Anotacións do mes June, 2008

Monday, June 23rd, 2008

Coido que hoxe teño unha cita.
Coñecino a semana pasada, é amigo do amigo dun amigo, jaja.
Paso de todo, pero senta ben ter unha cita. A ver que tal.

Kepa Junkera!

Monday, June 23rd, 2008


Vén Kepa Junkera en concerto! OLEEEE!

É incrible a cantidade de concertos chulos que hai aqui de cando en vez.

Escribindo

Monday, June 23rd, 2008

Estou escribindo de novo. Teño dous poemas e moitas ideas para un libro curto do que xa escribin o comezo.
Algo muda em mim… tralarirora.

Deixovos aqui un poema curtiño baixo licencia cc, non vaia se-lo demo. Escribino no metro, de supeto tiven unha idea e tiven que escribila, foi moi bonito.

Felicidad

Si me quieres,
hazme feliz poco a poco.

Paseniñamente.

Para que así, mi felicidad crezca
mientras crece mi amor por tí,
y no puedan existir
la una sin el otro.

+Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Saturday, June 21st, 2008

Calor. CALOR.

Roubaronme a carteira con todo. Todo é todo, fotos da miña avoa incluidas, fotos de amigos, unhas que tiña de Javier, tarxetas de visita e demais. Os billetes do bus de Dublin…
A cambio levaron 20 euros, espero que lles pagase a pena.

Dame magoa non estar na Coruña para San Xoan.

Monday, June 16th, 2008

Pareceme curioso volver facer este test, para ver canto cambiei. Hai xa tempo que o preenchín por vez primeira.

LA IRA

1. ¿Con quien te has enfadado por ultima vez? Conmigo mesma.
2. ¿Cual es el arma de tu eleccion?: Non quero armas.
3. ¿Golpearias a alguien del sexo opuesto?: Non.
4. ¿Que hay de golpear a alguien de tu mismo sexo? Non.
5. ¿Quien ha sido la ultima persona que realmente se ha cabreado contigo? O meu compañeiro de piso.
6. ¿Cual es tu mascota favorita para descargarte?: O meu mp3.
7. ¿Eres rencoroso?: Non.

LA PEREZA

1. ¿Hay algo que se supone que deberias hacer diariamente pero que hace mucho que no haces?: Si, as tareas da casa
2. ¿Cual es la hora mas tarde a la que te has despertado?: 7 da tarde? 8? jaja, xa non o lembro.
3. Nombra una persona con la que deberias haber contactado pero que no lo has hecho: Sonja-Liv.
4. ¿Cual es la última excusa sin pies ni cabezas, fácil de descubrir como excusa, que has puesto?: “Estoy de resaca” mentras tomaba un cafe nun bar.
5. ¿Has visto la teletienda [la larga] alguna vez entera por no levantarte del sillon o cambiar el canal?: Gustame a teletienda!.
6. ¿Cuando fue la ultima vez que hiciste deporte decentemente?: Se digo que non o lembro, pode dar unha idea dos anos que hai.
7. ¿Cuantas veces has parado la alarma del despertador hoy?: Ningunha, é domingo!.

LA GULA

1. ¿Cual es tu carisima y pijisima bebida alcoholica preferida?: Licor café.
2. ¿Carnivoro? Si
3. ¿Cual es la cantidad maxima de alcohol que has tomado de una sentada?: Sete cubatas e algunha cervexa..
4. ¿Has probado alguna vez una dieta hecha por un profesional?: Si
5. ¿Tienes alguna cuenta pendiente con tu peso?: Si, pero xa non teño problemas de ansiedade. Adelgacei un pouco e vou facendoo a modo.
6. ¿Que prefieres: dulces, comidas saladas o con muchas especias picantes?: Picantes!.
7. ¿Has mirado alguna vez a algun animalillo o un niño pequeño y has pensado: Mmmmmmm que rico tienes que estar con patatas fritas?: Non.

LA LUJURIA

1. ¿A cuantas personas has visto desnudas?: Non levo a conta.
2. ¿Cuanta gente te ha visto desnudo?: Tampouco levo a conta, jaja.
3. ¿Te has pillado a ti mismo alguna vez mirando al pecho o al paquete de alguien del sexo que has elegido para que te guste?: Si, é un pouco terrible non decatarse.
4. ¿Lo “has hecho”?: Si
5. ¿Cual es la parte del cuerpo que mas te gusta de una persona del sexo que a ti te gusta?: Nos homes os ollos e o cú :D . Nas mulleres o típico, jaja.
6. ¿Te ha hecho proposiciones alguna vez una prostituta?: Non, pero un par de veces pensaron que era prostituta pola rúa.
7. ¿Has tenido que someterte [o han tenido que someterse por “tu culpa”] a un test de embarazo?: Sí.

LA AVARICIA

1. ¿Cuantas tarjetas de credito tienes? Unha.
2. ¿Cual es tu tienda preferida para sentirte culpable?: As librerias!.
3. Si tuvieses un millon de dolares [o euros, que para el caso es lo mismo], ¿que harias?: Mercar unha caravana e repartir o resto do diñeiro entre quen o quixera.
4. ¿Que prefieres: ser rico o famoso? Rica.
5. ¿Aceptarias un trabajo aburrido aunque eso significase ganar muchisimo dinero?: Si.
6. ¿Cuantos mp3 hay en tu disco duro?: Nin idea! Moitos.

LA SOBERBIA

1. ¿Que es, de las cosas que has creado tu mismo, lo que te hace sentir mas orgulloso?: A miña vida.
2. ¿Que es lo que mas orgullosos hace sentir a tus padres de ti?: Son unha boa persoa, penso eu.
3. ¿Que te gustaria conseguir en tu vida?: Cartos para poder ser libre.
4. ¿Has participado alguna vez en algun concurso de habilidades sabiendo que tu eras mucho mejor que los demas?: Non.
5. ¿Has hecho trampas alguna vez para conseguir una puntuacion mas alta?: Si, en moitos videoxogos, pero xogando eu soa.
7. ¿Que has hecho hoy que te haga sentir orgulloso?: Superar a resaca máis terrible dos ultimos meses por ir ó cumpreanos dun amigo.

LA ENVIDIA

1. ¿Que cosa [o persona] de tus amigos desearias que fuese tuyo o tuya?: Juan.
2. ¿Con que persona te intercambiarias la vida? Con Matt Harding.
3. Si pudieses ser cualquier persona en el mundo, ¿quien serias?: Rónán, de Kila.
4. ¿Te ha engañado tu pareja alguna vez?: Si.
5. ¿Hay alguna cosa que te gustaria cambiar o añadir a tu cuerpo?: Gustariame ser coma cando tiña 15 anos. Penso que era guapa.
6. ¿Que rasgo innato ves en otros que a ti te encantaria tener?: Paz interior.
7. ¿Te gustaria haberte inventado este cuestionario? Non.
8. Finalmente… ¿cual es tu pecado capital preferido?: A luxuria, jeje.

Morriña!

Sunday, June 15th, 2008

É oficial, teño morriña! Case un ano despois de chegar, aparece por fin! Xa levo 6 meses sen ir a Galicia.
Que sensacion tan triste e á vez tan bonita! Hoxe aqui en Madrid vai calor de verán. En noites coma esta, eu podería sair da casa e ir andando polo paseo marítimo, sentindo o relente que ven do mar. Chegar ata Montealto, pasear un pouco por ali. Ir ata o Rogelio a por un Canibal 1, e despois á Repi, a tomar licor café e falar con Checha. Sair algo quentiña (non moito) e ir dando un paseo por diante de San Amaro, e seguir, seguir, ata chegar á Maestranza, e meterme pola cidade vella a sentir iso que só sinto na cidade vella e en Santiago.
Cantas ganas teño de ir a Coruña e a Santiago! E a Rioxoan, a pasar ali uns días. As noites de verán en Rioxoan son máxicas. Joder, canto me gustaria ter 10 anos e estar en Rioxoan outra vez cos meus avós! Canto boto en falta iso!
Oooh, Rioxoan, Montealto! Lembro cando vivía en Montealto, a primeira vez que marchei da casa. Easyjet, sodes uns merdeiros!
Ía pola noite a dar paseos polo Campo de Marte, a respirar aire de barrio.
Este venres coincidin con dous galegos amigos da miña amiga francesa. E seguen sendo moi galegos despois de moito tempo aqui, descubrin que o meu caracter xa non é asi e sentin que estaba en ningures. Nin en Madrid, nin en Galicia. O meu caracter non é de ningures, é terrible! Tamen me dixeron que era unha mala galega por non sentir morriña.

Volvo estar en fase romantica. Onte fun ata o Retiro, a pasear pola feria do Libro, e merquei un libro de Pessoa moi baratiño. Logo fun ata o cespede para ler un pouco, e despois fun andando ata Lavapies.
Debe ser o verán, pero teño ganas de namorarme un pouquiño :D

Ai, a morriña, o que me fai escribir!

Pocoyooooo!

Sunday, June 15th, 2008

Encantame Pocoyo!


Saturday, June 14th, 2008

http://www.news.com.au/story/0,23599,23859078-401,00.html?from=public_rss
Dende hai un tempo sintome un pouco amargada, cousas da vida, e cada vez que vexo unha parella son tan cinica que lles boto os meses que han durar xuntos. Onte falaba disto co meu compañeiro de piso, e me comentaba que ultimamente era unha criticona con todo este tema. Asi que decidin cambialo, porque levaba uns meses de moita felicidade sendo unha persoa positiva.
E esa ligazón que puxen mais arriba, axudou. Que nova mais triste, pero que bonito é saber que realmente o amor ainda existe.

Monday, June 9th, 2008

Este sabado fun cuns amigos a La Riviera.
A min faciame moita gracia, porque eu por La Riviera entendia outra cousa (unha é da Coruña, jaja). Ó chegar ali vimos que era coma o Playa pero aínda peor. O caso era que habia que ir ali porque a xente coa que ia quedara con outra xente ali.
Tota, que despois de pagar 15 eurazos pola entrada (15 EURAZOS, a nai que os deu) entramos a un sitio enooooorme e do mais pijo que vin dende que estou aqui. No escenario habia un DJ facendo as suas cousas, e varios bailarins.
Os meus amigos e mais eu acabamos facendo o parvo diante do escenario, faciamos como que bailabamos, poñendo caras e esas cousas. Eu sentinme coma en plena ruta do bakalao.

Saturday, June 7th, 2008

Non son unha persoa agarimosa nin amable cos meus pais, recoñezoo. Foi asi dende cativa por unha serie de circunstancias. Son incapaz de darlles apertas, o mais que lles dou son bicos. Pero queroos moitisimo, claro, son meus pais. Chamoos todolos dias.
Poderiase dicir que no meu caso non son palabras nin xestos, únicamente son actos.

Pero estaba lendo o blog de ghanito (estou toda entusiasmada coa nena) e comecei a pensar que o meu pai seguramente vivise o meu nacemento dese xeito, con tanta ledicia. E que a miña nai tamen coidaba asi de min. Non sei, pode parecer unha parvada, pero velo noutra persoa fixome reflexionar e sentin un pouco de culpabilidade.
Papa, mama, vou tentar ser mellor filla, prometoo!