Anotacións do mes January, 2005

110720496211884660

Monday, January 31st, 2005

Ortigueira: 7,8,9 e 10 de Xullo.
Arduina: Vacacións en Agosto.

Só faltaria que viñesen Gwendal ou Skyedance. En Xuño remata o meu contrato, se quedo na empresa terei que argallar algo para que me dean o 7 e o 8 libres.

110701569134729928

Saturday, January 29th, 2005

Flash sen desperdicio, jaja

110700271887462190

Saturday, January 29th, 2005

Gústame La Frontera. A cancion que mais me gusta deles é El precio del placer, ainda que vai por epocas, porque como me gustan tanto… jaja.
Un dia collerei un avion, irei adonde vaian da-lo concerto, berrarei como unha rapaza de 15 anos (case os mesmos que fai que ando detras de La Frontera, comecei xoven)e voltarei noutro avion nada más rematar, se o hai.

110686957225706338

Friday, January 28th, 2005

Ligazón
Non sei por que escollo esa, realmente non quero poñer ningunha pero queria falar do Holocausto. Hoxe (xoves) fan 60 anos de Auschwitz e case estamos igual por non dicir peor.
¿E que podemos facer? Hai demasiadas cousas negativas como para que as poidamos contrarrestar dalgunha maneira.
Horrible. Hoxe escoitaba en Gomaespuma a unha muller contando cómo a levaban a ela e mailos seus pais e avós ás cámaras. Como era consciente de que non os ía ver mais.. Non quero entrar en detalles.
Hai un cómic, Maus, que gañou un Pulitzer. Fala disto, o pai do debuxante estivo ali e sobreviviu ás veces facendo autenticas argalladas. Pero tivo tamen moiitisima sorte se é que se lle pode chamar sorte a seguir vivindo con todo iso na testa. É un comic bó e baratiño, se vos interesa o tema ainda se vende nas tendas de comics.

Hai un grupo de xente que di que o antisemitismo foi inventado polos xudeus. Outros din que os xudeus están a facer cos arabes o mesmo que os alemans fixeron con eles.
Canto mais o penso mais quero que vaiamos todos ó carallo.
Seguramente quedarian pululando polo mundo as amebas, que saben mais de convivencia e respeto ca nos.

110678003707618674

Wednesday, January 26th, 2005

Estáchevos graciosa esta anotación do blog de Raven.

110666285657533196

Tuesday, January 25th, 2005

Estou escoitando a Des’ree.
Fixose famosa con Life, que era a cancion do Ford Focus creo. E tamén con Kissing you, da banda sonora de Romeo y Julieta.
A min deixoume o disco Supernatural unha amiga e sorprendeume. Ten unha voz preciosa, grave cando quere, aguda cando a cancion o demanda… E onte lembreime dela e das dúas cancions que mais me gustaban do disco, What’s your sign? e Kissing you, esta ultima pareceme unha obra mestra, que VOZ ten (con maiusculas)!
Dabame magoa que non tivera mais discos, pero nesa páxina que puxen ó comezo desta anotación aparecen dous discos mais. Sairon en España? Vou argallar por aí a ver se me enteiro de algo.
Que linda é Kissing you, vouna escoitar outra vez. Ponme a pel de pita, igual que Song for Scotland, de Skyedance (non teñen nada que ver, jajajaja)
¿A alguén lle gusta? Non tivo moitísimo éxito pero creo que é coñecida dabondo para pedir opinións :)

110660970228892095

Tuesday, January 25th, 2005

¡ESTOU QUE REVENTO!
Mañá vou xa para a oficiña. A Miña oficiña, só vou estar eu. Organizarei, farei, desfarei, traballarei…
Teño uns xefes que se mo contan non o creo, un traballo entretido, os venres e as findes libres, unha oficiña preto de casa, dúas horas para comer, o mar ó sair do traballo e unha fiestra!
Traballar sen fiestras é terrible, agradezo moito que o meu sitio de trabaño teña unha.
Mañá irei instala-lo sistema operativo, toooooodalas aplicacions, conecta-los cables, o meu super TFT de 17 (deixaronme escoller o que quixera!), a ultra impresora laser e a miña miniradio. Cun pouco de sorte levarei un quentador de auga para facer cafe de sobre (gustame de sobre, jaja).

O meu ordenador acaba de facer PII. Un pitido curto, ultimamente o fai mais ca nunca. Descartei temperatura, procesador e memoria. Penso que da placa tampouco é, e nunca tiven problemas coa fonte nen co disco duro. Xa teño feitas copias de seguridade, e co meu contrato de 6 meses (MEDIO ANO de contrato! non o podo creeer! ^_^) poderei pensar en mercar un.

Chegoume tamen a revista de Biblos, co Brindo de Ouro a 9€ e os gastos de envio gratuitos. Teñen traducidos Dez Negriños, contos de Lovecraft… A ver se non tarda moito o meu Brindo de Ouro! Pedín tamen Morgún. Trece Badaladas non me gustou a encher, pero quero darlle mais oportunidades a Suso de Toro.

110657111403700018

Monday, January 24th, 2005

Rosa Cedron deixa Luar na Lubre para iniciar carreira musical en solitario!
Escarallome agora ou agardo?
Por deus, morro coa ledicia. Adeus, Rosiña, adeus. Di Bieito que xa teñen elixida á nova cantante e que a van presentar dentro dun tempo. Tiña esperanzas de que fose Ana Espinosa. Coa chegada de Rosa, Luar na Lubre comezou a caer, caer, caer… Iso é o que me parece. Daballe un toque mistico-comercialcelta noxento.
Cando escoitei a version da Frol da iauga cantada por ela dixen “ata aqui chegamos”. E non merquei nen un so disco mais de Luar na Lubre.
A ver a quen meten como cantante agora.. medo me dan. Non todas cantan cousas coma “UA LUA UA LUA” (juajuajua, é que non a aturo, vaia “cancions” mais malas as do ultimo disco).
E iso que non digo todo o que penso! Seria demasiado irrespetuoso para a xente “fan” de Luar na Lubre e do “mundo celta”.
Marketing puro, merda pura.

110648772232408850

Sunday, January 23rd, 2005

Moito traballo implica moita preguiza no tempo libre…
E eu teño moito traballo agora, jaja.
Ando en busca e captura de Cazatesoros (encantanme Cazatesoros e Tomb Raider, quizá é o meu estilo de vida frustrado) pero non hai nada en ningures! E o meu video anda escaralladiño o pobre, graba fatal. E non quero madrugar tanto para vela! Tan pouco gusta esta serie?

110600211334797474

Monday, January 17th, 2005

Estou vendo Taken, ou Abducidos. É unha miniserie de alienixenas de Spielberg ou algo asi. Son 10 capitulos, vou polo terceiro e estame a gustar moito. Pero o verdadeiro motivo de que conte isto é que aborrezo ó malo. Poucas veces sinto tanto odio polo malo da peli ou do libro. A ultima vez que odiei tanto a un noxento malo foi en Los pilares de la tierra. Agh, noxento William Hamleigh!
Ogallá lle pase algo cruel ó desta serie!