Lovecraft é o meu escritor preferido, O Escritor. Indiscutible!
Atopei unhas tiras de cómic, unha en castelan e outra en ingles. A primeira trata sobre Lovecraft cando era cativo, está moi ben e é moi friki. Pero a segunda é máis friki ainda!
Xa está case todo en orde. A mudanza ainda non, quedan unhas poucas cousas por traer á casa de Jorge, o meu mozo. Coa leria do traballo faiseme moi dificil, porque eu xa non teño coche e teño que ir andando carretando con maletas e trapalladas varias.
O sabado teño que limpa-lo piso e mover os mobles, vai ser dificil. Ando algo agobiada con todo isto, porque o domingo temos que falar co caseiro e non é plato do meu gusto. Pero bueno, as cousas van ben! Ademais xa está posta a Fonera, que funciona de marabilla. E os nosos proxectos van collendo algún xeito.
Recupero Yatta! da miña memoria (e do youtube) porque esta é unha anotación positiva e leda, jaja. E podo dicir yatta!
Antes dabame igual, tiña Telefonica e a conexion estaba ó meu nome. Pero agora na nova casa terei R a nome doutra persoa, e non quero empapelar a ninguén. Sei que ya.com prohibe por contrato compartir a conexión, pero que pasa con R? É ilegal conectar unha Fonera a un cable de R e compartir a conexion? Alguén o sabe?
A SGAE denuncióu hai un tempo á frikipedia, que pretendia ser unha Wikipedia de humor. Tiña un artigo no que definia SGAE de xeito pouco respetuoso (como ben merecen, por certo).
Agora vexo en Bandaancha que o xuiz dictaminou que a SGAE e o Farre tiñan razon, e o rapaz que administraba a Frikipedia ten que pagarlles 400 e 200€ respectivamente. Supoño que o xuiz non sabe o que é o Wiki. Nin a LSSI.
A ver como sae a apelacion.
En fin, Marlo podeo dicir mellor ca min
Bueno, valor… Vou confesar.
Eurovision gustame moito Se cadra gustabame mais antes que agora, que hai musica moi artificial. Antes habia frikadas, e ainda sobrevive algunha. Iso é o que esta ben, sae o frikismo de cada pais á superficie
No 2000 gañara Fly on the wings of love, pero eu tiña un favorito e para que o vou negar, non me gustou que non gañara. E Fly on the wings of love non era tan boa…
Son unha Hortera. Velaqui o meu favorito.
Vin hoxe no xornal O quiquiriquí. Copio e pego da web:
O libro, de 64 páxinas incluirá fotos e textos que documentarán os diferentes movementos culturais e tradicionais do Nadal en Galicia.
O CD terá 12 cancións tradicionais e de recente composición e serán interpretadas por músicos e artistas do actual panorama musical galego. O CD terá ademáis unha pista interactiva en HTML con información imprimible (letras, partituras, documentación extra…) e xogos instructivos musicais en Flash (animación informática).
O DVD incluirá MAKING OF (ou “como se fixo…”), un documental, e un video clip promocional. A imaxen será en formato panorámico 16:9 e son envolvente (5.1).
Pareceme moi interesante, na web hai mais información.
Para os que gosten destas cousiñas, recomendo un disco que mercou a miña nai hai un tempo, chámase Cantigas de Nadal.
Quen non puido ir á convocatoria que houbo a nivel mundial en Decembro, ten outra oportunidade
Pego aqui un anaco da anotacion de Birnarem, na que se indica a data
O día 27 de xaneiro ás 19h no Obelisco reunirémonos tod*s, e a partir de ahí decidiremos probablemente repartirnos en pequenos grupos por diferentes zonas cercanas (ou non, dependerá de cantos sexamos). Acudide preferiblemente cun cartel (con ou sen mango) que diga “Apertas Gratis”, “Abrazos Gratis” ou lema similar que desexedes, a falta diso pódese apañar un folio ou unha cartulina.
Eu non sei ainda se poderei ir, pero ahi queda. Animadevos!