Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet O Recuncho » 2007 » Abril
O Recuncho

Baile

Xoves,26 Abril, 2007 by arduina

Un par de imaxes da actuación do outro dia (saio gooooorda!). Tapo as imaxes dos meus compañeiros porque non os avisei de que as ia poñer aqui.

Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Escrito en Música | 1 valente »

Adeus, A Coruña

Luns,23 Abril, 2007 by arduina

Marchamos. Non para Dublin como tiña eu pensado, senon para Madrid. Polo de agora chega, Madrid é unha cidade que me encanta, e se as cousas non van ben ali sempre podemos marchar outra vez.
O meu mozo posiblemente marchará en xuño para atopar piso e traballo, e eu chegarei ali en xullo, é dicir, xa. Queda pouquiño tempo.
A finais de maio falarei cos meus xefes.
Estou moi leda e con moitas ganas de marchar, tamen estou moi moi nerviosa. Coñezo case mellor Dublin que Madrid, jaja.
Aproveitarei o pouquiño tempo que me queda aqui, e o dia antes de marchar irei a Maria Pita a adicarlle un bo corte de mangas ó concello (a miña compañeira de traballo adora A Coruña, non o entendo).
Botarei en falta os meus pais, os meus amigos e a Repi. Espero non perder o meu acento, estou moi orgullosa del.

Escrito en Paranoias varias, Traballo | 5 valentes »

Xuizo

Venres,20 Abril, 2007 by arduina

Onte tiven que ir de testemuña a un xuizo. Hai uns dias xa estaba nerviosa polo asunto, e cando cheguei ali vin que era a unica testemuña de todos os xuizos que se facian onte nesa sala. Tiña a esperanza de que o denunciante e o denunciado non viñesen, pero viñeron.
A cousa foi ben porque veu conmigo o meu mozo e asi estaba mais tranquila. E ali atopei á miña madriña tamen (é avogada) e quedouse ata que rematou o xuizo.
Chamaronme, entrei, interrogaronme (todo moi peliculeiro) diante dos tios. Foi gracioso porque logo o acusado dixo que “esta señorita non sei onde puido ver o que di que viu”. Condenarono a uns dias de arresto domiciliario e a pagar o xuizo. Pouca cousa.
O que me parece moi moi moi perigoso é que tanto eles coma min tiñamos copias da denuncia na que aparecian TODOS OS MEUS DATOS. Nome, nome dos meus pais, enderezo, dni, telefono, data de nacemento, lugar de nacemento… Ata o telefono! E eu non teño o telefono deles!
Seica para que non apareceran tiña que ter solicitado ser testemuña protexida, pero a policia non me informou dese dereito en ningun momento cando me pediron os datos.
É a puta hostia!

Escrito en Cousas inclasificables | 1 valente »

Atento

Martes,17 Abril, 2007 by arduina

Non dixen nada porque me pareceu evidente, pero prefiro que quede escrito.
Dende aqui, todo o meu apoio ós meus antigos compañeiros de Atento.
Dame moita mágoa esta situacion. Lembro que cando estiven eu xa habia movida e o xerifalte dixera nunha reunión “Nadie juega con el pan de mis hijos”. Non, co dos teus non, pero co dos demais sen problema, verdade?

Ánimo a tod@s.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Rodando

Luns,16 Abril, 2007 by arduina

Ultimamente as cousas van ben.
Penso na cantidade de cousas que pasaron estes meses e vexoas todas coma moi lonxanas. Refirome ó do piso compartido e a eses meses terribles (agora doume conta de como eran). Sigo sentindome mal polo que pasou en setembro e outubro, manquei a non tiña que mancar e penso que, ainda que pareza que non, os que facemos coma min pasamolo peor do que algunhas persoas cren, ainda agora se me poño a lembrar iso, é inevitable que chore.
Pero pasou e é algo que aceptei.
Agora, sempre co apoio do meu mozo (ainda que non saiba que é gracias a el) vivo mais despreocupada para con todo, e a cousa funciona. Non quero dar explicacions, nin sentirme culpable por seguir o meu camiño. Por vez primeira, as miñas metas e a miña vida son miñas. As cousas van ben asi.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Xa teño compañeira

Mércores,11 Abril, 2007 by arduina

Onte comezou a nova compañeira que elixiron os meus xefes. Estou leda, a rapaza é moi agradable.
Boto en falta estar soa, pero a ela tamen lle vai iso de ver pelis mentras traballamos, asi que a cousa levase ben :D

Esta semana estou soiña. O meu mozo marchou a Madrid para ver que atopa por ali artisticamente falando. Hoxe xa vou xantar cos meus pais, a verdade é que ainda que xa o boto de menos, aproveitarei para xogar e facer cousas ó meu aire.

Escrito en Cousas inclasificables, Traballo | Ningun valente »

Así

Venres,6 Abril, 2007 by arduina

me gusta a mi :D

Escrito en Música | Ningun valente »

Mércores,4 Abril, 2007 by arduina

O baile estivo ben. E o traxe era incomodisimo! Espero ter fotos para a vindeira semana.
Ainda que estivo ben, segue sen gustarme bailar en publico :D

Estou moi feliz ultimamente. E agardando a viaxe a Irlanda, pero depende da exposicion do meu mozo. Para min é mais doado que antes o estar aqui, pero cada dia que pasa custame mais. Teño ganas de que expoña e marchar. Moitisimas. Devezo por marchar! jaja.

Escrito en Cousas inclasificables | 3 valentes »