Datos sobre o gaélico…
Mércores,29 Marzo, 2006 by
arduina
… que me contou o rapaz de Skye.
A situación e similar ó galego en canto ó bilingüismo da xente que hai alí, penso eu (oxalá eu puidese ter estudiado en galego). Di que el fala gaelico cos que saben que o entenden e ingles cos demais. E que hai sitios onde a xente vella non sabe falar inglés. Lembroume moito ó galego.
Máis cousas. Hai nenos pequenos que falan gaélico e non aprenden o inglés ata os cinco anos.
Unha frase que non lle entendin moi ben é “A xente académica di que os idiomas celticos son moi vellos pero a xente é mais vella que os idiomas”. ¿Quererá dicir que os idiomas celticos son mais vellos ainda? Pareceume unha frase moi filosófica para alguén que fala tan pouquiño o castelán (castillian di el, non sabia que se dicia asi en ingles).
O Gaélico escocés chámase Gàidhligh e o gaélico irlandés Gaeilge. Son moi parecidos.
O idioma de Gales chámase Cymraeg, e non ten nada que ver cos outros dous gaélicos.
Hai 60000 persoas que falan o Gàidhligh, a maioria delas viven nas illas ó noroeste de Escocia. Na illa Uist do sur (Uibhist a Deas) o 80% da xente fala gaélico. Na illa de Skye (an t-Eilean Sgitheanach), o 36%. Hai alí unha universidade gaélica e a cantidade da xente que coñece o idioma é moi elevada.
Xa estivemos a falar un pouco por messenger. A el cústalle moito o español, así que polo de agora falamos en inglés. Estivenlle contando sobre o galego, sobre o euskera e o catalán. El non coñecia a existencia doutros idiomas aqui, sorprendeulle. Igual ata se anima e lle ensino galego
Conteille que era moi parecido ó portugués (e non entrei en se son o mesmo ou non) e estiven a explicarlle que antes eran un mesmo idioma… etc.
Pareceume un rapaz moi agradable, falamos pouquiño porque el tiña que marchar, pero quedamos os dous con ganas de máis. Preguntoume se era correcto dicir “Hasta luego” para indicar que falariamos despois e dixenlle que si. Eu estou toda leda sabendo escribir Gaelige e Gàidhligh, igual el está coma min sabendo que di correctamente “Hasta luego”. Quen sabe!
Escrito en Paranoias varias |
6 valentes »