Jorge e mais eu queriamos ter un pisiño en Lavapiés, pero por circunstancias ó final vivimos en Embajadores. Xa temos medio decidido que nos mudaremos o ano que vén. Mentres, sempre que podemos imos por alí.
Lavapiés é marabilloso, os españois de orixe española coma min, somos minoria. Todo esta cheo de arabes e hindues, é precioso. Hai un Carrefour Exprés, que é enorme, e hai tamen milleiros de colmados hindúes, árabes e latinos. Hai opticas, zapaterias, bazares de electrónica, unha UNED, anticuarios, tendas de saris, e un cento de restaurantes.
Hoxe achegueime ata ali porque queria facer curry para cear, e de paso curioseaba un pouco. Nun sitio merquei dúas cenorias (teñen unhas verduras moi boas case sempre) e unha especie de fideos que se toman en plan patacas fritidas.
Logo entrei noutro sitio atendido por un marroquí e un hindú, foi moi divertido. Merquei comida rápida hindú, que consiste nun envase con polo e salsa dentro. Metese no microondas e xa está. Mola porque para comer estas cousas normalmente iría a un restaurante, pero aqui en Madrid non é necesario.
Merquei tamén pan de pita e cilantro, unha especia algo complicada de atopar en calqueira lado agás en Lavapiés.
O marroquí non sabia empregar a calculadora, foi moi gracioso porque o pan de pita custaba 0,80 e el marcaba 80. E saianos unha conta de 85 euros. Estivo un anaquiño tentando sumar todo ben, ata que veu o hindu e me cobrou.
Logo fun ata o Carrefour ese, e merquei unha pizza, patacas fritidas, chocolate e mollo de soia. Quedei abraiada pola cantidade de mollos que tiñan, tiñan ata un doce, feito de mango, para ensaladas e bocadillos. Tamen habia unha estanteria chea de productos latinos. Nós xa somos adictos ó platano fritido, que sabe case igual que as patacas.
E nada, paguei e viñen para a miña casa, e metin na despensa pan de pita, cilantro, polo hindú para o microondas, os fideos raros, duas cenorias, pizza, patacas fritidas e chocolate. Gustoume moito pensar na oportunidade de poder comer estas cousas ricas.
Hai un par de semanas quedei cun rapaz á saída do metro de Lavapiés. Habia alí un banco cheo de xente, pero un par de señores marcharon e quedou só unha muller arabe, coa cabeza cuberta e a tunica esa que levan (non lle sei o nome), co seu bebe. Achegueime e coma non sabia se eses señores andaban por ali, pregunteille se o sitio estaba libre. Dixo que si, e ali sentei mentres agardaba. Estiven facendo o parvo co bebe, que bonitiño era, e a señora sorria.
Pareceume moi moi bonito estar ali.
É por todo isto que non comprendo a eses vellos fachas que tanto abundan por Madrid (e pola Coruña) e que falan de invasións e cousas parecidas. É precioso chegar a un barrio e enriquecerse de todo o que trae a xente de fóra. Non todo é bó, pero é que o que nós ofrecemos tampouco é bó sempre. Agradezo sair da casa e dicirlles hola ós meus veciños latinoamericanos, e chegar abaixo e saudar a outro veciño vello, madrileño de toda a vida.
Ata que cheguei aqui non sabia o bonito que podia chegar a ser convivir con xente de culturas tan dispares.
E bueno, todo isto é Lavapiés
Encantame.