Anotacións do mes November, 2004

110176478123993013

Monday, November 29th, 2004

O sabado canta e toca Mercedes Peon en Arzúa. Para quen queira ir, www.terractiva.org
É xera é xera…

110165341318578386

Sunday, November 28th, 2004

Que bonita é Greensleeves version Milladoiro.

110133684044495188

Wednesday, November 24th, 2004

Tardarei en actualizar. Estou tendo problemas no traballo, co meu mozo e cunha suposta amiga. Blablabla, o de sempre e todo iso.

110116127596187013

Monday, November 22nd, 2004

Morreu a Madre Lydia. Como non leo os xornais non me enteirei ata agora, e xa morreu hai unha semana. Era unha monxa do meu colexio. Queríaa moito. Lembrome de cando era pequeniña e nos daba doces por axudar a limpa-lo patio. Cantos mais papeis recollesemos, mais doces nos daba.
Tamen nos ensinaba a cantar as cancions de misa, daba clases de Relixion e de ingles. Nunca nos obrigou a nada, as clases de Relixión eran clases de aprender a ter amigos, a xogar, a da-las gracias por todo. Con ela tiven a mitica conversa
“Madre Lydia, por que los curas no se pueden casar?”
“Porque estan casados con Dios y solo se pueden dedicar a él”
“Pero tú nos dices que dentro de nosotros hay un cachito de Dios, por que no se pueden casar entonces?”
“Venga, anda, entra en clase”
Canto reñeu comigo, canto me ensinou… Agora doume conta de todo o que a queria, e de cómo unha relacion aparentemente de profesora a alumna é mais do que parece. Gustaríame ter falado con ela e darlle as gracias por todo, pero o tempo rematou.
Asi que gracias pola miña infancia, polas clases de relixion, polas cantigas, polo baile galego, polos doces, polas clases de ingles, por ensinarme a respetar e por mil cousas mais.

110115684638277659

Monday, November 22nd, 2004

Antonte fun ver Alien Vs. Predator. É que me gusta Depredador dende pequena, e Alien é unha das marabillas do meu deus Giger.
A peli gustoume moitisimo, paseino xenial. Non ten un guion tremendo nin uns actores sorprendentes, pero deixase ver e é moi divertida. Os efectos especiais están moi ben feitos, ainda que ó alien puxeronlle unha cola un tanto longa de máis.

110078347864326631

Thursday, November 18th, 2004

O Deus Ex é unha marabilla. Xogoo unha e outra vez e sempre descubro algo novo. Encantame. Esa liberdade de elección e de movementos é tremenda.
Cando o xogo remata, segues a lembrar as rúas de Hong Kong e queres voltar a ese nivel, xogalo mais, descubrir mais cousas.
Gustaríame esquencer o Deus Ex, os Gabriel Knight, o Longest Journey e unha morea de xogos para desfrutalos como se fose a primeira vez.
Tamen quixera esquecer o argumento de libros que me gustaron. Os dos Cinco, os de Lovecraft, Forastera, as poesías de Bécquer…

Agora estou lendo “El astro espantoso”, de Gustavo Le Rouge. Estame a gustar bastante, e iso que non son unha ultra fan da ciencia ficcion. Pero se se fala de vampiros, xa vou de cabeza a lelo. Fala dun viaxe a Marte e do que se atopa ali. De mais cousas tamen, claro, pero iso seria destripa-lo libro.
Teño pendente “El pais de la noche”, que tamen ten boa pinta.

110073041567051756

Wednesday, November 17th, 2004

Nova anecdota!
Un pobre home estranxeiro desculpouse polo seu pouco coñecemento do castelan e pediunos axuda para desactiva-lo clitoris. Falaba do Stick point, pero el só oira o de clitoris, jaja.

110055338345784808

Monday, November 15th, 2004

Gústanme moito os libros de Enid Blyton. Agora editaron de novo os dos Cinco e os de nenos, tipo Aventuras de la silla de los deseos (Como me gustaba de nena!)
Eu ando na procura dos da coleccion aventura. Aventura en el circo, aventura en la montaña, aventura en el rio e aventura en la isla. Deses só quedan edicions antigas.
Hoxe deume por ir buscalos. Atopei unha libreria pequeniña que me dixo que os tiña, mañá pasarei por ali a ver se son os que eu digo.
Eu teño Aventura en el rio, Aventura en la montaña e Aventura en el circo (o meu favorito) pero non sei onde… Estou lendo Aventura en la isla, emprestoumo a moza do meu amigo friki e cos meus 21 anos ainda sinto nervios e cousa cando Enid Blyton describe algunha situacion. Tamen vexo a traduccion que lle fixeron, moi graciosa pero moi da epoca. E o sexismo nos libros tamen canta. Pero todo se lle perdoa. É Enid Blyton (nunha libreria á que fun non sabian quen era ¬¬)

110012387356234194

Wednesday, November 10th, 2004

Nova oferta de traballo. Contrato indefinido, pagan formacion e tratanme como a unha raíña, pero traballo soa.
Mais vale malo coñecido que bó por coñecer?

109995452402099956

Monday, November 8th, 2004

Que fermosa letra!

Já sei namorar
Já sei beijar de língua
Agora só me resta sonhar

Já sei onde ir
Já sei onde ficar
Agora só me falta sair

Não tenho paciência pra televisão
Eu não sou audiência para a solidão

Eu sou de niguém
Eu sou de todo mundo
E todo mundo me quer bem
Eu sou de niguém
Eu sou de todo mundo
E todo mundo é meu também

Já sei namorar
Ja sei chutar a bola
Agora só me falta ganhar
Não tenho juiz
Se você quer a vida em jogo
Eu quero é ser feliz

Não tenho paciência pra televisão
Eu não sou audiência para a solidão

Eu sou de niguém
Eu sou de todo mundo
E todo mundo me quer bem
Eu sou de niguém
Eu sou de todo mundo
E todo mundo é meu também

Tô te querendo como ninguém
Tô te querendo como Deus quiser
Tô te querendo como eu te quero
Tô te querendo como se quer