Sábado,14 Xullo, 2007 by
arduina
Un par de cousas das que me enteirei. A primeira, ven Adamo a da un concerto a Madrid
E a segunda, a Warner vai facer unha peli da miña saga favorita de fantasia epica, Shannara. Comezara coas pedras elficas de Shannara, que da a casualidade que é o meu preferido.
Hai uns anos merquei a coleccion completa chegando a encargar libros fóra, e agora case a regalan nas tendas de segunda man. Os fans do Señor dos Aneis teñena por unha serie malisima, pero é que a min me encanta.
As pedras elficas fala de Ellcrys, unha arbore que manten os muros da prohibicion en pe. Alen deles, os demos tentan traspasalo. De supeto, Ellcrys comeza a morrer. E o muro a caer. E claro, hai que facer algo. A historia conta como duas personaxes (é que non me gusta contar detalles) teñen que facer algo para que Ellcrys reviva. Pero estaos a seguir a Segadora, un demo do carallo co que cando era mais nova tremia que daba gloria verme, jaja.
A Saga de Shannara esta xenial, segue a linaxe da familia Ohmsford e doutras familias que se relacionan con eles. Lembro os Leah e os Cesta.
Hai tempo que lin a saga, cando volte a Coruña heina traer para aqui. Timun Mas portouse de pena, publicaba cada libro en dous tomos, e da precuela só publicou a primeira parte.
Terry brooks escribiu unha morea de historias non só sobre Shannara. Se a alguén lle interesa http://www.terrybrooks.net/. Xa me estou poñendo nerviosa porque vexo que ten un libro novo.
Sobre Shannara, tamen se fixo un videoxogo.
Escrito en Cousas inclasificables, Libros, literatura, letras... |
Ningun valente »