Anotacións do mes November, 2008

Joan Osborne

Saturday, November 29th, 2008


Fin de contrato

Saturday, November 29th, 2008

Poucas veces levan a unha enganada a unha sala de reunións, e coa axuda dun proxector poñen unha presentación con frases de despedida e fotos. Pouquísimas veces lle dan a unha un Spiderman de xoguete que canta (non sabía nin que se lembrase alguén do que me gustaba!). E prácticamente nunca unha compañeira de traballo solta unhas bágoas ante o panorama de que marchas da súa empresa. E claro, a homenaxeada bota peito e fai que lle esvara, pero nunca cousa tan bonita vivira.

Que o teu xefe che pida que marches, que sexa un capullo integral ou que un cliente berre polo teléfono, é secundario. Ata o de agora sempre fun ó traballo a traballar, e non a facer amigos. Pero aparecen asi de súpeto!

Canto vou botar en falta! Cantas viaxes terei que facer a Madrid! O meu móbil non deixa de soar, a xente non para de ofrecer habitacións para futuras visitas. E desta volta seica vai en serio.

Gracias Álvaro, Ana, Paloma, Vero, Ágata, Marta, Raúl, Yohana, Sara, Rosa, Roberto, Jose, Jesús e Miriam. A quen se lle conte que a felicidade existe…

Un anaquiño de Silly Wizard

Tuesday, November 25th, 2008

Qué magoa non telos visto en directo no seu dia! Oxala tivese nacido 20 anos antes! ¿Como é posible facer unha cancion tan boa?

A amizade

Monday, November 24th, 2008

Nestes momentos nos que a miña amiga Karine está en Mexico, Julia en Tenerife e Iria na Coruña, as cousas semellan algo máis difíciles. Máis aínda se contamos con que quedo sen traballo e marcho a outro país, que parece que non pero mete bastante medo.

Hoxe recibín un paquete dende Tenerife. Cun libro (El Universo Elegante) e unha carta escrita a man pola miña amiga Julia. Na carta, ademais das súas cousas manda moita forza e moitos animos, e di que se lembra de min, que teño que tirar para adiante e que de seguro nun futuro volveremos vivir na mesma cidade.

Qué incrible.

Monday, November 24th, 2008

Non podo cos 40 principales. As 8 horas do curro escoitando a merda dos 40. Todo o dia as mesmas cancions, odioas!
JODER!
Maná, La Oreja de Van Gogh, Melendi… É que xa non podo mais! E as orellas si que non as podo pechar!

Por certo, que carallo é unha persoa tenue? Porque Melendi di na sua merda de cancion “Eres tan tenue”

Non podo mais cos 40! Demasiadas horas!

The Duplets

Wednesday, November 19th, 2008

Estas son as Duplets coa súa versión de The Queen of Argyll:


Pareceume unha versión moi sinxela e bastante boa, así que investiguei un pouco.
Na súa web contan a historia de dúas rapazas que tocan o harpa (escribese asi en galego?) escocés dende hai moitísimos anos, e de como decidiron o que comunmente se lle chama “ir á súa bóla”.

Na web hai anaquiños de diferentes cancións. Básicamente é harpa, ainda que lle meten banjos e outros instrumentos. Parece mentira o ben que soan! Teñen tamén un Myspace.

Realmente penso que nunca sabemos o que pode dar de si un instrumento.

Scotland! Tiruriruriiiii

Wednesday, November 19th, 2008

Cambian as cousas!
Onte, falando cunha amiga de Julia decidín mudar Glasgow por Edimburgo. É bó poder tomar estas decisións. Seica me poden axudar cunha casa ali, e como a min en realidade tanto me ten…
Dentro do tristina que ando estou leda, morro por coñecer Escocia! Falarei con acento escocés cando pase o tempo? jaja

Julia recomendoume esta cancion hai tempo:


Jeje, poñoa pola letra!

I’ll be in Scotland before you! jaja

Monday, November 17th, 2008

Os meus poderes meiguiles xa son coñecidos no meu traballo.

A semana pasada, na clase de inglés, puxeronnos un papeliño nas costas (xa coñeceredes o xogo) a cada un co nome dunha persoa famosa, para adiviñala. Eu quedei moi seria no meu turno (en serio!) e preguntei se era muller e cantante, e souben quen era con esas dúas preguntas. Sospeiteino na primeira, pero non estiven segura ata a segunda. Veume o nome á mente de súpeto.

Hai unha semana, cando estaba Iria aqui na casa, sonou o meu mobil. Mirei para ela e dixen “É unha mensaxe de fulanita”. E tal cual.

Hoxe (jaja) antes de durmir a sesta pensei nos mosquitos, e no tempo que habia que non me picaba un. Ás dúas horas espertei cunha picadura na meixela.

Tamén podo percibir estados de ánimo a distancia! Comprobado! Unha amiga estaba de viaxe, e de súpeto pensei nela, pensei que tiña que chamala, algo me dicia que tiña que facelo. E sí, algo pasara.

Son casualidades que a todos nos pasan de cando en vez, pero as miñas ás veces son esaxeradas. Contoume meu pai que a el tamen lle pasara coa miña idade. Porén, á miña nai non.

Outro dia falo dos soños.

Tagore, outra vez

Monday, November 17th, 2008

Hoxe estaba a agardar por uns amigos na praza de Lavapiés. Levei un libriño de Tagore para pasar o tempo, un novo que non lera ainda. E atopei este poema, e pareceume tan perfecto para o momento que estou vivindo que teño que poñeolo aquí.
Espero que guste :)


Están rotas mis ataduras, pagadas mis deudas, mis puertas de par en par… ¡Me voy a todas partes!

Ellos, acurrucados en su rincón, siguen tejiendo el pálido lienzo de sus horas; o vuelven a sentarse en el polvo, a contar sus monedas. Y me llaman para que no siga.

¡Pero ya mi espada está forjada, ya tengo puesta mi armadura, ya mi caballo se impacienta!… ¡Y yo ganaré mi reino!

Joooder

Thursday, November 13th, 2008

Nova

Además, De Juana exhibió a los funcionarios de la Sección Consular un documento que certificaba que se había matriculado «para seguir cursos de gaélico para inmigrantes durante el periodo otoño-invierno», lo que subraya su determinación de residir en Irlanda.