Anotacións do mes April, 2005

111472526048075028

Thursday, April 28th, 2005

E tal como veu, marchou
Gustariame terme despedido del. Espero que todo lle vaia ben e que fume moitas cachimbas desas que lle gustaban :)

111472447771734824

Thursday, April 28th, 2005

Acabo de descubrir unha tira cómica sobre informática. Estou escarallada aínda, jaja.
A escarallarnos todos

111470241387286076

Thursday, April 28th, 2005

Ai, quem me dera
cal doida velairinha
poder voar, voar
i então sosinha.

Buscaria entre as flores
mais fermosas
para beber-lhe o aroma
a cor d’arminho.

De perfume e de alvuca
então faria
um raminho de bijos
e diamantes.

Simbolos da inefável
alegria
que ferve nos beizos
d’estudantes.

Voaria então,
voaria a Compostela.

A ver se o sabado que ven pode ser.

Noraboa a toda esa xente que agora pode casar. Xa era hora.

111444538484578941

Monday, April 25th, 2005

Da maneira mais parva, teño unha conta de Gmail. E podo repartir invitacións. Se alguén quere unha, que me escriba a deutuganeme@gmail.com.
Xa dan 2 gigas de espacio! ^_^

111434406618496004

Sunday, April 24th, 2005

Que ben o pasei onte no encontro… Xente estupenda, Burela presioso, trataronnos xenial e fixosenos todo moi curto. Fixeron un simulacro de rescate, subin ó helimer, vin un boniteiro, comin laconada, escoitei Ana Kiro no bus e escaralleime todo canto puiden das parvadas que contaban alguns :)
A ver se a fin de mes merco o cable para pasar as fotos ó ordenador e poñoas.
Ser da Cruz Vermella foi das mellores decisions que tomei, estou segura.

111415765163433434

Friday, April 22nd, 2005

Concurso de fotos
Correos fixo un concurso de fotos. Estaba a mirar uns prezos e din con el. Son fotos tan sinxelas como preciosas. Non fai falla ser un profesional para transmitir algo cunha foto.

111407704850347441

Thursday, April 21st, 2005

Cando ía en segundo de párvulos, o meu pai deixoume uns libros para levar á clase e lelos.
Eran Fábulas de Esopo e creo que o outro Cuentos ejemplares ou algo parecido. Pero a min gustábame o de Fábulas de Esopo. Non me lembro da editorial, era de tapa dura e tamén editou as continuacións de Mujercitas e El pequeño Lord.

Cando ía no bus, unha rapaza maior ca min quixo ve-lo libro (O de Cuentos ejemplares) e como eu aínda non sabía ler leume “La muerte quiere ser madrina”.

Ó chegar a clase, dinlle o libro á profe e ela leu “San Pedro y las cerezas”. Todos escachamos coa risa cando leu o título. gustounos moito, e eu estaba leda porque o meu libro gustaralles ós meus compañeiros.

No bus de volta a rapaza maior rematou de lerme o conto empezado.

Cando aprendín a ler de todo, sempre tocaban as Fábulas de Esopo. A miña preferida era La zorra y las uvas. A miña nai regaloume unha cinta de contos que tiña ese conto tamén. Levaba unha cancionciña. “las uvas estan maduraaas aunque ahora las desprecieeeees, al no poder atraparlaaas dices que es porque están verdeees. Mucha gente es como tú. Si algo están deseandooo es el poderlas comeeeer (aqui vai algo que nunca conseguin comprender)”
E veña a cantala o meu pai e mais eu. Aínda hoxe de cando en vez o facemos, jaja. E o actor que fai de Andrés en Aquí no hay quien viva era a voz dun raposo que quería comer as pitas, pero quedaba atrancado por baixo das reixas e o gandeiro daballe cun pau e dicía “ay, malandrin! sinvergüenza! ladrón!”. E o raposo laiaba, jaja.

Ós 12 anos regaloume El jardín secreto nunha edición preciosa con láminas ilustradas. A miña nai e a súa manía de levar todo para o trasteiro estropearon un pouco o libro coa humidade, pero ainda o teño.

Seguen a gustarme as Fábulas de Esopo, e lembrome de La muerte quiere ser madrina. Gustaríame recuperar eses libros, a saber onde acabaron…

Algúns pensarán que só falo de libros, pero os bós recordos que teño están ligados a eles. Venme á mente o dos Angelosos. Que bonito era! Todo de cores, duns osos que vivian no arco da vella e querian baixar á terra. Enton a mai fixeralles unhas ás de nube e baixaron á terra polo arco da vella en plan tobogán.
O angeloso verde, que era o da boa sorte, atopabase cunha nena e lle preguntaba se era un elefante, jaja. Os angelosos nunca viran as cousas da terra.
A miña nai líao comigo tódolos días, practicábamos a entoación, e así aprendín a ler ben. Sempre me sacaban a ler nas misas do cole, e ooooh! estou lembrando cando lle din unha palmatoria a Darío Xohán Cabana! Leramos O milagre das estrelas. Eu escribín unha poesía, entre todos mercamos unha palmatoria e deronme un micro (un dos meus soños, falar por un micro, non é coña). Foi no Palacio de Congresos. Achegueime, el sorriume. Eu estaba nerviosisima. Lin a miña poesía, dinlle a palmatoria e dixo que lle gustara moito. Foi moi amable, lembroo con cariño. Ía en 5º de EXB.

111407319770971163

Thursday, April 21st, 2005

Non hai traballo aburrido se se escoita a Chuck Berry mentras. E o destiño parece escoitarme, xusto agora botan na radio Sweet Little Sixteen.
Fareille caso esta vez. Se el é bó conmigo, eu obedezo.
Traballar e bailar non é tan dificil.

111403465803430598

Wednesday, April 20th, 2005

http://www.theunrealworld.net/unreallog.asp
Estou alucinada con esta muller. Ten catro anos mais ca min. Botadelle unha ollada ó curriculum.
En Xapon, guapisima, cun cabezón impresionante… E só me leva catro anos.
E eu, na Coruña, cun contrato de prácticas, e do fisico nin falamos.

É un momento víctima. Quero telo todo enteiro. Tamen teño dereito. Prohibido pensar “xa se esta a queixar” ou “que pesada” ou o que sexa :´(

Que será de min ós 25.

¿Por qué non nacín máis todo?

Vai rematando a depre, teño os meus trucos. Gustariame ser mellor, pero é un reto. Todos podemos, hai que ser optimista e non ter medo. Supoño…

111398412275500282

Wednesday, April 20th, 2005

Xa está.
Xa estou inscrita. Brrr, nervios.

Estou no traballo. Cando chove é deprimente, porque a miña fiestra da a un patio e ponse todo moi gris.
Hai coma un pirulí no medio e pousanse as gaivotas.
Como patio está moi ben, é deses antigos. Case ó mesmo nivel que a miña fiestra hai un tellado, logo un chanzo e outro tellado. Se algunha vez pasa algo, ben podo escapar por el.

Cando estou asi aburrida, poño os auriculares no ordenador e hala, a escoitar cousas. Vou á fonoteca de La Rosa de Los Vientos. Mentres escoito, traballo. Pero estanseme a acabar os audios.

Segue a chover. A casa que teño enfronte ten a fachada gris porque está mollada. Sempre me gustou a choiva mais que o sol, agás cando traballo.

Coas coñas de ir de contrato en contrato hai moitisimo que non collo vacacions.

¡Un pouquiño de ledicia, que carallo!