Anotacións do mes April, 2008

Resposta de easyjet

Wednesday, April 30th, 2008

Estimada Srta M. Saavedra,

Gracias por contactar con nosotros con referencia a nuestros vuelos de A Coruña.

Le escribimos para informarle que por el momento hemos dejado de operar dicha ruta. Entendemos que esto le puede haber causado algún inconveniente y le pedimos disculpas por ello.

Sin embargo, es de forma regular que analizamos nuestras rutas y las necesidades del mercado europeo, por lo que le sugerimos siga registrado como miembro de easyJet, de esa forma le pondremos al corriente de futuros vuelos en dicha ruta.

Puede hacerlo a través del siguiente enlace:

https://www.easyjet.com/es/miembros/newMember.asp

Aprovechamos esta oportunidad para agradecerle que haya elegido volar con easyJet.

Le agradecemos una vez más, que se haya puesto en contacto con nosotros y quedamos a su entera disposición para cualquier consulta adicional. En caso de necesitar nuestra ayuda de nuevo, utilice la sección ‘Contáctenos’ en nuestro sitio Web.

Atentamente

Niurka Elena Lachaise-Kabirschke
easyJet Atención al Cliente

Sigo animando a que se envien pregos a traves do seu e-mail. Non me creo que non lles conveña operar ali, eramos moitos, e o avion sempre ia cheo.

Easyjet

Tuesday, April 29th, 2008

O concello envioume unha ligazon para protestar pola marcha de Easyjet de Alvedro.

Xa estou escribindo un mail. Era a miña única via con Coruña para ver ó meu avó e ós meus pais. No bus boto o fígado, e o tren son 8 horas. E non teño 100 euros para gastar nun billete de Iberia ou Spanair.
Oxala nos poidesemos unir e difundir isto dalgun xeito, coido que somos MOITOS os que estamos afectados por isto.

Once

Monday, April 28th, 2008

Onte vin Once, unha peli que se desenvolve en Dublin. Vina anunciada cando estiven ali, e sentia moita curiosidade.
Gustoume moito polo sinxela que é, e porque comparte un concepto conmigo: Dublín é música, e ali para cada momento hai unha cancion. Era moi bonito ver a pelicula e pensar que eu estivera neses mesmos sitios.
Recomendoa. Non son boa escribindo criticas, pero deixo aqui unha cancion da peli (ten moitas, e un casi-musical, encantaronme!). Non escollin unha con imaxes da peli, só deixo a actuacion dos protagonistas nun programa.


Monday, April 28th, 2008

Todo vai ben xa!

Saturday, April 26th, 2008

Hoxe viñeron meus pais, estaran aqui ata o domingo.
Tiña moitas ganas de velos, pero faiseme moi dificil. Prefiro ir eu ata Coruña, en Coruña sí quero estar con eles. Aqui sintome moi culpable, non sei que contarlles, non sei que facer ou onde ir. A miña nai preocupase por min, e eu son moi borde con ela. Teño os meus problemas, non quero que eles se metan, pero é que son os meus pais, como non se van meter? Poñome nerviosa, sinto que teño que estar actuando diante deles, seguir sendo a Maria da Coruña, e acabo desquiciada dos nervios. Non sei por que. Sintome moi culpable por isto. Non quero que me traten ben nin que me axuden, quero estar só eu aqui. Non é normal todo isto.

Monday, April 21st, 2008

Moncho di que os domingos, cando veño da partida de rol, estou rara. Hoxe si estaba especialmente rara, penso eu.
Á tarde veu Jorge polo que quedaba das súas cousas. Noteino bastante agresivo falando, pregunteille que tal lle ia, e comezou a falar, a darme moitisimos datos de supeto. Dicir que esta raro é pouco. Se cadra hoxe por primeira vez deume magoa de verdade, ó ver no que se converteu. Supoño que non son quen para xulgar, pero bueno.

E logo fun ó kurdo ó que vou os domingos, a ver a un camareiro guapeton. Realmente non sei o que pretendo con iso, porque non quero que pase nada.

Reflexionando, decatome do soiña que me sinto ultimamente e do egoista que son pensando iso, porque fixen moitos coñecidos e un par de amigos, e a miña situacion non é coma antes, que non tiña con quen estar.

Fago coma se fose forte, coma se todo esvarase por riba dos meus sentimentos. No fondo ando buscando un peito no que acubillarme, coma facia hai só catro meses (a min parecenme catro anos). Pero sei que ese peito non vai voltar, que este ano pasado foi unico no que eu sentin e no que vivin. Sí, podo volver namorarme de alguen, pero nunca sera o mesmo. Jorge quitoume en catro segundos o meu momento, a miña vida. O peor de todo é que nin tan sequera o sabe. E ven á miña casa, por primeira vez en semanas, e o unico que me ofrece é agresividade e mal rollo.

E si, os domingos estou rara. Máis ainda cando pasan estas cousas. Porque saio da miña partida de rol tan xenial, na que Kikuko-san é unha Fénix cunha vantaxe de Beleza e Memoria perfecta, gañadora das probas de Go e de Corte, e volvo ser María, a que non chega a fin de mes, esa do cú de pandeiro e rara coma o demo, que ten que ir traballar coa cabeza ben alta facendo coma se non pasase nada. ¿Para que tanto esforzo?

Merquei as entradas para ir ver a Kila e nin sequera estou especialmente leda.

Anotacion adicada

Saturday, April 19th, 2008

TEÑO que adicar esta cancion a Murray e a Ezequiel. E a todolos frikis do mundo!

Unha boa fin de semana

Monday, April 14th, 2008

Foron bós días. Sigo sorprendida de como en Madrid, a vida da un xiro doadamente.

O sabado quedara cun compañeiro de traballo para sair por ahi. Non me chamou, nin respostou as miñas mensaxes. Era o meu primeiro planton aqui (jaja). Amoloume un pouco, pero quedara en chamar a outro compañeiro para dicirlle o plan. Asi que o chamei e lle expliquei que non sabia nada do rapaz. Dixo que daba igual, e que se tiña plans. Como non tiña, comentoume que collese o metro, que me agardaba pola zona de Huertas.
E ala fun.
Acabei nun hotel ultrapijo (amigos, o Playa non é nada!) no que as camareiras ian con vestidiños, facendo facturas de 100 euros para arriba. Unha botella de Cacique custaba 130 euros nada menos! E que pasaba naquel sitio? Que a xente coa que toca o Wyoming ia dar un concerto de rock (e un dos compoñentes da banda era amigo do meu compañeiro). Vamos, que pasei dun planton a estar ali entre famosetes escoitando tocar ó Wyoming e ó resto. E tocaron unha de Chuck Berry!

O domingo tiven partida de rol, desta tocou a Lenda dos cinco aneis, un VICIO de xogo, ambientado no Xapon medieval, pero con toques asiaticos en xeral (non só xaponeses). Da unha liberdade interpretativa enooooorme, paseino xenial. Con sorte este finde teño sesion intensiva sabado e domingo, estou enganchada!

Concerto de Kila

Thursday, April 10th, 2008

O vindeiro mes, concerto de Kila. Se alguen se quere apuntar, benvido sera! Eu ainda non o creo, jaja.

Saturday, April 5th, 2008

Son tempos de cambio.
Hoxe deume dor de cabeza, estou aqui na cama metida co ordenador (xa funciona internet) e con Juego de Tronos.
Gustariame sair pola noite, pero pola outra banda non me apetece.
Tampouco me apetece quedar na casa.
Tampouco quero ir traballar o luns.

Hai dous dias vin a Jorge, coido que non me sentou ben porque soñei con el.

É triste dicilo, pero levo tanto tempo con parella que sinto que me falta algo, ainda que non me falte nada.

Pero Madrid segue a ser estupendo! :D Se hoxe non saio, irei por ahi a ver que pasa. Se cadra atopo algun amigo ou algo. Se cadra ese é o problema, estou fuxindo do planificado e só acepto o improvisado.

Quen sabe…