Anotacións do mes December, 2007

Máis nervios!

Friday, December 28th, 2007

Hoxe teño unha entrevista de traballo!

Nervios!

Wednesday, December 26th, 2007

Estou na oficina. O meu xefe virá nuns minutos. Vou deixa-lo traballo, xa falei con eles hai un mes por este tema, e hoxe será oficial.
Estou MOI nerviosa. Ó entrar aqui viñeron unha chea de lembranzas, ó cabo estiven traballando aqui tres anos. Viñeron sobre todo boas lembranzas, as malas coido que comezaron cando marchei a Madrid.
Teñolle moito cariño a esta empresa, naceu e medrou conmigo, e ainda que son só unha empregada, non o podo evitar, sintoa miña en parte. A ver que tal me vai.
Isto do directo é a hostia! jaja

Bueno, feito. Son libre :)
A cousa foi xenial, as portas quedaron abertas e ademais ofreceronme moitas posibilidades. Xa estou buscando traballo!

Wednesday, December 26th, 2007

Estou na casa dos meus pais. Pola tarde irei á oficina a falar cos meus xefes supongo, pero agora traballo dende aqui.
Estes días estan sendo moi raros. Botaba moito en falta ós meus pais e ó meu avó.
Dame moita magoa, meus pais marcharon de Lugo polo mesmo motivo que marchei eu a Madrid, e me din que non teño por que vir, que a eles tamen lles custaba moito ir a Lugo. Pero a min non me importa, tiña moitas ganas de velos.
E agora teño morriña adiantada. A casa está moi limpa, a ducha funciona ben, durmo xenial na miña cama…
Mañá vou estar moi triste cando vaia ó aeroporto. É moi dificil pensar que para poder vivir mais ou menos feliz tes que estar lonxe da xente que queres.
Logo penso na xente que esta moito peor ca min, a que non pode coller un avion e nunha hora estar na sua casa, e a cousa se me pasa un pouco.
Vin a meus pais velliños. Con teimas e cousas de vellos. E dame medo de que lle pase algo a meu avó ou a meu pai e que eu estea lonxe.
En fin. Supoño que cando viñen en setembro non tiven tanta morriña porque durmin na casa do meu mozo. Pero estes dias estou aqui, e é diferente. No fondo son unha cativa.

Monday, December 24th, 2007

En catro horas erguereime e collerei o metro para ir ata Barajas. En teoria ás 12:05 chego a Alvedro :)
Coma os turróns, volvo a casa :D
O 27 xa estarei de volta. A verdade é que estou moi nerviosa, sempre me poño nerviosa cando vou coller un avion.

Sunday, December 23rd, 2007

Atopei o blog da moza actual dun ex-mozo meu. Hai xa 6 ou 7 anos que o deixamos. Foi unha relacion bonita, eu tiña 17 anos e el 22. Era moi cria, e el o primeiro mozo serio que tiña. Eramos veciños tamen, el vivia unhas casas mais arriba da miña.
Pasabamolo moi ben, ainda que eu estaba algo amolada porque non traballaba nin tiña intencion de facelo, vivia dos pais. Animeino un pouquiño e sacou un ciclo formativo, e comezou a traballar.
As cousas foron moi ben ata que apareceron polo medio os seus amigos. Sen coñecerme nen darme oportunidade algunha, decidiron que eu non lles caia ben porque era moi cativa. Se habia unha festa e eu ia, non disimulaban nadiña.
Eu falaba co meu mozo e el dicia que os seus amigos eran intocables. Cousas de rapaces, supoño. Eu tampouco tiña madurez dabondo como para reaccionar.
Despois as miñas amigas os coñeceron, e entre lios e lios, estabamos el e mais eu no medio. Non era agradable. Pero cando eu ia á súa casa todo pasaba, estabamos só nos os dous, e pasabamolo xenial.
Esta relacion pilloume nunha etapa complicada. Os meus pais non me deixaban sair, non me deixaban facer nada (se cadra por iso agora valoro tantisimo a liberdade e a independencia, e foi por iso polo que fixen unha FP. Queria vivir por min mesma pronto.), era algo bastante esaxerado.
Cando nos despediamos, todo se voltaba escuro e ala ia eu, á miña casa, a encerrarme ali, a sentirme vixiada… Iso facia que cando estaba con el todo parecese mais marabilloso.
Queriamonos moito, a verdade. Entendiamonos xenial. Pero el seguia na casa dos pais, coma se estivese atado. Cando el falaba de marchar, a nai dicia que a ver que facia ela sen o seu pequeno na casa. Eu tiña aspiracions e ganas de facer cousas, el conformabase con que lle fixeran a comida todolos dias. Un dia chamoume amargada.
A cousa puxose tensa, e decidin deixalo. Ata tres veces. Foi moi dificil, el era a unica liberdade que tiña fora da casa.

E atopei este blog e comecei a lembrar. A rapaza fala das viaxes que fan, é bastante simpática :) Fala de que mercou unha casa, e de que el esta moi ledo. Eu tamen estou leda de que lle vaia ben, porque ainda que el me odiase e nunca mais falase con el, compartin con el moitas cousas boas. Pero non podo evitar que me amole un pouco ver o ben que a tratan os amigos del, cando a min me fixeron bastantes putadas (a min e a unha amiga). E vexo tanta viaxe, e a casa nova, e penso no que tivera pasado de non deixalo. Non ten moito senso, pero é que de súpeto apareceron todas estas lembranzas do pasado, e resulta que hai un presente que eu coñezo tras 6 anos: non podo evitar estar abraiada.

¿Que sera o que ela sabe de min? Se cadra nada, ou se cadra el contou o mala que fun, que o deixei tres veces, que non queria estar cos seus amigos…

Todo isto fixo que pensase unha cousa que me dixo o meu mozo a semana pasada. Eu estaba organizando unha xuntanza para ir ó cine e estaba sacando as entradas. El preguntou que por que as sacaba eu, se podiamos ir todos á taquilla. E logo riu un pouco e dixo que tiña tanta ansia porque a xente estivese ben, que ás veces esquencia tomar as cousas con calma.

Que a xente estea ben e se sinta feliz é algo que me obsesiona bastante. Non o digo con falsa modestia, non quero que se me entenda mal, pero é asi. Debido ó xeito en que crecin, é algo que non podo evitar. Lembro a unha profesora de BUP dicindo que tiña que ser un pouco “zorrita” (textual).
E iso se aplica ós mozos, desgraciadamente.
Busco que todo vaia ben, e aguanto as malas rachas. Con este primeiro mozo foi o que pasou. Pensei que non tiñamos futuro, e que el sufriria menos se o deixabamos. Pero saiu o egoismo, e volvin con el duas veces mais. Saiu como tiña que sair: mal. Sí, el non o pasou ben, non quero pensar o que significa que alguen a quen queres te deixe. Pero para min non foi nada facil. Por un lado, estaba o sentimento de ser unha filla de puta. Polo outro, sentiame moi soa. E o terceiro lado é o que ven de extra conmigo: a obsesion de que unha persoa non se sinta mal. O caso é que eu fora a culpable diso! E ahi habia un dilema: se volvia con el, malo. Se non volvia, malo.

Pasou o mesmo co meu ultimo mozo. Un ano e pico despois de deixalo, sigo lembrando con claridade a súa reaccion e cada unha das suas palabras, e me sigo sentindo fatal. Non ten senso, hai que mirar cara adiante, pero bueno, é o que teño. Manquei a quen mais queria, provoquei que unha persoa se sentise mal. Hai meses que non falo con el, gustariame saber como lle vai a vida, pero non teño ese dereito. É algo que manca moito.

E supoño que pasara con el o mesmo que co meu primeiro mozo. Vira outra rapaza e sabera a sua historia. O tempo pasara, e nel quedaran eses catro anos xuntos. Non sabera o moito que o queria, nin que gracias a el superei a depresion tan terrible pola que pasei. Tampouco sabera que gardo as nosas conversas polo messenger de cando eramos só amigos, nin que me ensinou a disfutar da vida que habia fora da miña casa, nin canto boto en falta esas partidas ó Project Zero mentras el me chamaba cagona, nin cando iamos comer un perrito ó New Burger.

Do meu primeiro mozo lembro as apertas de animo antes de ir para a casa, das promesas de excursións ó dia seguinte, de cando sacou o carnet de conducir e me levaba en coche pola cidade, de cómo me ensinaba a montar e arranxar ordenadores, das galletas de chocolate que me mercaba, do seu enorme sentido do humor que tanto me facia rir, do apoio que supuña sempre que discutia cos meus pais, de como me ensinou a querer sen desconfiar…

Supoño que eles pensaran que non significaron nada para min. E todo isto é un tema do que os ex non deben falar, polo que así quedará.

E nada, en todo isto me fixo pensar o blog da rapaza. Só podo agradecer os anos que pasei con eles, e que me fixeron quen son. E son unha persoa feliz, con moi boas lembranzas e con moito cariño recibido. Xa que non llo podo dicir a eles, polo menos que conste :)

Sunday, December 23rd, 2007

Sei que non é normal pero ODIO a Sylar. Odioo moitisimo, se o tivese diante darialle unha malleira enorme! Pero é que o odio moito eh? Dame ata noxo, esa cara de imbecil presuntuoso que ten…

(Veño de ver 11 capitulos de Heroes en dous dias, estou en plena maraton de series aproveitando que estou soa na casa)

Puto Sylar!

Friday, December 21st, 2007



Non teño palabras. En fin, boas festas e todo iso :)

Wednesday, December 19th, 2007

Dia terrible o de onte…
Hai uns dous anos un rapaz fixo unha trastada gorda ou delito, e borrou unha cousa dun servidor. Eu restaureina, e a persoa dona do servidor denunciou.
O xuizo foi en Bilbao e ala me citaron, cos gastos da viaxe pagados, pero con toda a leria que implica este tema, xa que fun tamen como perxudicada porque non cobrei por restaurar nada, fixeno como favor.
Xa ampliarei o tema nunhas horas, que teño que marchar. Pero ten leria o asunto. Retrasos de avion, xuizo MOI desagradable, burlas por parte do rapaz e da nai do rapaz, o problema de que despois non se me querian pagar os gastos da viaxe (uns 300 euros que tiven que pagar eu)… Tela.
Vaia merda de xustiza que temos, desgraciadamente non é un tópico. Citar a alguén cunha semana de antelacion por mor dunha folga de funcionarios que non permitiu avisar antes, facerme perder un dia de traballo e logo dicir que non me pagan nada… en fin.

Tomb Raider Underworld

Sunday, December 16th, 2007

Pasando o tempo, atopei esta nova.
Lin mais cousiñas pola rede, seica vai ser unha continuación do Tomb Raider Legend, o que me pon moi leda. Encantoume o Legend, cheiraba a Tomb Raider por todas partes, a única pega que lle vin foi a duración, que é escasa. Pero disfrutei moitisimo co Legend, non podo agardar a que saia o novo!!!

O teatro

Sunday, December 16th, 2007

O venres fomos ver La mujer de negro ó teatro Infanta Isabel, en Chueca. Eu tiña moitas ganas, lera moi boas criticas e o argumento era interesante: Un procudador ten que ir á mansión dunha muller recen falecida, onde vivia soa e illada. Polo pobo hai rumores sobre a mansion e sobre unha arrepiante muller de negro que se aparece…
Nunca fora ó teatro antes, só unha vez hai uns 10 anos a ver unha obra que nin me gustou nin entendin. A experiencia non foi boa. Pero o do venres foi un antes e un despois. Estou completamente fascinada co teatro.
Nesta obra hai unicamente dous actores, Emilio Gutiérrez Caba e Jorge de Juan. O mobiliario, tres cadeiras e un arcon de madeira. E non fai falla mais.
Ó comezo da obra non conseguia meterme nela, estou moi afeita ó cine. Pero pouco a pouco entrei na obra. O arcon non era tal, era un coche de cabalos, e eu via ese coche de cabalos. Era unha cama, eu via a cama. Os actores intercambiaban personaxes, e o facian tan tan ben, que sempre se sabia quen era quen. Podias imaxinar ese pobo de Inglaterra, e a mansión, e o terror do protagonista.
Sain abraiada. Foi unha experiencia xenial ver a uns metros da miña cara ós actores interpretando, só eles, sen efectos especiais nin cortes, toda a obra de corrido. Marabilloso.
Coido que dentro de pouquiño rematan de representala. Se alguen ven a Madrid, que non a perda.