Dende hai un par de meses fumo tabaco de liar, gustame moito o sabor e na miña opinion non resulta apenas adictivo. Cando fumaba o tabaco normal acababa o cigarro un pouco nerviosa de mais e con ganas doutro.
Co tabaco de liar non teño ese problema. Fumo só cando me apetece, e non teño mono ningun. Ademais da pe a moitas situacions raras. A xente pola rúa non concibe que alguén fume de liar. Só ve porros, jaja.
Un dia en Gran Via estaba agardando polo meu mozo e facia un vento do carallo, asi que me puxen de cara á parede para liar un e que non voase. Algunhas persoas miraban para min con cara sospeitosa. Logo fun tan pancha pola rua, e coincidiu que habia un estreo e estaba cheo de polis, e eu pasei diante deles, non sen ter que sentir as olladas escrutadoras.
Outra ocasion que lembro con gracia foi un dia que quedei cunha amiga en Fuencarral, e decidin ir en metro ata Sol e dar un paseiño ata ali, asi via as novidades na Fnac. Como non me gusta demasiado facer cigarros mentras camiño, fixen un na casa para o paseo. Cheguei a Sol, fun á Fnac e á saida quedei a mirar o escaparate e decidin acender o meu cigarriño. E isto é veridico, un grupo de señoras ollaron para min e marmuraron, e logo decateime de que tiña dous policias detras. Non sei por que me fan sentir como unha criminal, a verdade. Suponse que é bastante mais probable ver a alguen con tabaco de liar en pleno centro que a alguen fumando un porro.
O meu mozo contoume que a poli ás veces dalle por confiscar o paquete, por se mesturas hachis ou marihuana co tabaco. Eu polo de agora non tiven problemas, e ás veces sintome como unha provocadora cando a miña intencion é estar tranquiliña e non provocar nada.
Aproveito para contar outra cousa que me pasou o sabado.
Os que me coñecen xa saben que vivo no meu mundo e non me entero da meirande parte das cousas que pasan ó meu redor.
O sabado quedei cunha amiga en Callao para ir tomar algo. Fun ata Sol. Cando sain do vagon do metro e fun cara a saida, vin a dous antidisturbios cacheando a uns punkis. Eu tirei para fora, subin as escaleiras e atopeime cunha avalancha de fotografos, camaras de television e antidisturbios, pero AVALANCHA eh?. Foi agobiante porque queria sair dali e por mor desta xente non podia. E enton un antidisturbios agarroume polo brazo e me dixo “non marche, ten que identificarse”. E me mete nun grupo de xente con estetica algo “diferente” que logo descubrin que ian manifestarse, por iso tanto rebumbio. Habia outro antidisturbios escribindo o nome, apelidos e DNI de toda esta xente, eu estaba cabreada porque non fixera nada e non queria que me tomasen datos nin hostias, son unha persoa corrente que vai dar unha volta. A min me meteron cos manifestantes, pero a outra xente que saia do metro a deixaron marchar sen problemas. ¿Que é o que me fai sospeitosa? ¿Baixo que criterio me meten ali? Entendo que é o seu traballo, pero non me gusta non ter dereito á replica.
Eu seguia buscando unha saida para escaquearme, e un antidisturbios con mais criterio me dixo “veña por aqui” e me fixo un caminiño ata a saida. Nin tomaron datos nin nada, eu din as gracias e apurei o paso ata Callao, onde me reunin coa miña amiga, que flipaba.
Logo lin nos xornais que Sol estaba sen xente, que fora un fracaso de manifestacion… Pois non sei o que entenden por estar sen xente, pero ali non cabia un alfinete. Se logo se dispersaron ou non, non teño nin idea, medo metia dabondo. Ese dia o centro era un estado policial!
, habia ata un helicoptero dando voltas e vixiando. E na Plaza Mayor habia unha chea de suecos borrachos, por mor do partido contra España dese dia. Unha tolemia. Marchei para casa cedo, e agora tento ler o xornal todolos dias. Estou na berza.