Anotacións do mes January, 2008

Novo obxectivo sexual

Monday, January 21st, 2008

JEJE
Ainda terán que pasar uns meses para que todo volte a ser normal. Para entón, teño un obxectivo sexual preparado, que compartirei con todo dios porque quen sabe, igual lle vale a alguén.
Percorrer o mundo a base de sexo! Hale hale, que deixei os pelos da lingua na maleta do meu ex.

Xa levo dous nacionalidades, española e portuguesa. Decidin que a seguinte sería a escocesa. Quero un escoces alto, guapeton e que fale gaélico. Peludo tamén :D

Pensei nun sistema para os periodos de sequia ou de dificil procura: O comodin dos idiomas. Por exemplo, dous españois que falen alemán contarían como un alemán provisional.

E que a xente pense o que queira. Merézoo, carallo! :D


you think I’d crumble
you think I’d lay down and die
Oh no, not I
I will survive
as long as i know how to love
I know I will stay alive
I’ve got all my life to live
I’ve got all my love to give
and I’ll survive
I will survive

Friday, January 18th, 2008

Solteira e fan de eurovisión…
Estaba claro :D


Friday, January 18th, 2008


Pero que letra!

Que te vaya bonito,
mis mejores deseos
que en la vida recojas
lo que siembres este bueno
Que te vaya bonito
que no te vaya mal
y que el tiempo te deje donde tengas que estar
quisiste ser universal eclipsando mil sueños
que Dios te proteja en la celda de tu soledad
yo me voy a plantar al campo
o la orilla la marea
deseo que todo te vaya de vicio
yo me voy ahí te quedas
me voy a vivir tranquila
sin pausa pero sin prisa
deseo que todo te vaya de lujo
no espero visita
así que no vayas
que pa´ ti no estoy
yo pa´ ti no estoy
Salud, amor y fortuna
me llevo todo en orden
salud pa´ ver
amor pa´ hacer
fortuna pa´ olvidar tu nombre
me marcho con las lunas
donde el sol no se esconde
el me abriga del invierno
y ella enciende mis noches
y tu quisiste ser universal eclipsando mil sueños
que Dios te proteja en la celda de tu soledad
yo me voy a plantar al campo
o la orilla la marea
deseo que todo te vaya de vicio
yo me voy ahí te quedas
me voy a vivir tranquila
sin pausa pero sin prisa
deseo que todo te vaya de lujo
no espero visita
así que no estoy
que me voy a plantar al campo
o la orilla de la marea
deseo que todo te vaya de vicio
yo me voy ahí te quedas
me voy a vivir tranquila
sin pausa pero sin prisa
deseo que todo te vaya de lujo
no espero visita
así que no vayas
que pa´ ti no estoy
yo pa´ ti no estoy
pa´ ti no estoy
(yo pa´ ti no estoy
pa´ ti no estoy)
te dejo todo aquello que me diste
me llevo todo lo que di que no quisiste
me voy contenta no tengo mas que darte
me llevo todo lo que di que no cuidaste
yo pa´ ti no estoy
pa´ ti no estoy
yo pa´ ti no estoy
pa´ ti no estoy

Xa sei quen viu de visita hoxe. Se saber que estou ben deixa a tua conciencia tranquila, noraboa.

Thursday, January 17th, 2008

Non sei se Jorge le o meu blogue. Pareceme moi raro que non chamase para saber que tal estou.
Hoxe foi un bo dia. Mañá sera mellor. E o sabado un grupo de xente que coñezo organizou unha festiña.
Ir traballar axudame moitisimo.
Acabo de recibir unha chamada da rapaza de Canada.
A pesar de todo, son feliz en Madrid.

Thursday, January 17th, 2008

Onte estiven mais ou menos estable.
Hoxe xa non. Soñei con el, soñei que nos viamos e (parvada) me facia unha videochamada polo mobil, e estaba tumbado na cama con outra muller.
Ainda con iso, espertei mellor que onte. A xente que teño aqui xa organizou unha festiña para o sabado á noite e unha viaxe ó Escorial durante o dia.
O que mais me importa agora non é superar que me deixou, senon deixar de querelo. Iso vai ser o dificil.

Tuesday, January 15th, 2008

Hoxe son eu a que pode dicir “o amor que me gardabas, fuxiu de ti, rematou”. Ten que haber unha primeira vez.
Foi bonito. Todo novo este ano, incluida a vida. Ainda que a vida nestes momentos non pague a pena. Só espero que isto se poida arranxar dalgun xeito, porque a verdade, non me vexo no futuro soa en Madrid.
A cousa pinta moi mal, sintome de usar e tirar. Pedin o dia libre no traballo, se cadra unha esaxeracion para quen non o esta pasando mal, pero algo moi necesario para quen sí.
Realmente todo me da bastante igual. Voltara esa etapa de non sentir nada, pero polo menos agora sei que podo querer moitisimo, ainda que eu non sexa correspondida.

Pecharei o blog algun tempo se todo vai coma parece que vai (poida que me equivoque).

Sunday, January 13th, 2008

Atopei profe de gaelico :) Hoxe quedei con el para aprender un pouquiño, e a cousa foi moi ben, vemonos o martes outra vez. Escribiume tamen un rapaz dicindo que se atopaba profesor, que por favor llo dixese, e asi o fixen. Se cadra o martes ven el tamen, vai ser divertido.

O noso piso segue caendose. O ultimo en reventar foi a cama, mañá toca visita ó Ikea. Descubrin que o colchon ten chinches, que puto noxo, teño o brazo esquerdo todo picado. Menos mal que rompeu a cama, que se non ahi seguiamos con esa merda de colchon, o caseiro non queria cambialo (cutre do carallo).

Veu o meu amigo irlandés a pasar uns dias comigo, pero cambiou moito. Pasou de ser un tio agradable a ter un morro enorme. O martes marcha, e estamos desexando que o faga. Non sei que farei despois, pero a verdade é que non teño ganas de manter o contacto.

Mañá entro ás 10 a traballar. Esta semana pasada foi divertida, tiven que chamar a Portugal. O meu xefe dixo que o tiña que facer a rapaza brasileña, pero eu lle dixen que podia facelo eu. O tio non se fiaba moito, pero as duas chamadas que tiven que facer sairon ben, e eu estou leda de saber que podo resolver chamadas en portugues. O xoves tentei practicar co meu mozo, e para conversas normais mais ou menos non hai problema, o tema é o portugues de negocios. Pero vou sobrevivindo :D Ademais no meu departamento só hai un rapaz que fala ingles, e a ollos dos meus compañeiros eu teño dous idiomas, ingles e portugues, asi que vexo ben a cousa.

A ver que tal se presenta o dia mañá.

(Jorge quedou durmido mentras escribia isto, que gracioso, no sofa. Estou por sacar unha foto)

Saturday, January 12th, 2008

Hoxe fun ver La Brujula Dorada, a peli baseada na triloxia de La Materia Oscura (a miña preferida).
Atopei unha pelicula demasiado infantil, que pasa por enriba de TODA a triloxia e queda só co mais banal. Non hai apenas crueldade coma no libro, nin sutileza nin nada. Fixeron unha pelicula para nenos felices.
Iso sí, encantaronme os personaxes. Meteron a todos que eu lembre (hai xa un tempo que lin os libros). Gustaronme moitisimo. E teño que falar de Eva Green como Serafina Pekkala, pareceume xenial (que guapa é e que ben fixo o papel). E Nicole Kidman é tal cual a Señora Coulter do libro!

Á saida vin o cartaz de Los Crimenes de Oxford. Aproveitei este nadal para traer o libro da Coruña, lerao por recomendacion de Dorfun e agora estouno a ler de novo no metro de camiño ó traballo. Gustame mais se cadra que a primeira vez, está todo amarrado, moi ben escrito, non hai ocos por ningures. Devezo por ver a pelicula, quero vela xa!! :)

Tamen agardo moi moi inqueda a estrea da peli de Corazon de Tinta, a triloxia de Cornelia Funke. Gustoume a eleccion de actores.

Tuesday, January 8th, 2008

Veño de asinar o contrato. Todo legal, mais ou menos, nada do que poida protestar.
Hoxe xa fixen cousiñas, estes dias estiven aprendendo. Non é moi complicado e entretenme, a ver como segue a cousa. Iso si, estou moi cansa, teñome que erguer ás 6:30 esta semana (a que ven xa estou co meu horario e entro ás 10).
Encantame a leria da cantina para xantar!

Novo ano, todo novo

Wednesday, January 2nd, 2008

:)
A festa de aninovo aqui en Madrid foi estupenda, pasamolo moi moi ben. Xuntamonos nunha casa e como ninguen é madrileño de todo, cada un fixo as suas cousiñas. Houbo sushi, migas, gulas, tortilla, crepes…

E se o ano comezou cunha boa festa, segue a ser bó. Xa teño traballo :) En Madrid, a media hora en metro da miña casa, nunha empresa de soporte técnico. Levo tres anos sen dar soporte e comenteino na entrevista, que foi hoxe ás 12. Dixeron que se queria, podia comezar no nivel mais baixo, que é o de atención ó cliente e escalado de chamadas, e logo ir subindo cando xa tivese mais experiencia na empresa. Rematamos a entrevista perto das 13h, foi bastante distendida e incluso o pasei ben, os rapaces que ma fixeron foron moi agradables. Expliqueilles o tema dos idiomas, e que o meu portugués era de andar por casa, e valeulles.
A iso das 14h cheguei a casa e vin que tiña varias chamadas perdidas dun mesmo número (no metro non hai cobertura). Ao pouco volveron chamar, e eran eles. Que querian que comezase mañá mesmo. Así que volvo ó mundo da informática :D

O soldo non é bó, pero polo menos non gaño menos do que gañaba ata agora. A empresa ten boa pinta, ainda que para respectar o cliché, son desconfiada sempre, jaja. Hai dous edificios, nun fixen hoxe a entrevista, e era alucinante, con cantina e todo. No outro estan os tecnicos e teleoperadores, e é mais cutre. Dixeronme que os do meu edificio non podiamos ir xantar á cantina, algo raro dabondo, pero bueno. O caso é que este mes poderei pagar o meu cortello, e que atopei traballo en só 3 días, incrible!