Anotacións do mes March, 2005

111230078337066656

Thursday, March 31st, 2005

http://www.facua.org/noalcanon/
Estou tan cansa que so podo poñer unha ligazon.

111195039489856604

Sunday, March 27th, 2005

Uf, o meu avo contaxioume o arrefriado… É un supervirus o que teño, porque o meu avó non colle nunca nada.
E por outra banda, estou leda porque a un amigo meu estanlle a ir ben as cousas de novo. Sintome como unha personaxe de manga cursi que se pon leda por todo o que lle arrodea, jaja.

111162415000893066

Thursday, March 24th, 2005

Hai un tempo falei dun rapaz que marchou. Ata agora non quixen falar moito con el, levamonos moi ben e eu escollin estar co meu mozo. Pero a cousa cambiou.
Sen embargo seguimos levandonos igual de ben. Seria unha magoa que unha amizade asi se perdera.
Cada vez que me fai rir, cada vez que adiviño o que me vai dicir, ou cando me di que vaia a Irlanda, preguntome se faria ben. A dubida desaparece ó cabo duns segundos, estou moi leda co meu mociño. Sen embargo non vou deixar de querer a este rapaz. Pero a querelo de forma diferente, como un amigo que é. Vou agochar o outro tipo de amor mooooi profundamente e só deixarei que saia ese, o de bo amigo :)

111157788995155418

Wednesday, March 23rd, 2005

Hoxe leo no Qué!:
“Una mujer india se suicidó para que sus hijos ciegos pudiesen recibir sus ojos y ver, según publicó el lunes ‘The Indian Express’”

111142669992024426

Monday, March 21st, 2005

Hoxe saio nas carta ó director de La Opinión Coruña.
Aínda estou flipando, jaja. Eu só lles mandei unha felicitación, gustoume que non calaran o que os outros calan (falo da casa do alcalde da Coruña)e quería que soubesen que pola miña banda, fixeron moi ben.
E de casualidade collo hoxe o xornal e comezo a ler e penso “Que carallo, esta carta soame”. ¡E resulta que era a miña!
Deume a risa no medio do bar. ^_^

111132308719090991

Sunday, March 20th, 2005

O meu amigo friki e mais eu falamos onte. Non me pediu perdon nin nada semellante.
Estou moi doida, pero estarmos sen falar non vai axudar a nada.

Ando a ler O Brindo de Ouro por cortesía do seu autor ^_^ (Gracias!). Empeza moi ben e enganchoume pero volvo estar soa na casa e non teño moito tempo para ler. E vou ter unha semana de traballo terrible…

111126623851997868

Saturday, March 19th, 2005

Acabame de chegar este e-mail
Si aceptas a Dios y a su hijo Jesús el Cristo, entonces si así lo deseas, visita esta página
www.enelnombredecristo.com
Lee el mensaje de sus Angeles y que Dios te bendiga.

Un abrazo
xxxx xxxxx (O tio pon o seu nome)

Pd: esto no es un mensaje de caracter religioso, es una experiencia real acontecida a una persona real
Gracias
Esto no es una lista , usted solo recibirá este mensaje.

Con todolos meus respetos, a xente non ten outra cousa que facer?
Brr, que calafrio, dame bastante noxo o tema da igrexa e de Deus.

111110251608277109

Friday, March 18th, 2005

111099765930129375

Wednesday, March 16th, 2005

O meu “amigo” friki segue sen dar sinais de vida. ¿Realmente podo chamalo amigo?
Esta fin de semana o meu mozo marcha outra vez. Estou triste por non podelo ver, pero encantanme esas fins de semanas eu soa na Coruña, a velas vir. Se meu pai trae o coche de volta xa seria perfecto :P

111079728508796325

Monday, March 14th, 2005

Namorei de novo.
Namoreime de Santiago.
Esta fin de semana fun ata alí cun amigo a ver a uns rapaces que coñeciamos. Baixamos do coche na Rúa de San Pedro e fomos achegandonos ata a Praza do Obradoiro.
Agora a Praza de España e a Cidade vella da Coruña parecenme pouca cousa. Quero ir por esta cidade cos ollos pechados para que non se me esquenza a fermosura e a meiguería de Santiago.
É un exemplo de cómo se pode ser galego, de cómo se poden conservar as tradicións, a forma de ser, todo o que sempre fomos, e á vez que todo isto se pode ser cidadano do mundo, acoller as demais culturas e recibir cos brazos abertos a todo aquel que veña de visita ou quen sabe se a vivir…
Foron unhas poucas horas nada mais, pero voltarei, xa o creo!

Santiago queda lonxe do meu traballo. Foi o mais terrible que pasou esta fin de semana. Darme de conta de que non a vou voltar bicar ata quen sabe cando.
Pero se eu agardei por ela todos estes anos, ben que pode ela agardar uns diíñas mais por min.

Hoxe sintome lirica. Teño unha morea de traballo, de súpeto os meus xefes volveronse preguiceiros. E estou aqui e alá á vez. ¿Será Irlanda a metade de perfecta que Santiago? Teño ganas de viaxar e de ver, agora que podo. Agora que realmente parece que teño 21 anos, que podo desfrutar da miña liberdade relativa e do meu diñeiro.

Se isto é a vida, benvida sexa.