Anotacións do mes December, 2004

110450491682812396

Friday, December 31st, 2004

¡Feliz aninovo a todos! Que sexades moi moi felices, ainda que ás veces pareza algo difícil no fondo somos nós os que o complicamos :)

110445583391403026

Friday, December 31st, 2004

¡Isto é totalmente novo! Da páxina de Haloscan, onde teño os comentarios:
All comments over four months old are archived for non-premium members. These comments are simply moved to a different database and are not deleted.
Claro, por iso non localizaba os vellos comentarios!! Algunha idea? Os de blogger non me gustan.

110445482152029297

Friday, December 31st, 2004

Hoxe dixeronme no traballo que non tiña que ir mañá porque me debian un dia de vacacions. Asi que rematei. Que peniña, despedinme de todos pero habia xente que non ven ata primeiros de Xaneiro que se portou moi ben comigo e non lles puiden da-las gracias. A ver se cando vaia polo finiquito estan por ali.

Por certo, son as dúas da mañá. Gustaríame ver a esas parvas dos anuncios de compresas e ós cabróns dos creativos. Que me veñan explicar que ten de bonito ser muller e non poder durmir da dor nen con pastillas. Isto é inhuman, de verdade. Creo que prefiro que me amputen unha man en vivo. Polo menos a dor sería xustificada!

Teño cousas que me fan rir, coma o novo friki da rede.

110427362776787798

Tuesday, December 28th, 2004

Vou escribi-la letra da invencion do canto, pareceme orixinal.

Un home estaba sentado na sombra dunha enciñeira
cando escoitou na ramaxe unha ave cantadeira
lanzada en cantarola sen mensaxe, sen destiño
ou igual cantaba ó sol que subía de contino.
O home era cazador cansado do seu cazar,
escoitou a cantarola e deu en querer soñar.

Subía a mañá dos tempos
e non había cancións.

Desde aquela na enciñeira sentouse o cazador
a escoita-la muiñeira e a soñarse cantador.
E asi o cazador foi usando a súa clave
e abrindo a súa alma cazou a alma da ave.
Levouna para a caverna, estudiouna ó pormenor
e de chío en rechouchío descubriu o Do Maior.

Subía a mañá dos tempos
e non había cancións.

Foi monxe no seu mosteiro, cantoulle ó Deus que o fundou.
Foi trobador e guerreiro, cantigas de amor cantou.
De Gregorio ata Sinatra volveuse voz apurada;
da caverna ata o casino fíxose unha ave dourada
que voa no ceo do Scala e no Royal Albert Hall,
sobre campos de algodón e urbes de Rock and Roll.

Baixa a tarde dos tempos
e aínda se inventan cancións.

110426987783582467

Tuesday, December 28th, 2004

Merquei o DVD de A cantar con xabarin que vende La Voz de Galicia. Veñen seica tódolos videos e nun cd aparte algunhas cancions. Peeeero a min faltanme videos! Chula gaiteira, Nordes… seguro que algun outro. Non me vale iso da coleccion completa de videoclips porque non o é. A ver se sacan outro cos que restan, estou leda por poder velos as veces que me dea a gana.
De todolos xeitos estan moi ben! Non sabia que A invencion do canto tivera video, encantame a cancion. E o video de Estou na lavadora é distinto ó que botaban na tele!
Pero que leda estou, voltei á miña infancia ^_^ O meu pai dí que é ruido todo, pero tamén lle chama ruido a Gwendal asi que non me fio…

110423814485863316

Tuesday, December 28th, 2004

É tan horrible…

110417150864230002

Monday, December 27th, 2004

¿Cómo foron esas festas? ¿E o importante: Cal foi o menú? ¿Percebes, cocido…?
Este nadal veu o meu avó da aldea. Pobriño, el queria celebrar ali o nadal pero como teño alerxia ó pó e está a facer obra non puido ser. Comemos carne ó forno, ou o que é o mesmo, carne asada con cebola. Regaleille un libro de cultivo de rosais e está que non mexa con el, gustoulle moito, jaja.
Agora estou soa na casa, os meus pais foron levar ó avó a aldea e quedei aqui coas miñas pelis e os meus libros. Hai uns dias afilieime a Biblos, o Clube de lectores con todo en galego ou portugués e estou a ler o libriño que me deron, O pai do artista.
Onte foi un día de cine. Recomendo encarecidamente 3-iron. É unha peli xapo ou koreana (sintoo, non me lembro) preciosa. Tiven que collela con subtitulos en castelan porque non se editou en España (nen se editará :( ). Trata dun rapaz que vive nas casas onde nese momento non hai xente, e en troques lava a roupa, arranxa aparellos… Nunha desas casas atopa a unha muller maltratada. E vou calar ;)
Tamén vin El maquinista, una pelicula cun irrecoñecible Bale e moi ben feita, cuns actores tremendos (aborrezo que os actores españois se doblen a si mesmos grr) pero predecible a metade do tempo. E moi leeeeenta. Vina na sesion da 1 da mañá, que gustiño ir asi ó cine.
Mañá rematan as miñas vacacións. Quedanme 3 dias no actual curro e logo a empezar de cero, coincidindo co aninovo.
Espero que estedes pasando unhas boas festas.

110389756999266590

Friday, December 24th, 2004


¡BÓ NADAL A TODOS!

110375643182968237

Wednesday, December 22nd, 2004

Estou de vacacions! Unha semaniña, que ben ^_^
Os coches estan imposibles nesta epoca, parece un pesadelo do coche fantastico!

110357857373366033

Monday, December 20th, 2004

Oleee!
Pasado mañá, ou sexa o mercores, comezo as miñas vacacions. Tralariii
Por unha parte é unha magoa que me toque noiteboa e nadal porque queria ir unha fin de semana a algures. Pero pola outra banda asi estou mais tempo co meu avo
Vou comezar unha lista tipica de propositos para o novo ano, deses que nunca se cumpren jaja. Que as numere non quere dicir que vaian nesa orde.

1 - Argallar todo para poder ir a Ortigueira e a Lorient (babaaas :-) ~)
2 - Apuntarme a Xacarandaina
3 - Pasar mais tempo coa xente da Cruz Vermella
4 - Retomar o meu merda-aprendizaxe de violin, que o teño para algo.
5 - Ser mais optimista.

Ea, xa irei engadindo. E vos? Tedes propositos? Cales?