Luns,31 Outubro, 2005 by
Arduina
Loreena McKennitt - Samain night
When the moon on a cloud cast night
Hung above the tree tops’ height
You sang me of some distant past
That made my heart beat strong and fast
Now I know I’m home at last
You offered me an eagle’s wing
That to the sun I might soar and sing
And if I heard the owl’s cry
Into the forest I would fly
And in its darkness find you by.
And so our love’s not a simple thing
Nor our truths unwavering
Like the moon’s pull on the tide
Our fingers touch our hearts collide
I’ll be a moonsbreath by your side (3x)
Feliz noite de Samain, feliz aninovo!
Escrito en Cousas inclasificables |
1 valente »
Luns,31 Outubro, 2005 by
Arduina
Aqui hai unhas mostras do novo disco de Gwendal.
Por exemplo, Gave Hot é Pan ha diskan con guitarra eléctrica.
Stone Eire soa a disco “Celtic dreams” ou algo semellante.
Logo hai outras cancións que parecen como versións de cancions vellas. Non teño a sensacion de escoitar algo novo. E non me din nada. Gwendal tocaba algo que soaba ben e de supeto metianlle un pitido (jaja) e divagaban. Era diferente, pero único.
Se cadra son moi intolerante, pero a musica gustame moito, e non sei. É coma se Serrat cantase as cancions de Rammstein, jeje. Soaría alleo, diferente e quizais non moi mal, pero non sería Serrat.
Non sei se mercalo e adicarlle unhas escoitas, pero despois da decepción de Lugo con instrumentos que non soaban, actitude de divos e cancions descoñecidas… Non sei, se sabes que un disco non saiu no sitio ó que vas tocar, non baseas todo o concerto (agás 2 cancións, Pan ha diskan e non me lembro xa da outra) nas cancions dese novo disco.
Segueme a custar moito aceptar que guitarras electricas soen neste tipo de musica, e iso que o instrumento me gusta, pero noutras composicions.
Vou levando ben o baixo, a bateria.. pero coa guitarra electrica non hay xeito.
En fin, que de todos os anacos que escoitei, o unico que me parece Gwendal é Joke, Gigue O’Low (que se asemella sospeitosamente a unha cancion das antigas) e Gave Hot por ser versión doutra cancion.
E é impagable a evolucion das portadas, menos mal que esta última é bonita, porque hai unha que parecen os Backstreet boys e xa me tiñan algo arrepiada 
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Domingo,30 Outubro, 2005 by
Arduina
Gwendal sacou novo disco.
Puxeron en Radiofusion La niña del norte, e se non mo din xuraria que era de Carlos Núñez.
A música de Gwendal era diferente. Escoitabas unha cancion deles e non había xeito de dubidar quen tocaba.
Todo pasa y todo queda, pero lo nuestro es pasar…
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Venres,28 Outubro, 2005 by
Arduina
Parece que vou ter que comezar coa web outra vez. Non sei onde me vai unha enquisa aghhh! Esta publicada pero desapareceu.
Que paciencia…
E tampouco sei como poñer novas. Sintome moi burra.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Xoves,27 Outubro, 2005 by
Arduina
LNL sacou novo disco. Puxeron dous MP3 del na web. Eu renegara deles, pero eses dous MP3 pintan algo mellor do que pintaban os discos anteriores (na miña opinion, claro)
Ten moito que ver que a voz de Rosa non me gustaba nada, de tódolos xeitos nestas duas mostras non hai ritmos discotequeros (uah lua uah luaaaaaaa uah luaaaa!).
Aledoume escoitar estes dous anacos ^^ Son bós músicos, pero viaselles con poucas ganas. A ver como estan nesta nova etapa, vou escoitar mais cancions, e se merco o disco estarei mais leda ainda de que LNL voltase.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Mércores,26 Outubro, 2005 by
Arduina
Xa subín os foros. Elixín os foros de Simple Machines
Como non están en galego, vounos traducir. Hai unha morea de cousas para traducir, se alguén se anima e quere axudar pode escribirme a arduina@orecuncho.com
E se alguén se anima ainda mais e quere axudarme cun logo (son negada para o deseño) estarei ben agradecida.
Escrito en Cousas inclasificables |
2 valentes »
Martes,25 Outubro, 2005 by
Arduina
Modesto escribe aqui sobre o Joomla.
Ó final elixino. Instaleino no que vai ser o futuro recuncho e por agora vai estupendísimamente. Probara o Nuke e o postnuke, pero non se axustaban ó que eu quería e víaos moi complicados. Para personalizalo gastaba o mesmo tempo case que en facelo eu, e tempo era o que non tiña.
Joomla pareceme moi intuitivo e doado, está en galego e é moi manexable.
Xa sabedes, se tedes algun artigo por aí ou unha reportaxe, ou fotos, ou gravacions do voso can ladrando… o que sexa, podedelo enviar a arduina@orecuncho.com
Eu vou comezar con opinions de musica e libros (que previsible), se cadra tamen de pelis (ainda que me gustan, non entendo moito de cine).
Teño pensada tamén unha seccion de contos deses que contaban os avós, sen carapuchiñas nin nada diso. A ver se enredo ó mei avó para gravalo mentres conta un, sería estupendo.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Luns,24 Outubro, 2005 by
Arduina

Paréceme un crime ter esa placa asi de descoidada. E iso porque non vistes a casa onde esta posta, que esta en ruinas.
Quiteille unha foto. Pasando da politica e demais, deberiamos ter unha pouca máis memoria histórica e conservar as nosas orixes.
Escrito en Cousas inclasificables |
1 valente »
Luns,24 Outubro, 2005 by
Arduina
Misantropía [misanthropy] f. (Psicol.) Cualidade da persoa que, polo seu humor triste, manifesta aversión ó trato humano. mīso‑ μῖσος (gr. ‘odio’) + anthrōpo‑ ἄνθρωπος (gr. ‘ser humano’) + ‑íā (gr.) [Leng. base: gr. Antigo. En gr. mīsanthrōpíā μισανθρωπία dende Platón coma ‘odio ós homes’; reintroducido en fr. misanthropie en s. XVI.]
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Luns,24 Outubro, 2005 by
Arduina
Un camioneiro dí:
Somos un pobo de emigrantes, e non estamos acostumados a loitar polo noso.
Deume mágoa:
As letras veñen, a seguridade social hai que pagala, e o nadal está ahi. Se cadra lles direi (referíndose ós camioneiros) que vaian traballar. A fame é moi mala.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »