Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet O Recuncho » 2008 » Agosto
O Recuncho

Die Fantastischen Vier, Franka Potente e os Bananafishbones

Xoves,28 Agosto, 2008 by arduina


Coñecin este grupo cando tiña o VIVA na casa de meus pais. Encantabame esta cancion! Non sabia que carallo dicia, pero encantabame.

Logo vin que un dos membros fixera un dueto con Franka Potente para a banda sonora de Corre, Lola, Corre! No video veselle o tatuaxe, é moi bonito.


Franka Potente tamén fixo un dueto cun grupo que a día de hoxe me gusta, os Bananafishbones. Lembro que encargara o disco a unha tenda, para que o trouxera de Alemaña.


Este ultimo video é do Viva Zwei. Habia duas canles, o viva normal e o Zwei. O normal era asi tipo los 40 principales, e o zwei facia programas de putisima madre con musica de todo tipo. Logo se fixo de pago e non o podia pillar pola parabolica.

Escrito en Música | Ningun valente »

Juan Gelman

Martes,26 Agosto, 2008 by arduina

Descubrimento no metro!

JuanGelman_gr.jpg

Cousiñas del

Escrito en Libros, literatura, letras... | Ningun valente »

Plantxy

Martes,26 Agosto, 2008 by arduina

Neste video descubrin que zanfoña en inglés e Hurdy Gurdy.

Que guapo era Andy Irvine.

Escrito en Música | Ningun valente »

Illa Soidade

Luns,25 Agosto, 2008 by arduina

Illa Soidade atopase no Mar do Desacougo, entre a Pena da Morriña e o Paso do Tempo.

En Illa Soidade, as formigas carretan anaquiños de esperanza. Agóchana, moi fonda, no formigueiro.

En Illa Soidade, os osos formigueiros (que son todos grises), meten o fuciño onde non deberían. Deste xeito, as formigas morren sen deixar un rueiro da esperanza soterrada.

De cando en vez, Robinson abandoa a pesca de estrelas (nunca pican), e decide sair á procura do tesouro das formigas. Coma se fose un xabarin calquera.

E cando atopa unha trufa, faise de día de súpeto, e non hai que pescar estrelas nin ser Robinson.

Porque Illa Soidade só existe
cando as formigas agochan anaquiños de esperanza
moi fondo, no formigueiro.

Escrito en Cousas inclasificables, Libros, literatura, letras... | Ningun valente »

Pessoa

Luns,25 Agosto, 2008 by arduina

A vida a bordo é uma coisa triste,
Embora a gente se divirta às vezes.
Falo com alemães, suecos e ingleses
E a minha mágoa de viver persiste.

Eu acho que não vale a pena ter
Ido ao Oriente e visto a índia e a China.
A terra é semelhante e pequenina
E há só uma maneira de viver.

Por isso eu tomo ópio. É um remédio
Sou um convalescente do Momento.
Moro no rés-do-chão do pensamento
E ver passar a Vida faz-me tédio.

Escrito en Cousas inclasificables, Libros, literatura, letras... | Ningun valente »

Sábado,23 Agosto, 2008 by arduina

Vexo en Chuza esta nova e penso que as miñas fantasias sobre homes perfectos están a piques de facerse realidade.

Oleee! homes con saia á fin!

Julia contame que en Escocia os homes van con kilts a celebracions importantes, e que a meirande parte deles son alugados. Como custa moito alugar un kilt, ás veces hai quen o merca e así xa o ten para sempre.

En Escocia supoño que eu teria duas opcions. Ou morrer de luxuria (falando clariño) ou quedar cega.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Xulio Valcarcel fala por min

Xoves,21 Agosto, 2008 by arduina

Pasaron xa 8 meses e 6 días. Pero lendo a Xulio Valcarcel descubro que me retrata.


Por veces sorpréndote
nun recanto
calquera da lembranza.

Regresas de portos esquecidos,
de lonxanas estacions desarraigadas.

Síntote nas palabras en voz baixa,
no fresco afago do vento,
na morneza da almofada.

Baixo o melancólico licor
da túa ausencia
busqueite nos trens de medianoite.

Na calma das tardes
escoitei a túa voz chamándome.

Decote me falas.

A carón meu, vas,
polas rúas que recorremos xuntos,
polos pobos que coñecemos xuntos,
polos mares que
nos prometemos atravesar xuntos.

Chega, calada,
na sedosa melodía do silencio
a túa fragancia
e es a miña compañeira de butaca,
a adolescente que me cruza,
a nena que xoga
no medio dunha praza solitaria.

Por veces sorpréndesme
nalgún recanto escuro da memoria.

Alí me agardas
e fálasme
como a través dun cristal,
da fúnebre poesía daquel inverno,
dos días compartidos,
dos xardíns que soñamos
como illas que xa nunca serán certas.

Escrito en Cousas inclasificables, Libros, literatura, letras... | Ningun valente »

Barajas

Mércores,20 Agosto, 2008 by arduina

Julia, a miña amiga que vive en Tenerife agora, estivo a pasar uns dias na miña casa, e o finde en Coruña. Hoxe marchou para Tenerife.
Pola tarde pasou isto.
Gracias a quen sexa, non era o avion de Julia, que saiu 20 minutos antes cara Tenerife, finalmente (con ela nunca se sabe o destiño). Non poderia aturar que lle tivese pasado algo.

as3.jpg

Sintoo moitisimo polas victimas, é arrepiante. Aqui todo dios esta falando disto, e o IFEMA, onde estan os corpos, está a carón do meu traballo. Mañá vai ser un dia horroroso, que terrible un accidente asi.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Cascudas/baratas

Martes,12 Agosto, 2008 by arduina

Teño cascudas na casa.
Que puto noxo.
Ó principio era unha, que se paseaba por ahi. “Circunstancial” pensei. E chamei a Julia para que a esmagase, jaja. Logo ves outra por unha parede, ou por encima da cociña. E un dia estas na tua habitacion e por ali hai outra de paseo.
O culmen do noxo é abrir o armario da vaixela e ver a catro ou cinco, ainda pequenas, correr e agocharse en algures.
Disque os sumidoiros van secos en Madrid ou non sei que carallo, o caso é que é comun telas en verán, sobre todo nos pisos con tuberias antigas, como é o meu caso.

Puxen un par de trampas e non serviron de nada. Dende hai dous días e mentres chega un trebello que se enchufa e emite ultrasons que as espanta (teoricamente), estamos a botar Cucal por todas partes. Pero é peor o remedio, porque se antes estaban mais ou menos agochadas, co Cucal saen buscar osixeno ou que sei eu e andan polo chan coma se estivesen bébedas. A parte boa é que conseguin superar un pouco o noxo e matei dúas. Traballo custou! Antes era ver unha e escapar correndo.

Pola outra banda, matei unha das pequeniñas (tampouco medran moito, teño sorte e non son desas negras noxentas de merda) e pensei que no fondo tampouco mancan a ninguen. Non gosto nada de matar bichos, teño unha sensacion de noxo-amor polas cascudas-bebé moi extraña.

Canto mais limpo mais veñen! E como durmo nun futon, teño terror de que se me suban a el. Hoxe durmin fatal porque se me caia un pelo na cara ou calquera cousa, xa tiña que acender a luz, pensando que tiña o cuarto cheo delas. Teño que tranquilizarme, pero dan moitisimo noxo!

Escrito en Cousas inclasificables | 3 valentes »

Xoves,7 Agosto, 2008 by arduina

Estou a ler Hiperespacio, de Michio Kaku, por recomendacion de meu pai. Tódolos dias fago unha hora de metro para ir ó traballo, e outra para volver, así que levo o libro xa un pouco a medias. É fascinante, non hai outra palabra.

Hoxe estaba a lelo no metro, pola mañá. Parei un momento a pensar no que suporía a confirmación da teoría do hiperespacio para as relixións e a buscar semellanzas entre elas e a teoría. Tamén pensaba no doado que é para a xente beata a vida, sen cuestionarse certas cousas. De súpeto, puxose diante de min unha señora e tiña nas súas mans a “Santa Biblia”. Comezou a ler con atencion, e notei que alguns paragrafos estaban marcados con fluorescente, e que tiña alguns autocolantes pequenos de mariposas, flores…

Ela ali, coa sua biblia, e eu xusto diante co libro que repasa a teoria do hiperespacio. Madrid é xenial.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

« Entradas anteriores