Anotacións do mes May, 2006

Wednesday, May 31st, 2006

Saiume a ultima hora un piso na rua Barrera, en pleno centro!
Precioso, recen feito, cunha terraciña e todo!
Non o podo crer :D

Wednesday, May 31st, 2006

David convidoume a facer esta especie de exercicio raro :D
Eu convido a tódolos que queiran, que logo… (Gemma seguro que se apunta, jaja)

O que sería eu no caso de ser…

…un mes: decembro
…un dia da semana: venres :)
…un momento do día: a madrugada dos noctambulos
…un planeta: Nibiru :D
…un animal: a xirafa
…un móbel: unha mesa
…unha bebida: o licor cafe
…un instrumento musical: bodhran
…unha froita: un limon
…unha canción: seguramente seria Para que no se duerman mis sentidos, de Manolo García (polo que suxire coa musica: viaxes… )
…unha materia: literatura
..unha parte do corpo: brazos
…un obxecto: un libro, igual que David
…unha comida: macarrons
…un personaxe animado: un planetario Somos planetarios, ti tamen o podes ser, recupera-lo planeta é o que hai que facer! (ainda a lembro)
…un número: o 23
…un coche: un 600
…unha cidade: Dublin
…unha dor: de cabeza
…un mar: o mar morto
…un idioma: o gaelico, polo complicado que é
…unha flor: a do cardo ou a do toxo
…unha cor: azul
…un verbo: rir
…unha estación do ano: inverno
…unha prenda de vestir: pantalons
…un libro: un de Lovecraft
…un país: Irlanda
…un lugar: unha ponte sobre un rio
…un deporte: o futbol
…un filme: A pantasma da Opera
…unha marca: Auchan!
…unha serie: A de Indiana Jones cando era novo
…unha páxina web: O recuncho, por algo é o meu blog :)
…un sabor: tarta San Marcos
…un signo do Zodíaco: nin idea
…un perfume: Vainilla

Wednesday, May 31st, 2006

Hai epocas nas que choro cousa mala. Por calquera cousa.
Cando era mais pequena e vía La Familia Crece choraba sempre que a via. O anime sempre foi moi idílico e non sei se choraba de envexa ou de emocion, pero ali estaba eu, toda emocionada cun culebron.
A fase 2 da miña tonteria, veu cun anuncio non sei de que, no que habia un rapaz lendo unha carta da súa irmá pequena que lle mandaba a bombilla da súa habitación para que a puxese no seu novo piso e así non os botase a faltar. Era un anuncio moi lindo, e veña a chorar cada vez que o vía (agora xa se me pasou a tonteria eh?)
Os meus amigos estan enganchados a Lost, a min é unha serie que me frustra moito. Nunca me di o que quero saber, sempre me deixa a medias. Asi que de cando en vez preguntolles as novidades e listo. Opino igualiño que Dorfun.
Coa que si estou viciada é con Stargate Atlantis. Son a fan nº1 de Stargate (a peli) e a serie ainda que me gustaba, tiña capitulos moi malos.
Pero é que Atlantis é xenial! Estouna vendo gracias a miña mulina, só saiu en EEUU. Creo que a van sacar agora en español, pero eu non podo agardar!

Monday, May 29th, 2006

Xa teño casa.
É ó lado do Corte Inglés, moi preto de Catro Camiños e a media hora do traballo.
Din o si ás rapazas, mudarei en Xullo. Ainda non é definitivo de todo porque tenme que coñecer unha que non puido estar hoxe, pero polo demais, estupendo. Gustame moito a zona.
Estou cagada cos nervios :D

Saturday, May 27th, 2006

Engadin nova musica á radio da dereita, dúas cancións. Estou redescubrindo a Gaelic Storm :)
Agora marcho para a Repichoca, un amigo vai baixar uns libros de rol e cun pouco de sorte xogamos unha partida.

Friday, May 26th, 2006

Atopei un piso compartido que parece estar bastante ben. A proxima semana vou velo.
Non está na zona da Torre, pero o prezo é estupendo, e a rapaza que vive nel semella selo tamén. Está preto do Corte Inglés.
Estou moi nerviosa, é un paso moi grande para min. Non teño irmans, e ainda que me encanta estar soa, sempre boto de menos ós meus pais cando non están, estamos bastante apegados.
O piso ten internet :D (imprescindible!). A miña preocupacion principal era compartilo con xente traballadora, porque os estudiantes quedan só na epoca escolar, e o meu soldo non é tan bo coma para sobrevivir o resto do ano. Se o fose xa tería alugado un preciosisimo que hai en Cordelería, xusto antes de Panaderas (aquí podedes colocar unhas bágoas, jaja).
Os meus pais estan ledos, e falan de mudarse eles tamen (mudanza fever!) porque o piso onde vivimos quedarialles grande. A zona na que vivo non me gusta nada, está morta. Non hai vida de barrio.
Por iso ando que non mexo, jaja. Xa falei con mais xente de compartir piso e non eran moi amables que digamos, pero esta rapaza parece amable e ten a miña idade. Só queda velo. Aparentemente é o piso perfecto, preto dunha parada de bus, da casa do meu mozo, mais ou menos preto do meu traballo e a un paso do centro da cidade.

Thursday, May 25th, 2006

- Mamá, mamá, no colexio chamanme friki
- ¿E ti que fas?
- Quitarme dous puntos de carisma

Wednesday, May 24th, 2006

Recoñezo que son algo obsesiva. Vou por épocas. Hai epocas nas que me obsesiono cunha cousa e falo todo o rato desa cousa e nos meus ratos libres penso nela… Non ata o punto de morrer eh? :D Pero sinto que ese algo me gusta mais que nada no mundo.
Comecei de pequeniña con La Frontera. Toooodo o dia falaba da sua musica. Logo pasei a Luar na Lubre. Logo me deu polo chocolate. Comia chocolate por tabletas. Ou todo, ou nada.
Tocoulle a Bécquer mais tarde, memorizaba as súas poesías e anacos das súas lendas. Despois veu Lovecraft. Explicaba o mundo de Lovecraft unha e mil veces ós meus pais, ós meus amigos… Analizaba cada un dos seus relatos.
Logo veu Irlanda e mais tarde Gwendal.
Agora tocalle a Kila. Podo escoitar a mesma cancion durante toda a mañá, que non canso. É algo moi raro, a min parecemo.
Supoño que a todos nos pasa e imos por epocas, non?

Video de Lamatumbá no MACUF

Wednesday, May 24th, 2006

Estaba eu tan pancha na web de Lamatumbá e descubro que saio no video. De primeiriña ademais, amarrada ó meu mozo nunha pose do mais ridiculo. E de cú. Pero saio :D Mirade a festa que se montou, que magoa non poder repetir por agora.


Reunion e cousas

Tuesday, May 23rd, 2006

Mañá hai unha reunión no traballo. A empresa segue medrando. Van abrir unha área nova dentro da web
Ás veces penso que cando os meus xefes estean xubilados igual pecha, e teño algún proxecto pensado.

Agora ando buscando piso. Ten que ser compartido, os cartos non dan para moito :) Ando buscando por Orillamar, Rúa da Torre, Panaderas…  A ver se teño sorte e atopo algo xa. Teño moitas ganas de marchar da casa. Xa sei que as lavadoras non se poñen soas, pero algun día tera que ser digo eu.

A miña nai di que son moi noviña para marchar da casa, eu non o creo asi.

Ando animada estes dias. Estou avanzando un pouquiño co gaelico e mentres practico o inglés. Ainda que o practico escrito, algo é algo.  Teño ganas de apuntarme a clases de conversacion, porque co rapaz escoces non podo falar moito (sempre coincidimos moi tarde). Ainda me custa entendelo se mo falan un pouco rapido. Nas cancions non teño problema, pero a xente non fala cantando :D

É unha mágoa que cando somos nenos só nos ensinen un ou dous idiomas, haberia que aproveitar e dar as bases dalgún outro.