Anotacións do mes May, 2008

Friday, May 30th, 2008

Volve ser tempo de cambios. Estou escribindo dende o traballo, no que é o meu derradeiro día aqui.
Que dificil é todo sempre, e canto me gusta que asi sexa! Cando é doado non é tan divertido. Ó final, se non sae nada aqui, voltarei para Coruña (uf!) uns meses para aforrar ,e logo ou a Dublin ou a Glasgow. Xa non teño medo a verme soa por ahi adiante, ademais a miña amiga Julia é de por alí e coñece xente que me pode axudar.

Fartiña estaba de certas cousas que viñan sucedendo por aquí, e sí, por vez primeira na vida sufrin acoso. Agora o fillo de puta anda detras doutra rapaza do meu departamento. Xa lle dixen a ela, se segue asi, eu xa non teño nada que perder. Avisasme e poñome a falar.

Unha mágoa que todo o mundo vise pero que ninguen fixese nada, ademais teño entendido que non é a primeira vez que o fai. Que ben, que bonito é o mundo. O curioso de todo isto é que marcho tan pancha. Sen estar triste, nen sentir rancor de ningun tipo. Marcho porque estou cansa deste traballo, é moi mecanico. A este tio veselle como é ó cabo dun tempo.

Son jodidamente pasota. Tanto me mancou o de xaneiro, que agora illo todo o malo. Gustame! :)

:D

Thursday, May 22nd, 2008

Chachi!

É a primeira cousa que teño publicada “oficialmente” en galego. Oxala escribise mellor!

Graciñas por contar conmigo!

Wednesday, May 21st, 2008

Parezo unha parva aqui toda triste porque morreu un rato. Estou mirando para a sua gaiola, e para a sua bola de correr e poñome moi triste.

É un tanto raro. Cando estiven en Tenerife tiven un pesadelo: soñei que Stalin morria. Ó acordar chamei a Moncho para saber se estaba ben, e dixo que sen problema. Dúas semanas despois, o meu hamsterciño morre (e non tiña nin un ano, foi bastante casual).

Se a isto lle engado que sei cando me vai soar o móbil (a meirande parte das veces! non é coña, miro para o mobil e tras uns segundos comeza a soar) xunto con outras cousas, dame mal rollo.

Pobriño Stalin. Envieille unha mensaxe a Jorge, porque tamen era o seu hamster, e nin respostou. Pero foi feliz, penso eu. Tiña a sua roda, unha gaiola enorme con tubos e cousas para roer, e a bola de correr. Xa aprendera a coller as curvas, ali ia el todo pequerrecho dandose labazadas contra as paredes.

É a primeira vez que vexo morrer, vino porque o tiña no colo, quentiño. Se o metia na gaiola revolviase, coitado. Collino na man e xa acougou. Antes de morrer espertou e ollou para min, eu pensaba que estaba mellor, que parva son. Estirou todo o corpo e botou todo o aire. E asi quedou, encollido, coma se durmise, cos olliños pechados.

Pero que guapo que era!

Stalin morreu

Tuesday, May 20th, 2008

Cando cheguei a casa vino moi quieto e corrin con el para o veterinario, porque onte estivera moi activo. Puxolle duas inxeccions e dixo que lle dese calor.
Hora e pico despois (morreu hai 10 minutos) deronlle coma espasmos e quedou quietiño.
Queria moito ó meu Stalinciño.
O veterinario dixo que seguramente fora un corte de dixestion.

San Isidro 2008

Sunday, May 18th, 2008

Da serie “De troula por Madrid”, presento esta foto titulada “A chea de San Isidro

Mais madrileña imposible!

Kila

Friday, May 16th, 2008

Veño de ver o IMPRESIONANTE directo de Kila.

Só unha anotación, que estou baldada. No bis, o gaiteiro preguntoulle ao cantante:

- Que queres tocar, Gwertzy ou Glanfaidh me?

Enton alguén berrou “Glanfaidh me!!!”

E o gaiteiro dixo “Esa que berrou que é, francesa?” E o cantante respostou “Seica rusa”.

Logo comezou a canción, a miña favorita, Glanfaidh me. E a que berrara fora eu!! :D

FELICIDADE SUPREMA MAXIMA CARISMA +1000!!!!

Friday, May 16th, 2008

Xa vin a La Frontera. En canto poida subirei algun video cutre que fixen.
NON O PODO CRER.

Friday, May 9th, 2008

Veño de Tenerife!
Fun ver a miña amiga Julia, que esta vivindo ali. Encantoume! Teño que revelar as fotos, xa poñerei algunha.
Gran Canaria non me gustara moito, pero volvin namoradiña de Tenerife, ata estou pensando na mudanza… que ben o pasei.