Mércores,30 Novembro, 2005 by
Arduina
Impagable.
Acabo de escoitar a Paquete chorarlles ós de RadioVoz.
Vituco: “cuando alguien habla con tanta sinceridad como Paco…”
O alcalde dicindo que pelexou contra todos os que non querian o porto! Que valente, alcalde!
É alucinante que agora lle dea por chorar na radio!
Sí, Paquetiño, sí. O porto, o ascensor e os rañaceos. Todo o que ti queiras meu rei, pero non nos chores.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Martes,29 Novembro, 2005 by
Arduina
Xa está Primeiro beijo na conta de Gmail.
Ando detras do disco orixinal, pero non son quen de atopalo por aqui, e cavilando en fio, os 18€ de gastos de envío que me cobran en tendas de Portugal parecenme demasiados.
En ebay hai o dvd, pero non ten primeiro beijo. Ademais non me vale, precisaba o cd para que a miña mai o escoitase no coche.
Aiiii, que delito, as tendas cheas de reguetones e nin un Rui Veloso dispoñible…
Escrito en Cousas inclasificables |
2 valentes »
Luns,28 Novembro, 2005 by
Arduina

Xa é meu!
Xa o teñooooo!
O DVD esta tremendisimo, cheo de concertos, con videoclips, imaxes entrevistas…
Joder, sempre con carencia de material deles e agora teño a esgalla!
Ainda non escoitei o disco, estou co DVD.
Vivaaaa!
Escrito en Cousas inclasificables |
3 valentes »
Luns,28 Novembro, 2005 by
Arduina
Estou escoitando Primeiro beijo, de Rui Veloso. É unha das cancións mais lindas que levo escoitado este ano. A versión é a do concerto acúscico, voullo mercar á miña nai por Reis, pero é caro de carallo. Veloso e a miña nai mereceno.
Recebi o teu bilhete
para ir ter ao jardim
a tua caixa de segredos
queres abri-la para mim
e tu nao vais fraquejar
ninguém vai saber de nada
juro nao me vou gabar
a minha boca é sagrada
Estar mesmo atrás de ti
ver-te da minha carteira
sei de cor o teu cabelo
sei o shampoo a que cheira
já não como, já não durmo
e eu caia se te minto
havera gente informada
se é amor isto que sinto
Quero o meu primeiro beijo
não quero ficar impune
e dizer-te cara a cara
muito mais é o que nos une
que aquilo que nos separa
Promete lá outro encontro
foi tão fogaz que nem deu
para ver como era o fogo
que a tua boca prometeu
pensava que a tua língua
sabia a flôr do jasmim
sabe a chicla de mentol
e eu gosto dela assim
Quero o meu primeiro beijo
não quero ficar impune
e dizer-te cara a cara
muito mais é o que nos une
que aquilo que nos separa
En canto poida vouna subir á conta de gmail. Demasiado preciosa para non compartila.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Venres,25 Novembro, 2005 by
Arduina
Non houbo sorte 
Sacado de vieiros.com:
A candidatura galego portuguesa non supera a peneira da Unesco
[25/11/2005 14:50] O xurado da Unesco encargado de avaliar as 66 candidaturas que se presentaron para optar ao recoñecemento de Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Humanidade decidiu non proclamar na edición deste ano a candidatura galego-portuguesa. Quen si obtivo o visto bo do xurado foi a candidatura brasileira do Samba-de-Roda no Recôncavo Baiano, promovida polo propio presidente Lula da Silva, e a catalá do Patum de Berga. A Unesco elixiu 43 candidaturas como Obras Mestras da Humanidade deste ano. Os promotores da candidatura galego-portuguesa non ocultan a súa decepción, pero aseguran que o traballo realizado para a posta en valor do patrimonio inmaterial galego-portugués terá continuidade. De feito, a acta do xurado recolle unha serie de recomendacións para volver presentar a candidatura noutras edicións, facendo fincapé na necesidade de concretar as manifestacións do patrimonio inmaterial galego portugués máis susceptíbeis de seren protexidos e promocionados. A web oficial da candidatura abre agora cunha lenda: “A cultura galego portuguesa é, para nós, Obra Mestra!”.
Escrito en Cousas inclasificables |
1 valente »
Venres,25 Novembro, 2005 by
Arduina
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Xoves,24 Novembro, 2005 by
Arduina
Teño un trauma dende que son cativa que de cando en vez aparece e me fai sentir coma un farrapo. Nunca me atrevin a falar cun medico del, pero hai unha semana o conseguin.
Din cunha rapaza estupenda que gosta do seu traballo, sempre me atende con optimismo e bo humor. Faime sentir ben, coma se eu fose normal e todo o negativo que hai en min fose cousa da miña nenez, que por outra parte ten razon, pero custa admitilo.
Acabo de falar con ela agora, e sintome moi lixeira e de bo humor. Teño moitas ganas de superar esas cousas que me fan sentir mal para poder falar de cousas boas.
Vai montar unha asociacion de axuda e se cadra precisaría a miña axuda. Non sei se estarei preparada para da-la miña axuda nese tema porque ainda non o teño moi superado, pero penso intentalo. Porque a min tocoume na nenez e ando arrastrando cousas que non deberia. Se o atallamos cos nenos, poderian vivir xa de maiores unha vida do mais normal. Eu penso que paga a pena. Volvo ter ganas de loita.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Mércores,23 Novembro, 2005 by
Arduina
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Mércores,23 Novembro, 2005 by
Arduina
Leves, fráxiles
nin esculpidas en pedra,
nin forxadas en ferro,
as palabras,
alento breve
no medio do inmenso xelo,
a penas un eco,
o palpexar
dunha pequena luz
na noite.
Tan soas e desvalidas,
tan vulnerables.
(Nin madeira, nin pedra, nin aceiro.)
Déixoas caer
como fillas perdidas
na indiferencia que as acolle.
Cavilo, ¿qué farán sen min?
A penas tremor de ar,
tépedo pálpito de brisa,
as palabras
tenaces resisten
conmovidas,
pequenas chamas
alimentadas de amor
contra o tempo.
Escrito en Cousas inclasificables |
6 valentes »
Mércores,23 Novembro, 2005 by
Arduina
Estaba lendo este artigo en Todo nada.
A verdade, puxen o AdSense para a miña futura e por agora non-nada web. Non pensei que fose cuestión de ética nin de nada, sinxelamente, fanme falta cartos para pagar o hosting e o dominio.
A min non me amola ver publicidade noutros blogs sempre e cando non sexan pop ups ou cousas asi. Gustame especialmente o adsense porque atopo cousas interesantes, sempre me pica a curiosidade cos anuncios que trae.
Pero gustariame saber se pode amolar a alguén. Non é a miña intención, e non me importaría quitalo.
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »