Anotacións do mes March, 2007

Wednesday, March 28th, 2007

Este sabado bailo en Montealto.
Non me gusta nada actuar, cando estaba no conservatorio sempre amañaba todo para non facelo. E segue sen gustarme, pero somos pouquiños e non é plan non ir.
Este sabado foi o ensaio xeral e vin a David, que tamen esta ali metido. Non sabia se era el, e si que era.
Eu sigo a bailar mal cando hai xente diante. Sei o baile ben, pero non son quen de facelo cando estan ollando para min.
Bailo unha pandeirada, e esta pendente unha muiñeira que non nos deu tempo de ensaiar, a ver se hai sorte e non toca!
Hoxe teño o ultimo ensaio antes do sabado. O que realmente me fai moita ilusion é poñer o traxe. Emprestamo unha rapaza, espero que me sirva, que son bastante grandona.
A miña tia Pili, a irmá da miña avoa, cando eu era cativa quixo coserme un traxe pero o tempo foi pasando e ó final nada. Agora os cartos non me dan. Dame igual que sexa emprestado, para min é un orgullo poñelo, igual que é un orgullo bailar o que bailaban os meus avós.
Oxala non me equivoque… Estou agochada pola parte de atras, pero veseme de carallo porque as miñas compañeiras de baile son baixiñas.
Que vergoña.

Novo disco de Guezos na Regueifa

Wednesday, March 28th, 2007

Guezos sacou novo disco, é unha especie recopilatorio con algunha cancion que non aparece nos dous discos anteriores.
Pódese descargar de balde dende A Regueifa
Copio e pego o que aparece alí:

Guezos creouse no ano 1999 e segue vivo a este lado do Miño. Moitas cousas pasaron nestes sete anos, xente que se uniu ó proxecto (e outros que nos deixaron), moitos quilómetros (inda que non tantos como teriamos desexado), uns cen concertos (e os que quedan por vir), dous discos (autoeditados e autofinanciados) e moitas horas de traballo, música e ilusións.
O traballo “99-06” recolle un resumo destes sete anos de experiencias coa banda e a xente que a rodea. Antes de continuar o noso camiño nos gostaría compartir estas 12 cancións con todo aquel que teña gañas de facelo, e uns poucos megas libres no disco duro.
Agardamos que as desfrutedes, e que haxa a partir deste 2007 máis música e moita festa, que é o motor que fai andar os corazóns e as pernas.

¡¡Saudos desde Terradentro!!
¡¡Viva o Folk sen Complexos!!

Parabéns! :D E a seguir asi por moitos anos!

Nada

Monday, March 26th, 2007

Pois iso, nada. Non teño nada que contar.
É moi curioso, dende hai un tempiño non teño cousas salientables que contar aqui. Teño isto moi abandoado.
Pero beno, sigo viva, e moi leda :)

Santiago

Monday, March 19th, 2007

Xa estou de volta :)
Cheguei o venres pola tarde, que bonito estaba Santiago.
Estiven no Libredon Barbantes outra vez, é un hostal que me gusta moito porque está perto do Obradoiro e non é nada caro para o que che da. Son duas casas reformadas. A da recepcion é o Libredon, a outra o Barbantes. A min sempre me toca o Barbantes :D
As habitacions son todas diferentes e preciosas. Hai unha no faiado na que pola fiestra ves só os tellados, pero son tellados antigos de diferentes alturas, alguns con fiestras, e ves un anaquiño da catedral tamen. Ten moito encanto.
O meu mozo estaba enfermo, asi que non saimos moito pero que ben o pasei. El estivo estudiando ali cinco anos e coñece Santiago ben. Levoume a unha pulpeira na praza da Porta do Camiño a comer zorza e chourizo, a unha pizzeria moi rica que se chamaba Pizza Polo ou algo asi e a un bar, o Coruña, onde comemos uns bocatas moi ricos.
Entramos nunha libreria, merquei unha guia de conversacion en portugues para ir aprendendo algo, e mentras paseabamos eu ia dando o coñazo, jaja, pero penso que a el lle prestaba :D
Fomos mercar licor cafe a un sitio que se chama O mosquito, atendeunos unha velliña moi graciosa. O plan era bebelo na rua pero tal e coma estaba o mozo tivemos que cancelalo. Levoume á Casa das Crechas por ser San Patricio (o Moore’s estaba ateigado e eu pasaba), e apañamos un sombreiro de Leprechaun.
O bonito de Santiago co meu mozo é que cando imos pola parte vella vaime explicando todo o que vemos. Estudiou Historia do Arte e conta cousas moi interesantes e curiosas.
Fun ata A Mouga a ver se tiñan zapatos de baile, pero os do meu numero xa eran planos, coma de home. Deume igual, asi que bailarei con zapato plano :D Tamen merquei unha pandeireta boa. Habia unhas moi bonitas, pintadas, pero eran mais caras, ademais esta vaima pintar o mozo e asi gustame mais :)
Santiago para min sempre ten cousas boas, sempre me deu boas lembranzas. E desta volta mais ainda. Teño ganas de voltar e de percorrer as rúas pola noite.
A ver se poño algunha foto.

Marcho!

Friday, March 16th, 2007

Marcho para Santiago esta fin de semana. O meu mozo esta ali dende o luns, hoxe vou eu e voltamos o domingo.
Tiña moitisimas ganas de pasar unha fin de semana en Santiago. Encantame esa cidade, sobre todo pola noite a parte vella, é preciosa. As casas semellan falar.
Asi que marcho xa, en 5 minutos.
Pero deixo un agasallo! Viva España!

Olvidame

Friday, March 16th, 2007

Onte vin unha nena duns 12 ou 13 anos cunha camiseta que puña (atención):

“Olvídame. No podrías mantenerme”.

Alucinante.

Quinto parpadeo

Friday, March 16th, 2007



Veño de ver este video, quedei a velo polos vellos. Esta moi divertido :D O grupo chamase Quinto parpadeo. Eu non entendo dese tipo de musica, pero a cancion non me desgusta. O video encantame! Sae un vello ó final cos brazos en alto, vestido de escuro, que me fai moita gracia.

Fredy Fevereiro na Artística

Thursday, March 15th, 2007

Fredy actúa este sabado día 17 de marzo na Coruña.
O sitio é La Artistica, está diante do Pazo de Congresos, onde está a ponte. A partires das 23:30.
Paga a pena, se a alguen lle gusta a boa musica brasileira, xa sabe onde ir o sabado :)

Zapatos de baile

Wednesday, March 14th, 2007

Ando buscando con urxencia uns zapatos de baile tradicional. Hai unha tendiña de zapatos en Panaderas que os vende, pero non teñen o meu numero, que é un 41 ou 42 dependendo do zapato.
Fun ata La Camelia, en San Andres, pero o mesmo. Ata dentro de 15 dias non lles chegan mais numeros.
En Elvira venden o traxe e as medias, pero non os zapatos. En Cántigas mandaronme a esta tenda de Panaderas. ¿alguen sabe onde podo mercar uns zapatos de baile? Ainda que non sexa na Coruña, esta fin de semana vouna pasar en Santiago, podo mirar ali tamen.

Edito: Xa mandei un e-mail a A Mouga, teñen zocas pero sei se teran zapatos. Sigo buscando :(

Avatar

Monday, March 12th, 2007

TheLastAirbender.jpgOnte pillei unha maratón de Avatar en Nickelodeon. Quedei enganchada ó primeiro episodio e vin penso que 7.
Están moi ben feitos, falan de catro tribus (aire, auga, terra e lume) e algúns habitantes poden dominar o elemento da tribu. O Avatar pode dominar os catro elementos e manten o equilibrio entre as tribus, pero hai 100 anos desapareceu e o Lume domina ás outras. Vamos, que o lume é o malo.
Dous rapaces da tribu da auga (unha deles é unha Mestra da auga) atopan un rapaciño (Aang) nun iceberg e conseguen liberdalo. O rapaz é o avatar, e teñen que viaxar ata o Polo Norte para que Aang poida dominar a auga, xa que él é un Mestre do aire e non sabe ainda controlar os poderes do Avatar.

Os debuxos están xeniais, e ata o venres non os botan! Teño moitas ganas de ter o emule outra vez para mirar se hai algun capitulo.
Atopei un weblog. Podese ver a estética da serie. É boisima.
Engado a ligazón á Wikipedia, que é moi completa.