Estes dias estou a pensar moito.
Non sei se ficar en Madrid ou marchar para outro pais. Deixeillo caer ó meu xefe, espero que, se finalmente quedo aqui, me manden para fóra algun dia non moi lonxano.
Realmente do que teño ganas é de tomar un ano sabatico. Coller unha mochila e ir por ahi con catro duros, gañando os cartiños que poida, facendo calquera cousa. É algo que vexo que fan moitos estranxeiros. Se a eles lles vale, por que a min non?
Descubrin que non preciso dunha almofada, nin dunha cama, nin dunha casa. É algo que sospeitaba, gustandome tanto a letra de The raggle taggle gypsy. E non son palabras, realmente son asi! Podo viaxar en calqueira sitio, xa probei o maletero dalgun coche e todo. Durmin nun hostel emporcallado…
Tamén podo quedar durmida en calqueira lado. Non preciso moitas horas para recuperarme. É igual se a cabeza se move dun lado para o outro.
Realmente deberia deixalo todo e estar uns meses por ahi. Pero o traballo por un lado, a casa polo outro… Se cadra agardarei a ter un mes de vacacions, collereinas todas xuntas e percorrerei algun pais. Teño que facer todas estas cousas mentras poida.
Joder, canto cambiei. Deberia ir vivir a un pobiño e vivir das miñas cousas? A cousa é que me gustaria moito, tamen!
O importante non é o que temos arredor, penso eu. O importante é que che guste quen es e te coñezas ben, porque o que hai arredor é accesorio. Agás os amigos e a familia, claro.
Outra vez, outro soño deses premonitorios. Con 3 días de diferencia. É dicir, soñei, e ós 3 días pasou. E conteino tras soñalo, polo que hai testemuña.
Non sei se ter medo ou seguir pensando que é casualidade. Este ano xa van varias.
Teño isto algo abandoado. É pola calor, que me deixa sen ganas de vivir! jaja. Chego a casa e hale, a durmir no sofá ata a noite.
Vanme poñer gafas outra vez. Son tipo Isabel Coixet, xa poñerei algunha foto, jaja. Será Madrid un conversor de folkis a gafapastas?
Pola utra banda, aprendin que:
Non podes preguntar en castelán “lo que?”, porque soa moi moi mal, a gañanazo, e a xente ri moito. Que si, que da igual, pero nunha reunion, por exemplo, non quedaria ben. En troques, hai que dicir “el que?”.
Non podes preguntar en castelan, por exemplo “son estes?”. Diálogo simulado:
- Cógeme unos papeles
- Son estes?
En troques, habería que dicir “son estos?”. De seguro que é algo claro para moitos, pero o meu castrapo vai pisando forte!
Estes dias estou sensible. Vin o video dunha amiga de Coruña que coñeceu un Holandes e vai marchar a Amsterdam a vivir con el. Veselles moi namorados, estou moi leda por eles, a verdade, porque ela levaba un tempiño dicindo que queria coñecer a alguen de fóra, sair da Coruña…
E por outra banda estou con sensacions mesturadas. Porque ela esta sentindo o que sentin eu. Lembrei cousas, foi raro. E devezo por coñecer a alguén de fóra con quen falar de libros, viaxar, ir a sitios… pero nada. É coma se a ninguen lle interesase o que teño para dar. Sei que é unnha fase, pero hai que pasala
Tamén deixo unhas fotos de cando estiven en Dublin. Hale
O meu compañeiro de piso e mais eu estamos mirando de mudar de casa a unha un pouco mais grande. Como temos a seguridade de que imos ser dous, podemos ir a un prezo seguro.
A ver que tal nos vai a busca.
Mañá vou a Lugo a ver a meu avó.
Hoxe sentin morriña e decidin escribir sobre cousas que me van pasando, pero sairon dous poemas cutres e infantís. Se cadra o meu estilo é infantil e directo, será cousa de Pocoyó.
Relixión
O amor vai e vén,
vén e vai.
E fica,
e voa,
e corre,
e amosa sorrisos feitos con beizos píos,
que de súpeto coñecen un deus
e deciden ir a misa de bicos
a tódalas horas do día.
Mi barrio
En el calor de la noche
Madrid sueña con agua brillante.
Mientras, Raúl acuna a su bebé
en sus brazos de inmigrante.
Los brazos de inmigrante son
morenos e inquietos.
Sudan esperanza y voluntad.
A veces huelen a curry, otras veces
a niño pequeño.
Y casi siempre ayudan a las manos
a llegar a los ojos
cuando la morriña decide aparecer.