Anotacións do mes October, 2008

Friday, October 31st, 2008

E estupendo que tras moito tempo pasando 12 horas fóra da casa, uns amigos te chamen para cear e sair de cañas.
É xenial pasalo de puta madre por Lavapies. Unha caña tras outra, atopando a xente que habia tempo que non vías. E, de súpeto, o teu ex. Ese que dicía “cada palabra que sale de mi boca es un te quiero”. Ese polo que hai 10 meses tiveses dado a vida.
E ali esta, o teu ex. E o teu tabaco cae ó chan dúas veces. E non podes bebe-la cervexa porque o pulso treme de máis. E decides coller o touro polos cornos, facer de tripas corazón e descubrir que a túa cara poder ser unha máscara se ti queres. E que sí, pasaron 10 meses, pero aínda queres. Aínda amas. Aínda lembras momentos. E pensas “que guapo esta”.
E ris moito cos teus amigos para que non se che note. E chegas bébeda a casa, disimulando, para que o teu amigo e compañeiro de piso non vexa que estas feita pó (os borrachos si poden mentir). Que nestes intres senteste coma te sentias en xaneiro cando el che dixo aquelas cousas. E lembras a Moncho dicindo que tes que ser forte.
E pensas “teño que demostrarme a min mesma que xa o esquencin”.
E entras no seu blogue.

E descubres que todalas poesias que non che adicou, agora si estan adicadas.

E fala de face-lo amor nunha terraza, e non é contigo.
E fala de xente núa, e son eles dous.
E ves que a túa sogra, a que fora a túa segunda nai, estivo en Madrid e non te chamou.
E da súa soidade, que é a túa.

E si, pasaron dez meses. Pero foi onte cando dixo aquelas cousas.

E choras, e bébeda aínda, con esa tristura que só os bébedos sinten, decides entrar no teu blogue e escribir toda esta tristura, mentras lembras que é o aniversario dun a migo comun, e que hai unha festa da que non sabias nada.

Puxen empeño. Joder, se deus existise sabería que o puxen.
Pero son tan parva, tan jodida e absolutamente parva, que entre a tristura sinto ledicia. Porque el é feliz.

Parva, María. Parva do demo…

Agasallo

Tuesday, October 28th, 2008

Julia foi a Escocia este mes. Veu antonte por Madrid para marchar para Tenerife, e sorprendeume cun agasallo. Mercoume esta camiseta!

null

JAJAJA! Esta feita para min tal cual! (Ainda que non me queda tan ben como á rapaza da foto).

Friday, October 24th, 2008

O meu traballo está jodido. O contrato que teño remata o 30 de novembro e non sei se me renovaran, a cousa vai mal porque a empresa non esta a vender nada. Que farei despois? Se cadra vivir na rua. Ou percorrer mundo dando clases de castelan. Ou voltar a Coruña.
Se tivese que voltar a Galicia, coido que iría para Santiago ou incluso Lugo. A casa de meus pais esta na Coruña, pero puf, puf.
O mundo enteiro esta jodido, na miña empresa estase a notar dun xeito arrepiante. Notase no ambiente tamen, todos estamos amolados. E eu ando tristona, metida na casa un venres pola noite mentres os meus amigos van ó Excalibur.
Eu nacin para ir ó Excalibur! jaja.
Pero na casiña non gasto cartos e leo. Agora leo American Gods, de Neil Gaiman. E xogo á DS. O meu compañeiro de piso emprestoume o cartucho pirata e ando xoga que te xogarei.

Estamos mal da cabeza. Hai unha semana que non vemos ó presidente da comunidade, un home que sempre vai bebedo (Sue Ellen) e esta no portal vixiando quen entra e sae. Estes dias cheiraba a podre perto da porta da súa casa, e estabamos pensando se non estaria morto dentro. Demasiadas peliculas. Hoxe chamoume o meu compañeiro ó mobil, e o primeiro que dixo foi “María, el presidente no está muerto pudriendose en su casa”. Espero que estivese só, porque quen escoite algo asi… jajaja.

Xa vai frio!

Friday, October 24th, 2008


Wednesday, October 22nd, 2008

E hoxe tocoulle a Death Proof, que ainda non a vira. Brutal, estupenda e divertidísima. Paseino de medo, que persecucións tan tremendas! Que ben rodada está, qué de detalles!
Que guapo é Eli Roth!
Como mola Kurt Russell! Case tanto coma en Stargate! (Sintoo, Stargate é o mellor do mellor :P )
Joder, que ben o pasei :D

Monday, October 20th, 2008

Hoxe vin Sweeney Todd. Si, si, se cadra merezo unha malleira, pero esa peli é unha boísima terapia de soño.
Aburridisima. Todo estética, nada chicha.

JAJA

Sunday, October 12th, 2008

http://www.enalquiler.com/alquiler_piso_madrid/piso-reformado-y-amueblado_267084.html

Condiciones: Mes corriente, mes fianza, mes aval, mes honorarios agencia. Aval bancario 6 meses.

JA!

Saturday, October 4th, 2008

Tento non falar de politica no blogue, pero queria poñer unha ligazón a esta nova.
Vén unha foto. Gustame que veñan fotos nestas novas para non esquencer certas caras. E de paso para abraiarme pola falta de masa cerebral reunida por metro cadrado.