Anotacións do mes September, 2005

112807131070681208

Friday, September 30th, 2005

Joder, non podo coa risa!
http://wwitv.com/portal.htm
Estou vendo TV Jerez. Un programa rarisimo con dous dicindo parvadas.
“Mira que poquita cosa es, enseña las piernas”
“No enseño nada”
“Enseña las piernas!”
O tio ensina as pernas
“Ves? Ves que piernas? Tu te crees que con esas piernas se puede ser artista?”
JAJA surrealista total

112799142226362346

Thursday, September 29th, 2005

NON
SIIIII!

112791644329122178

Wednesday, September 28th, 2005

Respostou Kukuxumusu. Unha mensaxe longa e amable. Un anaquiño que me escriben que resume a mensaxe:
Desde luego, queremos que sepas que no es nuestra intención desmerecer ningún idioma porque, tal y como tú misma decías, nosotros sabemos también como tú la situación de idiomas de este tipo e intentamos hacer lo que podemos. Como Kukuxumusu ha ido creciendo cada vez más, estamos intentando crear un documento que nos ayude a establecer un criterio para el uso de los diversos idiomas, que es un tema delicado y que requiere tiempo por la gran cantidad de documentación que manejamos a diario. No es excusa, pero es un tema al que llevamos dando vueltas desde hace algún tiempo y nos preocupa bastante. Empezamos a desarrollar ese trabajo nosotros, pero nos hemos dado cuenta de que necesitaremos ayuda de expertos en la materia y en eso estamos.
….
tenemos pendiente ese documento que esperamos que nos ayude a establecer criterios coherentes a la hora de utilizar los diversos idiomas y es probable que, mientras tanto, metamos la pata en más de una ocasión o que para el cliente resulte chocante no ver su idioma incluido con el resto.
….
Estamos en ello, aunque sabemos que a lo mejor nos costará un tiempo ir haciendo las cosas bien. De todas formas, como navarros que somos, la cabezonería es uno de nuestros fuertes, así que esperamos ir haciendo mejor las cosas poco a poco.

Tamén din que como hai tenda oficial en Cataluña por iso incluen o catalán. As razóns que me dan teñen senso, a verdade. Así que espero que non quede todo en palabras e pouquiño a pouco poidamos ver cada vez mais cousas en galego.

Tamen queria comentar os libros estupendos que está editando Xerais na coleccion Fóra de xogo.
Comezando por Fahrenheit 451 e rematando en O portal dos elfos. Hai uns anos era un pouco raro ver libros mais ou menos actuais ou coñecidos (fora dos clasicos) en galego.
O portal dos elfos vouno mercar. Tiña ganas de lelo, e non pensei que sairia en galego. Sería estupendo poder elixir o idioma no que ler cada libro, pero polo de agora, algo é algo.

E non sei que editorial publicou alguns relatos de Lovecraft en galego.

Rezoñezo que o galego empregado nos libros ás veces é raro. Pola normativizacion e todo iso. Lembro un libro de texto que estaba en galego de autor e era mais doado comprendelo. Non sei se normativizan todos os libros que lles chegan, claro, pero tenme esa pinta.

112789760041002566

Wednesday, September 28th, 2005

Joder! As 11 da mañá e mataría por un churrasco.
Que fame de churrasco!

112786140766648325

Wednesday, September 28th, 2005

O meu mociño di que non é bó estar só.
Eu penso que si, ainda que non sei se realmente o penso.
Quizais eu mesma procure a mala sorte. Quen sabe.
Ou se cadra terei que comezar a gabarme das cousas boas e das cousas malas que fago.
Ou se cadra debo calar a boca xa para sempre, e deixar de sentirme mal incluso por espantar unha mosca.
Hoxe é un día tan raro que incluso penso na posibilidade de meterme a monxa. Danme ganas de crer en deus para poder crer en algo, porque por primeira vez en toda a miña vida non creo nin en min mesma.

112785839979770702

Tuesday, September 27th, 2005

Tú, niño de la tierra, escúchame
tú que has conocido nuestro ayer
se está apagando Thera, nuestro sol
ven hacia Arkadia síguenos.

Realmente só vía eu esa serie? Non coñezo a ninguén que a vise :´(

Espartaco y el sol bajo el mar
Ata soñaba con estes debuxos!

112781690096866897

Tuesday, September 27th, 2005

VIVAAA! Choveee!
Por favor, que siga chovendo. Á mañá escoitei algo de restriccions de auga en Vigo.
Que chova! Penso cantar se é necesario!

Falan na radio de facer unha estatua de Manuel María no paseo marítimo da Coruña.
O noso alcalde é parvo o pobre. Temos unha estatua de Lennon que non pisou a Coruña na vida e non temos unha de Manuel María.
Non me gusta abusar, pero se o Paquete fose o meu compañeiro de clase organizaba un bo manteo.

112781193678184703

Tuesday, September 27th, 2005

Onte fun mercar unhas camisetas de Kukuxumusu que me facian gracia. Marchei con elas para a casa e ó chegar vin un libriño de lavado que viña en castelán, francés, alemán, euskera e catalan.

Hoxe leo no xornal que no día das linguas España tamen nos omite no informe á UE Ligazón

Xa está ben. Vale que hai cousas moito mais importantes que unha lingua, que hai que arranxa-la educacion e o emprego, pero a lingua forma parte da nosa identidade, e unha omisión é incluso humillante.

Así que vou escribir a Kukuxumusu. É unha parvada e entendo o castelán. Pero coido que os cataláns tamén o entenden, e os vascos, e eles poden gozar do DEREITO de ler unhas fodidas insctruccions de lavado no seu idioma.

112776892431218111

Monday, September 26th, 2005

O chocolate que vente Intermon nas suas tendas esta riquisimo. E agora estoulle dando a unha bariñña se noces, anacardos e mel.
Teñen cousas moi ricas.

112772646714695859

Monday, September 26th, 2005

Ten gracia.
Onte achegueime de sorpresa á casa dun amigo para ver se queria quedar. Quedou a unha hora.
Chegamos a esa hora, e tras media hora chamando marchamos.
Logo recibo un tono ó mobil e chamo eu. Resulta que o rapaz estaba na casa “ocupado” coa moza.
Sabia que ia quedar con ela. Pensou que lle ia dar tempo. Pero nin nos avisou.
Amolame, e resulta que a sua resposta é que a culpa é miña por chamalo! Porque habia non sei cantos meses dixera que antes de ir de sorpresa chamase (esquenceuseme). E iso xustifica que quedase con nos a unha hora e nos tivese na súa puta porta agardando!
Pero o mellor é que por non desculparse saca á luz todo o que eu fixen mal (resulta que fago todo mal e eu sen sabelo)
Ten gracia, ten.