Pois si que se esgota rapido o trafico do blogue!
Penso que pode ser pola radio da dereita, se este mes se volve esgotar heina quitar.
Hai unha semana estiven na Coruña celebrando o meu cumpleanos e foi moi divertido. Xa non me sinto atada a Coruña, polo que vivin esa fin de semana con moita naturalidade e paseino de medo, gustoume ver ós vellos amigos e comprobar que estes meses en Madrid me fixeron unha persona moito menos amargada e mais sociable. Decateime cando estiven ali.
Foi xenial ver á miña nai e ó meu avó, pobriño. Fun co meu mozo e o meu avo tomouno ben, estiveron falando moito, eu penso que lle gusta e me alegro.
Trouxemos unha botella de licor cafe e xa esta esgotadiña, ai, unha semana durou. A mencionar a revista de Easyjet, na que recomendaban A Repichoca coma local en Coruña, local no que se escoita musica dos 60 e dos 70, e no que os venres hai sesions folk XD
Aqui todo segue igual pero mellor, e iso é bó! Agora compartimos piso tamén cun amigo do meu mozo, a min encantame porque é unha novidade e ademais ven ben cambiar de aires de cando en vez.
Stalin esta maliño. Fun ó veterinario a ver que tiña no ollo dereito, e seica non sabe determinar se é un bulto chungo ou unha ferida enquistada por unha rifa cando estaba cos seus irmaos na gaiola da tenda. No outro ollo tamen tiña irritacion, e ten unha infeccion pola parte de dentro do parpado que da moita magoa. Estoulle a botar un colirio, a veterinaria dixo que con tres meses que ten non o podemos operar do bulto do ollo, que a ver se lle mellora co colirio. A verdade é que estou por ir a outro lado, porque os ollos non lle melloran e eu penso que ve peor, ademais as gotas que me deu pon que son para cans e gatos, e non sei… Igual estou emparanoiandome soa.
Tamen ten mal cicatrizado o embigo, teñolle que dar con Betadine. Estiven a un tris de ir ata a tenda a pegar un par de berros, e de chamar á rapaza que no lo deu a pegarlle outro tanto, pobre Stalin.
O traballo segue a ser unha merda. Mandei un curriculum a Google para unha oferta de administrarivo. Dende que estou coa teima de marchar a Dublin ando medio obsesionada con traballar para Google, jaja, e como aqui esta a sede española decidin intentalo. Axudoume a traducir o curriculum unha amiga escocesa que escachaba coa risa co fluent english que pedian, porque eu ando algo verde, jaja.
Estou moi nerviosa, oxala me chamen. É a primeira carta de presentacion que mando, sempre me pareceu unha trangallada ter que escribila, pero queria contarlle a esta xente por que quero cambiar de traballo e por que quero traballar con eles. Ata soño que me entrevistan! En fin, que ando nerviosisima con esto de Google.
Fun á perruqueria
A unha pequeniña que hai a carón do meu portal, levaa un rapaz brasileño moi agradable, esta cheiña de xente de fóra. A min dabame cousa porque hai sitios nos que entras e se es español mirante un pouco raro (porque non é o habitual, non por outra cousa) pero nada, sen problema. Cobroume pouquiño e sain leda.
E nada, non hai mais novidades. Ando algo arrefriada, e en 15 dias estarei en Francia, que marcho de vacacions (vou a Holanda tamen, jeje).
Penso que todo é unha boa sinal, estou leda e me vou adaptando a todo, xa teño amigos (o sabado fun cear ó Boñar de Leon, esa é outra historia) que me chaman para quedar de cando en vez e ainda que as cousas entre Jorge e mais eu andan un pouco dificiles, somos bastante felices, que é o que importa!