El Círculo del Crepúsculo
Venres,24 Agosto, 2007 by
arduina
Hai un mes comecei a ler esta colección de catro libros chamada El Círculo del Crepúsculo, publicados por Ediciones B dentro da colección La Escritura Desatada. Dentro desa coleccion tamen estan os libros de La Materia Oscura, asi que collin o primeiro, “El niño del siglo”.
Este primeiro libro introducenos na longuisima historia do neno do século, partindo doutro neno que escoita agochado cómo un grupo de homes conspiran para sementar o odio entre a xente e asi destruir á humanidade. Cada un dos membros desta especie de clube ten un anel, que lle outorga centos de anos de vida. O lider, Lord Belial, é ademais axudado por Negromanus, a sua sombra.
Non podo contar moito mais sen desvelar a trama. Só engadir que repasa toda a historia e os grandes acontecementos ó longo do século XX das mans do seu protagonista, que é tamén coñecedor do plan para destruir á humanidade.
Son catro libros densos, cunha morea de datos, pero é un pracer lelos. É sobre todo divertido ver cómo o autor, Ralf Isau, fai que personaxes coma Rubinstein, Tolkien, Hitler, Einstein ou Kennedy (e poderia dar mais nomes) formen parte da novela, cos seus dialogos, sendo amigos ou inimigos do protagonista, que, por certo, percorre o mundo dende Xapon ata Guatemala pasando por unha chea de paises.
Antonte rematei o cuarto e ultimo libro, El fuego ultraterreno. Cando lin a derradeira páxina e vin que xa non habia mais letras, sentin moitisima magoa e saudade. Queria mais, queria falar co protagonista. As personaxes estan tan ben feitas que é doado adiviñar como seria unha conversa con elas.
Boto en falta ó protagonista e a súa loita, e boto en falta ese estilo marabilloso de escribir que ten Ralf Isau.
Habia ben tempo que non podia escribir iso de Obra Mestra. É unha novela adulta e cruel vestida de novela xuvenil. Unha marabilla, de verdade.
Escrito en Libros, literatura, letras... |
Ningun valente »