Anotacións do mes October, 2006

Tuesday, October 31st, 2006

Xa teño ó irlandes na casa. Estou aprendendo moito ingles. E todo foi ben ata onte.
Botaban na tele o anuncio da segunda tempada de Queer as folk, unha serie que me gusta moito. Vouno poñer coma un dialogo, que foi mais ou menos asi.
- Que ben, a segunda tempada de Queer as folk, encantame esa serie.
(O irlandes mira para min con cara rara)
- Eu non podo mirar para dous homes bicandose.
- ¿E por que?
(A cara agora é coma de se eu fose subnormal)
- Porque non son gay (isto moi recalcado, coma se fose unha ofensa)
- Ah, E que? Os meus amigos tampouco o son e non morren por ver dous homes bicandose.
- Pero ti de verdade cres que iso é normal?
(A miña cara xa era un poema)
- Por suposto
(Fai un aceno en plan “que noxo de tia”)
- Un dia en Dublin fomos a un bar de ambiente para gastarlle unha broma a un amigo (jaja, menuda broma, que ghrasiosos que son). E cando entrei, ¡os gays miraron para min! (isto ultimo coma se fose algo incrible)
- E que?
- Que eu non son gay!!!!! Por que me miran?
- E logo mancante? Os gays teñen prohibido mirar para a xente? E se non querias que mirasen para ti que carallo facias ali metido?
O tio calou. Eu calei. Fregamos as tixolas e marchamos para a cama.
Creo que marcha esta semana, non sei. Podo tolerar case de todo. Teño paciencia, e comprendo que non hai duas personas iguais. Pero os xenofobos e os homofobos estan de mais na miña casa. A ver como remata a cousa hoxe.

Guezos de xira

Thursday, October 26th, 2006

Vivaaaaaaaaaaaaaaaaaa!
Boas novas :) Guezos informan no seu blog de que van percorrer Galicia. As datas:

8 NOV OURENSE - Cervexaria O Moucho Concerto acústico
dentro das xornadas de CAFES DA PALABRA organizado
polo colectivo A Esmorga

10 NOV SAN SADURNIÑO Sala DZINE co grupo ERGOM

8 DEC MELIDE Sala 600 (www.sala600.com/sala.htm)

9 DEC VIGO Local Social A Revolta

12 XAN PONTEVEDRA Local A Casa do Coto
(www.acasadocoto.com)

20 XAN OURENSE cafe-teatro Xesteira

Se visitades o seu blog, veredes tamen o cartel da xira. A ver se me da tempo a poñelo despois, que é moi bonito.

Que alguen grave algun concerto, que o Youtube anda famento deles!

Wednesday, October 25th, 2006

Se hai algo inaudito e incrible, é isto:
Hoxe comecei a aprender catalan.

Wednesday, October 25th, 2006

¿Que mas dará lo que digan? ¿Qué mas dará lo que piensen?
Si estoy loca es cosa mía.

Tuesday, October 24th, 2006

Acabame de pasar algo desagradable e teño que contalo. Resumidamente.
Estaba na casa e oin rifar na rua. Era un ionki coa moza. Rifa que te rifa, a berros. O ionki comeza a porse violento, acorrala á rapaza contra unha esquina e botaselle enriba. Chamo á policia e vixio, tiña toda a pinta de que a ia violar ou algo asi.
A rapaza zafase, o tio vaille detras. Zarandeos, empurrons e ostiazo que te criou. Baixo as escaleiras para tentar que non a mancase mais ata que chegase a poli e xusto aparca na esquina.
Hai un par de vellos asomados á fiestra que viron todo mentras eu baixaba polas escaleiras. “Tirouna ó chan”. Vamos, que lle ia meter unha boa somanta de ostias.
A poli separaos e tal. Ven falar comigo un deles. Dime que se quero denunciar, porque son a unica testemuña. Que se denuncio o tio vai detido. Eu digo “non son a unica testemuña”. Coma se dun pobo pantasma se tratase, as cabezas dos vellos desaparecen da fiestra. Ben, en toda a puta rua son a unica que chamou á poli. Que coño lle pasa a esta merda de pais cheo de xente de merda?
Digo que si, que por suposto que quero denunciar. O rapaz pon cara rara e marcha. O poli vello que hai no coche bota un medio sorriso e di “vas denunciar? non che explicou o meu compañeiro como era a cousa?” “si, claro, teño que ir de testemuña” “e tes que declarar diante del” “enton que fago?”.
Chega o rapaz e o vello chamao aparte e besbesella algo. O rapaz ven e explica que a rapaza non quere denunciar que di que non pasou nada. O tio esta borracho e canta que da gusto, esta dicindo a verdade. Pero ela, a agredida, non. O poli volve a preguntar, e eu lle digo que non sei a que ven tanto secretismo. Levame a un recuncho e dime resumidamente:
“A rapaza di que non son mozos. Isto debeu de pasar mais veces porque ela xa sabe de que vai o tema. Se non son mozos, queda un delicto de lesions unicamente. Se non, seria maltrato, e seria mais gordo. Se denuncias non creo que vaia pasar nada agás que te tomes unhas molestias que non debes. Hoxe en dia da igual que a xente teña antecedentes, e ti o unico que vas conseguir é que o tio che vexa a cara e veña despois aqui a facerche algo, porque se ela non denuncia vai sair libre, e unha denuncia tua que contradiga as palabras dela, que é a agredida, non sirve de nada”.
Por fin, o secretismo era debido a iso! Teño que dicir que o poli foi moi agradable, supoño que se os pillan dicindo algo asi caelles un puro, e el mirou por min. Deume a razon, di que logo estas eran as que aparecian mortas pero que non podian facer nada, e que oxala puidesen encerrar a esos cabrons. Que non me fixese mal sangue, e que ia intentar que o tio pagase unha multa polo menos ou algo. Tomou os meus datos e dixo que se me chamaban, era que conseguiran algo.
Independentemente da merda de xustiza que hai neste pais, me cago en todolos meus veciños, grandisimos cagons fillos de puta ós que tanto lles ten que manquen a alguen na rua. Por moito que eles crean, NON É NORMAL que peguen á xente. Oxala nunca se vexan apurados, porque teñen a certeza de que ninguen vai axudalos, por cagons e por cabrons. E me cago nos vellos que primeiro “vimos como tirou á rapaza ó chan” e logo “eu non sei se el a tirou ou non” para finalmente esvaecerse nun movemento de cortinas.
Como é posible que ninguen movese un dedo en toda a rua? Que coño lle pasa á xente? Mamons cobardes, iso é o que son.

Algun dia contarei o que aconteceu hai un par de anos. Inclue rapaza coa testa chea de sangue e musculitos con botas ostiando a cabeza da rapaza.

Saturday, October 21st, 2006

Ardid, preocupada por su propia experiencia, decidirá que por el bien de Gudú y del Reino, éste no debe conocer el amor: el hechicero deberá usar su magia para asegurar que Gudú pueda ser amado, pero nunca pueda amar a los demás.

Hmm ooh
I do not trust
So I can not love
(Uh can’t no man be trusted)
Oh no no no
And I will not dare
To open up
(This is dusted Arduina)

XD

Friday, October 20th, 2006


Thursday, October 19th, 2006

Hai unha exposicion nova no Museo de Belas Artes, chámase Nazón de Breogán, copio e pego da páxina do Museo:
A exposición “Nazón de Breogán” é un percorrido pola historia do país dende as súas orixes ata 1936, con motivo da conmemoración do 70 aniversario da celebración do plebiscito do Estatuto de 1936. A través dos seus paneis, a mostra propón “un xeito de soñar Galiza”. A exposición achega ademais ao espectador a unha realidade histórica moitas veces descoñecida, marcada pola cultura castrexa, o Reino de Galiza, ou personaxes coma Prisciliano, Xelmírez, Murguía ou Antón Vilar Ponte, que forman parte da nosa historia e da nosa realidade como pobo.

Semella interesante, a ver se me queda un oquiño mañá e me achego a vela.

Ando a buscar traballo dende hai un tempo, para as fins de semana, pero non sae nada. Xa esquencera a puta merda de mundo laboral que hai aqui.

Mañá na Repichoca hai un concerto dun rapaz de Lugo, Suso algo (non me lembro!). Penso que vai ser de violin, bodhran e guitarra. David, se les isto, é o teu profe o que da o concerto :)

Ando moi cansa ultimamente, e teño unha serie de preocupacions que estaria encantada de poñer aqui, pero xa non é un blog anonimo, asi que teñome que conformar con insinualo, jaja.

A semana que ven chega John, teño moitas ganas de coñecelo. E este sabado vén comer con nós a rapaza irlandesa que coñeceramos hai unhas semanas, co rollo do intercambio de linguas.

Teño moitas ganas de que pase un pouco o tempo. De que sexa xaneiro. Realmente gustariame que mañá fose xaneiro.

Velazquez en Londres

Wednesday, October 18th, 2006

Que envexaaaaa!
Encantame Velazquez.

Rudyard Kipling

Tuesday, October 17th, 2006

Si… ( poesía de Rudyard Kipling, quiteina dun foro)

Si guardas en tu puesto la cabeza tranquila,
cuando todo a tu lado es cabeza perdida,
Si tienes en ti mismo una fe que te niegan,
y no desprecias nunca las dudas que ellos tengan.

Si esperas en tu puesto, sin fatiga en la espera ;
si engañado, no engañas, si no buscas más odio,
que el odio que te tengan…

Si eres bueno, y no finges ser mejor de lo que eres ;
si al hablar no exageras lo que sabes y quieres.

Si sueñas, y los sueños no te hacen su esclavo ;
si piensas y rechazas lo que piensas en vano.
Si tropiezas el Triunfo, si llega tu Derrota,
y a los dos impostores les tratas de igual forma.

Si logras que se sepa la verdad que has hablado,
a pesar del sofisma del Orbe encanallado.
Si vuelves al comienzo de la obra perdida,
aunque esta obra sea la de toda tu vida.

Si arriesgas en un golpe y lleno de alegría
tus ganancias de siempre a la suerte de un día ;
y pierdes y te lanzas de nuevo a la pelea,
sin decir nada a nadie de lo que es y lo que era.

Si logras que tus nervios y el corazón te asistan,
aun después de su fuga de tu cuerpo en fatiga,
y se agarren contigo cuando no quede nada
porque tú lo deseas y lo quieres y mandas.

Si hablas con el pueblo, y guardas tu virtud,
Si marchas junto a Reyes con tu paso y tu luz.
Si nadie que te hiera, llega a hacerte la herida.

Si todos te reclaman y ni uno te precisa
Si llenas el minuto inolvidable y cierto,
de sesenta segundos que te lleven al cielo…

Todo lo de esta tierra será de tu dominio,
y mucho más aún : serás Hombre, ¡hijo mío !