Anotacións do mes July, 2005

112279214244156360

Sunday, July 31st, 2005

María Road to Dublin.

112254359525626392

Thursday, July 28th, 2005

O meu pai ten unha bici con mais anos ca min. É de cando era ciclista ¬¬’ (iso di el)
É unha superbici de montaña que pesa toneladas. Tocoume herdala, vaia inferno! Faltalle un anaco de sillin porque cando o Morse era pequeniño mordeuno.
A bici sempre está ben e sempre funciona. O meu avó levouna a revisar hai un tempo e deixarona como nova. Hai uns dias funa coller e o pedal non xiraba.
- Papá, o pedal da bici non xira
- Claro que xira
- A ver, papá, se che digo que non xira é que non xira!
- Iso é que non lle das ben
- Pero papá, é un pedal, ¿que lle hai que dar?
- Pois disllo ó teu avó que a levou a mirar hai pouco. –> Chantaxe emocional, sabe que non lle podo dicir iso ó meu avó.
Grrr. A bici sempre está ben, para o meu pai nunca se escaralla. Total, que coas rodas sen aire e o pedal sen xirar tíñaa que levar a arranxar. Pero claro, a bici, xigante como é, non cabe no coche.
Ocorreseme achegarme ó bus. Con sorte se está baleiro o buseiro apiadase. O carallo!
Pois alá vou eu, coa bici que non anda arrastrando nela ata o quinto inferno, onde está o taller. Ademais quedame o manillar moi baixiño e as ferramentas estan na aldea e non o podo subir. Cando chego ó taller na porta un fermoso cartel que di “Para revisiones, pedir cita”.
Jooooooder coa merda da bici! Entro como podo porque se o buseiro non tivo compaixon quizais os do taller si. E teño algo de sorte. O tio escacha coa risa cando chego con aquela cousa e olla para min con cara de “traesme un cadaver”. Consegue arranxa-lo pedal e infla as rodas para que poida voltar en ela a casa, porque compaixon si, pero a cita hai que pedila. Pregunto se paga a pena arranxala ou mercar unha bici nova. Volve a escachar e di que nin de coña a arranxe, que está feita merda.
A ver quen llo conta ó meu pai.
Total que volvo como podo na bici para descubrir que case non ten freos!
Odio esa bicicleta! E non podo mercar outra ata que esa se volva anacos!
AAAGH!
Pero ainda asi fun dar unha volta con ela. Non é que poida cambiar de marchas (a cadea soa raro) pero para ir polo Paseo Maritimo ben vale.
Onte fun con dous amigos ata mais alo da Torre de Hercules, voltei preto das 3 (da mañá) á casa.
O manillar fixo das súas e teño o brazo dereito cunha dor incrible, non puiden durmir. Tomei unha pastilla pola mañá e agora vou tirando.
Ainda asi teñolle cariño á bici de merda esa. Imaxino ó meu pai con 21 anos enriba dela cos seus amigos e penso que ten o seu aquel sentimental.

112245597162748051

Wednesday, July 27th, 2005

Yo se de un lugar escondido,
que hace tiempo que olvidé.
Pero hoy encontré
el momento de regresar,
y no se porqué tuve que marchar.
Mírame, esta es
la verdad.

Me acordé de lo que había perdido,
una mañana al despertar,
ya verás, volveré y la tristeza pasará.
Y no se por qué tuve que marchar.
Mírame, esta es
la verdad.

Todo ha cambiado
al salir de esta oscuridad,
los malos tragos pasarán,
no quedan puertas por abrir
al mirar atrás.
Aún queda tiempo para
volver a empezar.

Non podo evitalo. Queroo.

112238641763587669

Tuesday, July 26th, 2005

Xa teño as fotos!
Dicir que creo que todos saimos mal, jaja (eu polo menos). A foto que fixen con Anxo é especialmente rara, pero aí saímos, que carallo!
Gracias Gemma por sacalas :)
Poño as ligazóns porque as fotos estan moi grandes. Reduxenas un pouco e quitei calidade ás mais pesadas, pero ainda asi.. Se alguén quere algunha en particular no tamaño orixinal que a pida. Fixen unha paxiniña cutre coas fotos todas seguidas: http://telefonica.net/web2/acovinha/guezos.htm

Unha parte de Guezos
Adrián
Máis Guezos
Os que non saíran nas outras fotos
Guezos ó completo se non me equivoco. Sae o cú do que estaba cos ordenadores, jaja. E falta Roi, que non estaba no concerto
Guezos e un anaco da miña cabeza
Primeira foto terrible. Gemma e mais eu con caras raras
Anxo
Mais fotos
Adrián facendo esforzos
Foto borrosa
Os gaiteiros (como me soaba a cara do de verde)
E outra foto
Ejem… ¡Gemma, sacanos unha foto á xaponesa, á xaponesa!
Os que fomos ó concerto. Hector, Javier, Gemma e eu
Eu cun home de mirada asasina (¿quén sera? jaja)
Se tivese tempo poñia as imaxes en pequeniño. Imageshack non me deixa porque pesan algo moito.

112229838073736933

Monday, July 25th, 2005

Tus recuerdos son
cada día más dulces,
el olvido sólo se llevó la mitad,
y tu sombra aún se acuesta en mi cama
con la oscuridad,
entre mi almohada y mi soledad.

112229464094912293

Monday, July 25th, 2005

Xa estou de volta.
Onte collemos sen problemas o tren, e ó chegar descubrimos que a Praza da porta do Camiño estaba preto da estación, asi que fomos camiñando.
Ó chegarmos á praza preguntamos cando tocaban Guezos e dixeron que ás 12. Ainda eran as 10 e media asi que fomos cear nun sitio onde non quedaban patacas nin caldo. Tiramos de chourizos e luras e ben rico que estaba todo. Era gracioso ver ós turistas ler en alto “¡Caldo galego, caldo galego!” e eu medio escarallada da risa porque a ver quen cea caldo ca calor que habia.
Despois de cear deunos tempo a ver un pouco os fogos. Cando voltabamos unha multitude de rapaces que berraban independencia pasou á carreira e xuntouse na praza. Eu pense que ia comeza-lo concerto pero que va!
Leron un manifesto de por que precisabamos a independencia e unha carta dun fulano de non sei onde. Logo apareceron dous e queimaron a bandeira de España e un tio cun pucho estivo cantando sen parar ata a 1 e pico!
Aguantamos estoicamente! Non vou dar a miña opinion sobre o que vin antes do concerto , asi que falarei del.
O tema era que eu vira ós Guezos só en fotos, e habia por ali un rapaz cunha cara coñecida pero non caia. Parva que son, era Adrian.
Total que subiron ó esceario e comezaron a tocar. E eu toda leda, jeje. Tocaron as cancions que mais me gustaban xunto cunhas novas que non estaban nos discos. Cando era cativa o meu pai tiña unha cinta de Milladoiro cunha cancion chamada Jiga-pandeirada. Era tradicional, pero nunca souben mais. E é unha cancion que escoito moito porque me gusta. Pois ea, coma se me lesen o pensamento, tocarona.
Tamén tocaron o Brado da Lúa, Terradentro e claro, mais. Pero coa que toleei foi con levame. Xa me daba igual todo e estiven dando chimpos como unha tola.
Un directo estupendo, ainda que a acustica penso que non axudou. Gustoume mais o directo que o disco, a ver agora que fago.
Ó rematar pensei en pedirlles unha foto, pero morria coa vergoña. Pero claro, a ver, Arduina nun concerto de Guezos sen foto non podia ser. Asi que lla pedín a Anxo con mais vergoña ainda, jaja (non sei se se lembraria de min, eu presenteime igual). A min fanme ilusion estas cousas, ainda me lembro do primeiro comentario que deixaron no Recuncho. Sacamola cunha camara dunha amiga que veu, ainda non a teño. Pero publicareina aqui xunto con outras.
Estou aliviada tamen porque despois do chasco de Gwendal ía algo preocupada. Pero foi un concerto tremendo, pasamolo xenial e rematamos todos bailando arredor dun cruceiro que ali habia.
Quitei unha foto co mobil.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us
E unha cousa tonta: Son ben guapos!

112221133492322442

Sunday, July 24th, 2005

Hoxe vou ver a Guezos a Santiago. Collerei o tren das 8 dende Coruña, malo sera que non chegue a tempo!
Estou toda emocionada,jaja. teño moitas ganas. Vou tirar de mobil para sacar as fotos porque a camara non ma deixan, asi que non sei se se verá algo, porque aquilo vai estar cheo de xente supoño.

112201911776029045

Friday, July 22nd, 2005

Non se pode dicir que estea soa. Deberia facer exame de conciencia.
Graciñas, Iria, Ezequiel e Alba.
A xente aparece pola miña casa e me chama.
Estou tan agradecida que non sei como expresalo.

112201350153150210

Friday, July 22nd, 2005

Vaia, unha boa nova.
Concerto de Guezos o domingo en Santiago. Por fin. Eu sei dunha que os vai ir ver.
Se teño sorte igual asinan os discos :)

112194359224150647

Thursday, July 21st, 2005

Llevadme, por piedad, a donde el vértigo
con la razón me arranque la memoria.
¡Por piedad! ¡Tengo miedo de quedarme
con mi dolor a solas!