Anotacións do mes July, 2006

Xantanza

Monday, July 31st, 2006

Demasiado…
Como teño que marchar para o traballo non podo escribir algo demasiado longo.
O amigo invisible estupendo, que bo gusto temos os blogueiros galegos! :D Graciñas polo meu libro, quen fose o meu amigo invisible acertou de pleno.
Paseino moi ben moi ben. Gracias a todos e todas por unha tarde de domingo tan boa.

Friday, July 28th, 2006

Crieime cunha perna na Coruña e outra en Lugo (e un brazo en Madrid :) ). De Lugo é toda a miña familia.
Os meus avos tiñan unha casa preto do parque de Rosalía. As mellores lembranzas da miña infancia estan ali. Lembro os bambans, os pavos reais, e os parrulos. Ia sempre co meu avó, e dende ali viase o Miño. Eu estaba empeñada en que o Miño o fixera meu avó cunha mangueira :)
Cando vivin ali cos avos, ía todolos dias e xogaba moito co avó ou cos nenos que ali habia. Coñecia ó vello dos parrulos e gustabame darlles de comer. Unha vez un confundiu a miña man con pan, que susto levei, como era cativiña de todo veu o meu avo correndo o pobre, eran os parrulos mais grandes ca min case, jaja.
E xa cando vin para A Coruña, sempre sempre voltaba a Lugo co avó ó parque.
Por iso esta xente ten todo o meu apoio.

Thursday, July 27th, 2006

Hoxe achegouse a Filla da noite ata A Coruña. Pasamos unha tarde moi boa, é unha rapaza moi agradable e me trouxo un agasallo. Encantame que se atrevera a mercarme un libro, porque é un dos meus regalos preferidos, ainda que non tiña por que facelo, pero quedei moi agradecida.
Fomos ver a feria medieval e comimos chocolate artesan mentres o que o vendia intentaba ligar con nos (é certo! :) )
Visitamos a Repichoca tamen. A verdade é que me da magoa que tivese que marchar, pero que lle imos facer. Gustariame terlle ensinado mellor A Coruña.
Jaja, visitamos a informacion turistica por curiosidade, tiñan mapas preciosos da Cidade Vella! E no mapa poñia A Coruña! Incrible :)
Por estes lares hai xente estupenda, e cantos mais blogueiros coñezo, mais me reafirmo na miña opinion :) Un autentico pracer.
E unha nota para min. Falo moitisimo! Teño que falar menos! :)

Supertramp

Wednesday, July 26th, 2006

Medrei con dous grupos de música: Milladoiro e Supertramp. Milladoiro facianos compaña nas longas viaxes en coche dende Madrid ata Coruña e Lugo, ainda hoxe escoitamos a cinta que escoitabamos enton.
Supertramp seica o escoito dende que nacin. Miña nai conta que cando era unha meniña e me daba por chorar, o meu pai colliame no colo e cantaba algo de Supertramp, e eu calaba misteriosamente, jaja.
Era case a unica musica que el escoitaba, xunto con Demis Roussos :D E eu medrei con Supertramp. Recoñecendo cada unha das suas cancions pero sen saber quen eran ou que discos tiñan.
Agora podo dicir que me gustan por min mesma, e non porque é o que se oe na casa.
O disco que mais me gusta é Breakfast en America, e a miña cancion preferida deles tamen é esa.
Tamen tiñan cancions protesta coma Better days, que é boisima, cunha letra e unha musica excelentes.
Ainda seguen, pero agora meu pai e mais eu non os queremos escoitar moito. Preferimos quedar co Supertramp de antes.
Take a jumbo, cross the water…

Yann Tiersen

Wednesday, July 26th, 2006

De l’endroit où je suis
On voit les bras de mer,
Qui s’allongent puis renoncent
A mordre dans la terre…

O amigo Roi presentoume a Yann Tiersen :) Andaba algo mosca estes dias porque non atopaba o disco, nin o de Tiersen nin o de Goran Bregovic. Pero atopeinos e agora estou nunha escoita intensiva mentres traballo.
Que musica tan bonita e orixinal, como me gusta. Poderiaa escoitar horas e horas…

Queer as folk

Wednesday, July 26th, 2006

Non vexo moito a tele (Agas Invasion, House e Stargate, que son sagradas :D ) asi que non estou moi ó dia das novidades.
Hoxe ó chegar a casa comecei a ver esta serie e quedei, a verdade é que me gustou. Sobre todo un personaxe homosexual, culto, mais ou menos serio que pasa de toda a movida asociada o movemento gay, pero ve que algo vai mal cando o fai. Pareceume curioso que nunha serie non sacasen só o ambiente mais extravagante de todo o tema (que non ten nada de malo, pero non vai comigo nin con moitos homosexuais ou bisexuais)
Pareceume curiosa a serie. Agora que non hai House, verei esta os martes.
Segue sen gustarme o cliche de tolemia sexual que vai sempre pegado ós gays.

A cabra makabra

Monday, July 24th, 2006

ou a kabra macabra, non sei ben onde van as k, gustame. Pero dame algo de medo ou mal rollo. Entre o Conxo, mutante, experimentos e cientificos despiadados parece un argumento de peli de medo. E ademais unha cabra! Unha cabra mutante! Feita co esperma dun cientifico cabron.
Non é coña, dame mal rollo.
Tamen me da algo de mal rollo a cancion Vigozoo, con esa voz sintetizada tan rara. Pero a da cabra é a que mais medo me da.
E non podo deixar de escoitalas, que sensacion mais extraña…
Estarei tola, non digo que non.

Radiokomunika

Friday, July 21st, 2006

A xente de Komunikando segue activa, aledame o ben que medra todo o proxecto :D Creou, ademais dun foro e un CD, unha radio que se pode escoitar de balde, vaime vir estupenda pro traballo.
Non coñecia a version de Festicultores Troupe de Prawy do Lewego, de Bregovic (que canto mais o escoito mais me gusta) é graciosa :D

Musica especial

Friday, July 21st, 2006

Vou copiar a Moucho branco un pouquiño :D
É que atopei este video en Youtube. E The foggy dew é unha das miñas cancions preferidas, así que busquei mais cousas e queria compartilas.
A letra de The Foggy Dew é a única que me anima cando estou algo triste, fai que me volva valente. Teño unha carpetiña no ordenador chea de versións desa cancion.

Esta version parece sacada de Escocia, das Highlands, jaja. Non sei por que, pero sempre que a escoito teño esa sensacion.

E tamen me gusta moito esta, The rocky road to Dublin. Hai pouquiño coñecin esta version e atopei este video, jaja. Teño que ver a peli.

E un regaliño, The Spark con Skyedance. Son uns musicos excelentes. O baile non me gusta.

Por moito que me empeñe sigo namorada de Irlanda

Thursday, July 20th, 2006

Merquei unha camiseta nova, teño ganas de mercar mais porque vinas moi bonitas desta volta.
A nova e ista: