Xoves,31 Agosto, 2006 by
arduina
Os meus veciños son moi agradables 
Cando alugamos o piso, o caseiro dixonos que a chave do portal non abria ben, que tiña un punto no que abria pero que habia que dar con el. Eu collinllo sen problema porque a miña chave era a orixinal, pero a miña compañeira tivo problemas porque era unha copia, asi que houbo que facer outra copia a ver se habia mais sorte.
Onte cheguei á miña casa e intentei abrir o portal. A chave entraba, pero aquilo non xiraba. E eu veña darlle. Ata que cansei e chamei ó veciño de arriba. Abriume e interceptoume pola escaleira para darme duas chaves novas. Cambiara o peche do portal e estaba a repartir as novas chaves. Aproveitei para presentarme e tal, e o home moi simpatico.
Tiven sorte, que se chego a vir de madrugada… jaja, a ver como entraba!
Logo á noite lin un pouco (xa son quen de ler ali) e quedei durmida no sofa por unha hora. E puxen a lavadora, tendin a roupa e estreei o plastico. Estase ben ali.
O meu avo ó final ven hoxe (ia vir onte) e trae a superempanadadepanceta! A empanada mais rica do mundo, mercada e feita en Meira! Poderia comer desa empanada durante toda a miña vida, que rica esta!
Sempre quedo cun bo pedazo para ir comendo cando o meu avo marcha, asi que se alguen quere probala, só ten que dicilo. Falo en serio.
Escrito en Cousas inclasificables |
4 valentes »
Mércores,30 Agosto, 2006 by
arduina
Volvo estar maliña do estomago. Non sei que lle pasa, onte deume moita dor pola maña. Como nunca como nada ata as 12 (sentame fatal) pensei que seria de telo baleiro. Comin un bocata de mortadela do Gadis (fanchos ali
) e puf… Que dor!
Ó mediodia tomei un calmante para vir traballar pola tarde. Pensei que hoxe se me pasaria, pero que va. Erguinme moi cedo porque non podia durmir coa dor. Asi que ea, outro calmante, e aqui ando agora. Non me doe moito, pero ando algo mareada e teño fame! 
Cando se me pase o efecto da pastilla a ver como ando, teño que estar ben para mañá, que me toca comer empanada de panceta! 
Deixei a casa toda estrada, e ainda teño que poñer unha lavadora, tendela, poñer o plastico, planchar…
Que fame teño!
Escrito en Paranoias varias |
6 valentes »
Mércores,30 Agosto, 2006 by
arduina
Escrito en Paranoias varias |
Enter your password to view comments
Luns,28 Agosto, 2006 by
arduina
Acabo de chamar a Vodafone por unha rebaixa que me facian na factura por facer unha enquisa.
Tras dez minutos de explicacions e de respostas “Non o entendo” “non entendo que me quere dicir”, cambiei “enquisa” por “encuesta”. Solucionado! Resulta que en Vodafone non se dí enquisa, dise encosta.
Escrito en Cousas inclasificables |
6 valentes »
Xoves,24 Agosto, 2006 by
arduina
Escrito en Música |
2 valentes »
Xoves,24 Agosto, 2006 by
arduina
Estes dias estou vaga de mais.
Pero sigo viva, eh?
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Luns,21 Agosto, 2006 by
arduina
Menuda collin este sabado…
Por favor, quero un licor cafe sen alcohol. Por favoooor!
Escrito en Cousas inclasificables |
4 valentes »
Venres,18 Agosto, 2006 by
arduina
Ciamar a tha sibh?
Hoxe é venres xa 
Onte fun xantar con meus pais, que rico estaba todo. Ainda non cociño moi ben e non sei facer verdura branda, asi que aproveitei para comela ali.
A miña compañeira de piso marchou ata o dia 29, asi que esta fin de semana terei que limpar eu soiña.
Na Repichoca van dar clases de violin folk (teño un temario por algures. Inclue reels, jigs, acompañamento de musica tradicional… etc). Hai que ter xa algun coñecemento de violin, xa que non se vai comezar dende o principio. Apunteime e onte levei o violin para a miña casa; qué pouquiño me pesa agora e canto me pesaba cando era mais pequena.
Non sei se poderei ir ó curso, porque lembro a teoria pero non a práctica, ainda que algunha cancionciña segue saindo, por sorte. E non fago chirridos co arco, cousa coa que tiven que loitar fronte ó espello durante moitos meses.
Teño ganas de que me chamen para iso das clases, encantariame poder tocar algo decente xa. Na casa dame algo de vergoña practicar, porque se oe todo. Se o puidese facer na Repichoca (ainda que só fora ó principio), mellor 
Nunca me gustou que me escoitasen tocar, e tampouco me gustaba tocar a musica que me daban. O clasico non se fixo para min, dende logo
Escrito en Música |
6 valentes »
Xoves,17 Agosto, 2006 by
arduina
Estou mooooi cansa. Non sei se acostarme xa, non me gusta nada estar na cama, non me gusta durmir.
Mañá xa é venres. Teño que facer cousas nada mais erguerme:
- Ir á caixa de aforros a que me devolvan unha comision
- Facer un recado para a miña empresa
- Mercar o plastico do tendal
Escriboo aqui para que non se me esquenza. Teño que facer algo con esta cabeza…
Escrito en Cousas inclasificables |
3 valentes »
Xoves,17 Agosto, 2006 by
arduina
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »