Venres,30 Decembro, 2005 by
arduina
Glanfaidh mé a leithéad de scáth ó mo chroí - glanfaidh mé amach iad
Glanfaidh mé a leithéad de scamaill amch as mo shlí - glanfaidh mé amach iad
Go amach as mo shlí
As mo chroí
Escrito en Música, Paranoias varias |
Ningun valente »
Venres,30 Decembro, 2005 by
arduina
Onte falaban nas novas da primeira, duns parques de ocio que se facian en distintas cidades. Aparecia un cativo cunha rede, mirando a ver se pescaba algo nunha piscina con peixes destes laranxas.
O cativo fixonos moita gracia:
Periodista: ¿Estas pescando?
Neno: Si
Periodista: ¿Pescaras xa antes algo nalgunha outra parte?
Neno: Si, unha folla.
:D
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Venres,30 Decembro, 2005 by
arduina
A miña nai tiña un libro de Tagore que lin sendo cativa, non sei por onde andará.
Boto de menos ler algo de Tagore. Hai dúas semanas fun á Biblioteca e collin un libriño de Catulo, andaba intrigada porque coñecia pouco del.
Hoxe vaille tocar a Tagore.

Deixame só un pouco de min mesmo para que poida chamarte o meu todo.
Escrito en Libros, literatura, letras... |
3 valentes »
Venres,30 Decembro, 2005 by
arduina
Este fin de ano vai ser raro. Ía marchar á aldea a pasalo cos meus pais e co meu avó, pero el deitase cedo, ás 12 e media ou asi. Díxenlles ós meus pais que por qué non pasalo aqui na Coruña, dixeron que quedase eu.
Ó final vou quedar. Sintome rara. Cando os deixo viaxar sós teñoos controlados. Agora ademais coas xeadas e coa neve máis, e a miña nai non mercou as cadeas para o coche…
Supoño que agora que van algo vellos trocamo-los papeis. Eu ando preocupara por saber onde andarán, e eles fan o tolo todo o que poden, jaja.
Escrito en Paranoias varias |
Ningun valente »
Martes,27 Decembro, 2005 by
arduina
Como de cando en vez copio a Dorfun, hoxe non vai ser menos! jaja
Xa o fixen o ano pasado, a ver este que sae. Os mellores do 2005
Música: Xabier Díaz, con Músicas de salitre, sen dúbida. Discazo! Ainda que tamen saliento o Lume de Lamatumbá e os 20 anos y un día de La Frontera.
Libros: Este ano non lin cousas modernas. Se ten que ser o libro que mais me gustou saido no 2005, digo Tríada, de Laura Gallego. Creo que é o seu mellor libro ata o de agora.
Se ten que ser o libro que mais me gustou lido no 2005 por primeira vez, escollo La materia oscura enteiriño. Impresionante, intelixente e educativo, jeje.
Peli: 3-iron. Obra Mestra, indiscutible. Se tedes a oportunidade de vela, xa tardades!
Tamen me gustou moito a de Harry Potter. El cáliz de fuego é un dos lbros da serie que mais me gusta, e a peli foi xenial.
Comic: Pouco comic lin este ano, quizais os comics de Hellraiser. Gustoume moito o debuxo.
Escrito en Música, Libros, literatura, letras..., Paranoias varias, Peliculas, cine... |
6 valentes »
Martes,27 Decembro, 2005 by
Arduina
Este ano tiven moita sorte nos sorteos.
Gañei un reintegro da ONCE, jaja.
Tamén gañei unhas entradas para ir ó cine.
Un móbil na Ser
E hai uns días participei nun sorteo para gañar un lote do xogo F.E.A.R.
Habia que enviar un e-mail á revista que o organizaba. O xoves chamaronme e dixeronme que gañara.
Onte chegou o paquete, e está xenial. Veo o xogo para PC, a edicion do director ademais, que inclue trailers e cousas. Ven tamén unha camiseta que me ven grande, unha magoa porque me gusta. É coma a de Porco Killin pero negra e branca, e non pon Porco Killin, pon o logo de F.E.A.R.
Tamén viña un pucho deses coma os dos ladróns, jaja, no que pon tamen o logo. E un boli chulisimo, vermello co logo e na parte de arriba ten un botón que se lle das proxecta F.E.A.R na parede (ou onde queiras).
Onte merquei memoria en ebay. Non me gusta nada mercar compoñentes en ebay, pero a memoria que emprega a miña placa base é da antiga, e como hai pouca os prezos son bastante altos. En ebay estaba ben de prezo. Teño só 256
Tentei xogar á noite, pero aquilo daba magoa, iso si, cagueime toda cunha escea que sae ó principio. Ten moi boa pinta.
Tamen merquei un cupon da ONCE, pero non houbo sorte
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Luns,26 Decembro, 2005 by
Arduina
Non vou gabar outra vez ós meus xefes, creo que xa todo o mundo sabe que son estupendos, jaja.
Hoxe cheguei ó traballo e habia un paquetiño na mesa para min cunha nota dandome un bo nadal.
Abrino, e era un reproductor mp3 de 512 (pouquiño, pero dabondo) que tamen reproduce video, trae radio e quen sabe que mais.
Apampada estou. Primeiro, porque non tiñan por que facelo. Segundo, porque normalmente o que dan as empresas é unha cesta con viño e cousas. E terceiro porque sacaran tempo de onde non o teñen para ir mercarme isto.
Nova homenaxe. Levo toda a mañá co turbo posto, a nada que me relaxo sintome culpable, jaja.
Esta finde estiven na aldea co meu avo. Mercou unhas luces para a árbore, e para facela foi ó monte e arrincou uns ramallos.
Escrito en Cousas inclasificables |
3 valentes »
Xoves,22 Decembro, 2005 by
Arduina
Escrito en Cousas inclasificables |
1 valente »
Mércores,21 Decembro, 2005 by
Arduina
I’m the operator with my pocket calculator
I’m the operator with my pocket calculator
I am adding and subtracting
I’m controlling and composing
I’m the operator with my pocket calculator
I’m the operator with my pocket calculator
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Mércores,21 Decembro, 2005 by
Arduina
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »