Anotacións do mes February, 2005

110953974759271141

Sunday, February 27th, 2005

Estes dias de preguiza e choiva, o meu mozo emprestoume Naruto. Xa podo dicir que teño opening e ending preferidos de anime. Como opening escollo Lain. E como ending, Naruto. Ainda que o opening non esta nada mal. E se queredes comprobar por que o escollin, podedes baixalo dende aqui
Non é nada do outro mundo, pero unido ás imaxes e á serie esta moi ben :)

110911336096808125

Tuesday, February 22nd, 2005

Estou pensando en ir a Madrid en maio, a ver a unha amiga escritora. Eu soiña, soa xenial. Meteme medo o avion, pero…

Estou tentando rematar Morgún, de Suso de Toro. Creo que non me gusta como escribe. Digo creo, porque ainda que non me gustou Trece Badaladas non podo dicir que Morgún sexa o mesmo. Está moi ben escrito, o malo é que é un coñazo, jaja, falando claro!
Quizais non escollin a epoca.

110899062272373916

Monday, February 21st, 2005

¿Que teñen en comun os avos e as conas? O meu weblog.
No o digo eu, dío Google
Non vos riades demasiado, jaja.

110898976550960312

Monday, February 21st, 2005

Hai cancions que me poñen a pel de pita. Algunhas non porque sexan especialmente bonitas, senon porque o cantante e a música expresan realmente o que están a cantar.
Estes dias aburrin a radio polas mañás, así que entrei en http://launch.yahoo.com/. É unha especie de radio só con cancións. Escolles os xeneros que che gustan, os cantantes.. etc. E teñen un sistema moi bó para que sexan variadas, por exemplo, eu puxen que me gustaba Alasdair Fraser. Entrei na radio e puxeronme Lúnasa porque a xente que gustaba de Fraser gustaba de Lúnasa tamén. Con este sistema coñeces unha morea de grupos e de estilos. Por cada cancion podes facer unha valoracion segundo se che gusta moito ou pouco. Así podese oir mais ou menos (ou nunca), non sei se me explico. Está xenial, eu escoito de todo, dende Chuck Berry ata Led Zeppelin. Descubrín Flogging Molly (moi parecidos ós Young Dubliners), redescubrín ós Dire Straits…
Cando escoito algunha cancion de pel de pito teño que parar de traballar por uns segundos. ¿Que tiña a musica de antes que non ten a de agora?
Hoxe escoitei Still loving you, dos Scorpions. Cando o cantante chora, berra, suplica Still loving you (porque semella todo isto, iso si que é cantar) a guitarra chora con el, lamentanse os dous, berran que ainda seguen amando.
Outro exemplo: Led Zeppelin e Whole lotta love. Pero que pedazo de cancion! Que forma te tocar!
E Alasdair Fraser tocando Roslin Castle. ¿Que agochou ese home no seu violin para que poida falar desa forma? É maxia, carallo! ¿Como pode un só instrumento facer que viaxes a outros lugares, a outra epoca?
Emocionome toda jaja (no fondo son unha hortera, como di a miña mai), pero é que adoro a música que me fai sentir. E polas mañás ultimamente estou a bailar na silla mentres traballo.
Gracias a quen sexa por axudarme a nacer con tódolos meus sensos en boas condicions, gracias por inventa-la musica e gracias por darme un traballo que me permita aproveitar todo isto e pasalo ben.

110868169235820299

Friday, February 18th, 2005

You will allways be holding, holding
my heart in your hand.

Teño as costas feitas merda, que dor!
Mañá o meu ordenador vai nacer de novo :´) Vou formatear, teño pensado facer duas particions. Unha vai ir con Windows XP e outra con Mandrake.
Xa esta ben de tanto Windows! Se non fora porque o necesito…

110857177397813527

Wednesday, February 16th, 2005

Hai uns dias escribia sobre Luar na Lubre, que quedaba sen cantante. Pois xa teñen unha nova, e debo recoñecer tras escoitar esta cancion que elixiron ben.
Ainda que ten un aire con Rosa, pareceme que Sara ten a sua voz mais controlada e moitisimo mais firme.
Quero escoitar “A frol da iauga” cantada por ela, teño curiosidade.

110850849029182338

Tuesday, February 15th, 2005

Veño de ver unha peli tremenda: The Stepford Wives
Non conto de que vai. Pero agochada en toda esa marabilla visual esta unha mensaxe que non deberiamos esquecer as mulleres de hoxe.
A ver que vos parece.

110841711967111663

Monday, February 14th, 2005

Recomendada por Apachito http://www.xunta.es/conselle/ag/fogga/sixpac/visor/
É moi interesante, o malo vano ter os que teñan 56k.

110821537243364190

Saturday, February 12th, 2005

O meu mozo e mais eu falamos moito. Chegara un momento no que era o mesmo se estaba na Coruña ou en Ourense (el é de Ourense, pero vive aqui. Cada vez que hai alguns dias libres marcha) porque eu seguia facendo a miña vida sen contar con el e el comigo.
É moi coitadiño, pero tamen pensaba que lle daria igual deixalo, nunca lle deu moita importancia a estarmos xuntos, ainda que eu sei que me quere.
E onte amarrouse a min e chorou.
Dixo que podiamos arranxalo, que todo ía cambiar. Recoñecia que estabamos distantes e que el estaba a portarse mal, pero non se podan botar dous anos xuntos ó lixo.
E aqui estamos, xuntos de novo.
Non sei se fixen ben. Estou leda porque sigo con el, pero hai un algo triste en todo isto, ainda sen identificar.

Moitisimas gracias ós tres do anterior comentario (graciasgracias!)polos ánimos. De supeto viame soa de novo, pero animoume moitisimo saber que se tiña que dicir algo, alguén me ia respostar :)

É curioso o tema do amor, moi curioso.

110807741777346894

Friday, February 11th, 2005

Uf, que entroido..
Estou afonica totalmente. Como non tiña disfraz e atopei un sombreiro de leopardo na casa, decidin que iría disfrazada de Cocodrilo Dundee :P

O meu mozo veu de Ourense e contoume tamen o das formigas. Danme magoa, seica fixeron uns chistes coas formigas pero xa non me lembro. E o de rebozar a roupa en merda… puaj! Algun dia irei a Verin ou a Laza a ver ós Cigarróns, quero que me dean co latego (juajua)

Estou un pouco rara. Acabo de falar co meu mozo /ex-mozo e creo que xa non estamos saindo (prefiro dicir que o creo a afirmalo). Estou triste, pero tampouco demasiado. E sei que é porque ainda non me din de conta do que esta a pasar. A semana que ven vai ser terrible. Como cando morreu a miña avoa e non chorei, e de supeto un dia botei a chorar e non podia parar.