Apertas gratis
Venres,29 Decembro, 2006 by
arduina
Este sábado, ás 6, na praza de Maria Pita Quen se apunta?
Escrito en Cousas inclasificables |
4 valentes »
Venres,29 Decembro, 2006 by
arduina
Este sábado, ás 6, na praza de Maria Pita Quen se apunta?
Escrito en Cousas inclasificables |
4 valentes »
Xoves,28 Decembro, 2006 by
arduina
A culpabilidade segue a estar presente, non lle hai que facer. Penso que foi inxusto pola miña parte acabar con todo tras 4 anos, e mais inxusto sentir o que sinto agora, coma se eses anos non foran nada, ainda que o foron. Pero se cadra foron unha transicion. Non podo evitar ser persoa.
O que sinto agora non é enamoramento, non é amor nin cariño. É respirar o aire que el respira. Camiñar perto do seu bar e pensar en cada movemento que el esta a facer, e de supeto descubrir que quedei parada na rúa cun sorriso idiota. Adicarlle cada cousa bonita, decatarme de que “Se envellecemos xuntos” con el ten senso.
O camareiro fai que sinta. Dame do seu aire, da súa comida e da súa bebida. Nunca foi tan bonito aniñar en alguén. Nunca pensei no futuro dun xeito tan inevitable. Querelo é coma respirar, natural e necesario. E non teño medo.
Compartimos gustos, sensacións, algunha tolería. Isto é importante. Ainda que tipico, a tipica trapallada escrita por unha rapariga nun blog. E eu digo, a min que carallo me importa? jaja
Dicía Tagore “Deixame só un pouco de min mesmo para que poida chamarte o meu todo.” Eu fago miñas as palabras de Tagore, e tamen as de Nach. Quero beber os cafés do meu camareiro toda a vida.
Escrito en Paranoias varias |
2 valentes »
Martes,26 Decembro, 2006 by
arduina
Nesta empresa non teño cesta de nadal con xamon. A cambio, hoxe veu un mensaxeiro con isto

Non merezo este traballo.
Escrito en Música |
7 valentes »
Martes,26 Decembro, 2006 by
arduina
Non pode ser que me guste tantísimo a musica. Acabo de bailar esta cancion na oficina. Estou enferma!
Escrito en Música |
3 valentes »
Sábado,23 Decembro, 2006 by
arduina
Non me gusta o nadal, pero como sei que a moita xente sí, digo iso de Bo Nadal
Marcho para a miña aldea ata o luns. Pasadeo ben, comede moito e todo iso que se di, jaja.
Escrito en Cousas inclasificables |
5 valentes »
Luns,18 Decembro, 2006 by
arduina
Definitivamente
Escrito en Música |
4 valentes »
Luns,18 Decembro, 2006 by
arduina
Ghanito explica no blogue todo o tema da xantanza de Nadal de Chuza. Apuntadevos
Escrito en Cousas inclasificables |
Ningun valente »
Luns,18 Decembro, 2006 by
arduina
Ea, hoxe poño aqui dúas fotos. Unha co meu mozo e outra co meu amigo irlandés. Así quedan presentados!
Cando chegue a Irlanda supoño que son caras que poñerei aqui a miúdo.
A que teño co mozo (é o moreno, por se había dúbidas, jaja) é na Repichoca a principios de semana, saio co pelo diante da cara, jaja.
Escrito en Paranoias varias |
1 valente »
Domingo,17 Decembro, 2006 by
arduina
J é o meu mozo. Hai cousas inevitables (inevitabeis como diria el). O sentimento de culpabilidade é grande, pero non o podo evitar, estou con quen quero estar dende hai moito tempo. Cal é o camiño para non ser o malo nunha relacion cando xa non sentes o mesmo pola tua parella? Hai un periodo de carencia cando esa relacion remata?
J é medio portugués e ten unha voz moi bonita. Coñecino ós 15 anos, e fun arrastrando certa atracción por el ó longo de todos estes anos.
Estou na fase parva e noxenta, na que non podo parar de falar del. Os dous marchamos para Dublin o ano que vén tamén.
Gustariame seguir escribindo pero o Google reader é un vehiculo do mal! (jaja, isto vai para un par de amigos).
A ver se fago unha foto con el e a poño por aqui. Quero presumir de mozo.
Escrito en Paranoias varias |
4 valentes »
Venres,15 Decembro, 2006 by
arduina
(…)
Ellas están huyendo de mi guarida oscura.
Todo lo llenas tú, todo lo llenas.
Antes que tú poblaron la soledad que ocupas,
y están acostumbradas más que tú a mi tristeza.
Ahora quiero que digan lo que quiero decirte
para que tú las oigas como quiero que me oigas.
El viento de la angustia aún las suele arrastrar.
Huracanes de sueños aún a veces las tumban.
Escuchas otras voces en mi voz dolorida.
Llanto de viejas bocas, sangre de viejas súplicas.
Ámame, compañera. No me abandones. Sígueme.
Sígueme, compañera, en esa ola de angustia.
Pero se van tiñendo con tu amor mis palabras.
Todo lo ocupas tú, todo lo ocupas.
(…)
Escrito en Paranoias varias |
Ningun valente »