle metese os dedos no cú á miña mai, que era unha imbecil (non me deixaba falar, só berraba “imbecil! imbecil”) e bla bla bla. E pretende que eu lle pida perdon.
Ás veces non sei se son moza ou coidadora de garderia. E agora non sabe se vir cear connosco ou quedar de morros na casa.
E iso cando acabo de aturar comentarios tipo “Que guapa estas despues de varios vasos de sangria”
Escarallante, vamos. Pero é que non escarmento. Xa tiña que pensar as cousas cando dixo aquilo de “Teño ganas de que marches de viaxe para ver ós meus amigos” Acaso eu lle quito? Tanta carga e tanta molestia son?
Él tamen é ben sufrido, porque aturarme a min non é doado, pero penso que non son tan pesada como para ese tipo de comentarios.
En fin, esta noite xa se verá.

109536666774775947

Thursday, September 16th, 2004

^_^
O luns comezo no meu novo traballo, ó final traballarei para Dell :)
Estou leda, ainda que non quero cantar victoria, habera que ver.
Pero algo é algo!!!