Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet O Recuncho » 2007 » Febreiro
O Recuncho

Intolerancia e burramia

Martes,27 Febreiro, 2007 by arduina

En Dos manzanas falan dun dos cancros deste pais.
A ver se hai sorte e afunde o chan ou algo asi.

Escrito en Cousas inclasificables | 1 valente »

Octopus jig

Martes,27 Febreiro, 2007 by arduina

Isto hai que velo mentras se poida, e hai que aplaudir ainda que esteamos no traballo. Mereceno.

Escrito en Música | 1 valente »

Concerto o 8 de marzo

Martes,27 Febreiro, 2007 by arduina

Aviso cun pouquiño de tempo :)
O dia 8 de marzo veñen os Guezos por fin á Coruña. Tocan no Forum Celticum, no Burgo.
Non sei a hora ainda nin como farei para ir ata ali. Se é algo cedo igual podo ir en bus e voltar en taxi, terei que miralo.
Teño ó meu mozo coaccionado para que veña conmigo, jaja, pero se alguen se apunta a vir con nós é benvido, por suposto! :)
A ver se ven Roi de visita polo blog e sabe o da hora :D Supoño que uns dias antes aparecera na web do Forum Celticum, pero sería bó ir sabendoo.

Engado: Roi veu e dixo:

Xoves 8 marzo 22:30 | Culleredo - FORUM CELTICUM | Avda. Acea de Ama, 16 baixo - 981 666 672

Pois xa está! :D Espero que sexamos moitos!

Escrito en Música | 5 valentes »

Tres anos

Luns,26 Febreiro, 2007 by arduina

O dia 21 este recuncho cumpliu tres anos. Dise rapido.
É tremendo ler de novo as anotacions que escribin enton.
Graciñas :D (de verdade, moitas gracias)
É bonito isto dos blogs :)

Escrito en Cousas inclasificables, Paranoias varias | 5 valentes »

Curiosidade

Domingo,25 Febreiro, 2007 by arduina

Atopei unha curiosidade desas que só me interesan a min, pero quen sabe…
Unha das cancions finalistas para ir a Eurovision (xa é publico que me gusta, jaja) lembrame a unha de Bollywood. Sobre todo a primeira parte. Ten un aire ou é cousa miña?



Non só na primeira melodia, senon no ritmiño. Vexoas moi parecidas, quitando toda a trapallada de efectos que ten a nosa.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Mono

Venres,23 Febreiro, 2007 by arduina

Teño mono do Tomb Raider. Levo más de dous meses sen xogar.
Agora xa non teño o sobremesa, e co teclado do portatil xogar a calquera cousa é complicado.
Vou mercar un teclado e uns bós altavoces. Hei pecharme na sala, a escuras, a xogar.
Ah, que mono.

Escrito en Videoxogos, informática... | 2 valentes »

…and I just stare at nowhere loosing time and kicking stones

Xoves,22 Febreiro, 2007 by arduina

Teño moitas ganas de marchar.
Estaba pensando en facer outro ciclo, gustabame o de linguaxe de signos. Pero custa un ollo, 200€ ó mes. E é de 16 a 21h.
Por un lado quero estudiar, polo outro non podo porque para estudiar preciso cartos e teño que traballar.

Tamen teño mirado un curso privado que ten moita sona, de deseño grafico. Faise a traves de internet. Pero vale mais de 2000 €.

Este traballo cada dia me gusta menos. É unha ganga, pero non me aporta nada. Nestes momentos aqui non teño nada que aprender. Só hay rutina.
Considerome unha persoa traballadora, e pareceme rara esta actitude. Erguerme para aturar.

Teño moitas ganas de marchar e comezar de novo noutro sitio :)
Ai, se fose rica, xa estaba todo solucionado!

Escrito en Paranoias varias | Ningun valente »

Alegria alegria

Luns,19 Febreiro, 2007 by arduina

O sol é tão bonito
Eu vou
Sem lenço, sem documento
Nada no bolso ou nas mãos
Eu quero seguir vivendo, amor
Eu vou
Por que não, por que não…


Escrito en Música | 2 valentes »

Volta ó traballo

Luns,19 Febreiro, 2007 by arduina

Estiven de baixa esta semana pasada, metida na cama e aburrida.
Hoxe volta ó choio. Como ultimamente teño tanto traballo, estou comezando a estar queimada. E non me gusta vir a traballar (pasaraseme nun tempo, cando a carga laboral disminua un pouco). Pero hoxe sintome algo aséptica :D
Traballar, traballar… O pobre do meu mozo si que vai traballar hoxe no bar. Pero en marzo xa remata :)

Escrito en Traballo | Ningun valente »

Roubaronme o paraugas

Sábado,17 Febreiro, 2007 by arduina

Pois iso, jaja.
Onte fun cear a un restaurante chino e chovia moito, asi que baixei o paraugas. Deixeino no paraugueiro, e cando rematei a cea, xa non estaba.
Pobriño paraugas.
Comenteillo ó chino, porque eles xa ían pechar e igual recollerano eles, pero dixeron que non e regalaronme un. Un paraugas de propaganda china! No chisme que se usa para recollelo, ese que leva velcro, ten algo escrito en kanjis e un numero de telefono. E se o abres, pola parte de dentro, xusto onde se xuntan as varillas hai un circulo con publicidade.
Mira que roubar un paraugas… Hai que ser moi patetico. Hei mercar un agora e devolverlle este á rapaza china.

Escrito en Paranoias varias | Ningun valente »

« Entradas anteriores