Anotacións do mes December, 2008

Feliz aninovo!

Wednesday, December 31st, 2008

pocochristmas2.jpg

Crepúsculo e reflexión

Wednesday, December 31st, 2008

ou lusco-fusco :)

Onte fun ó cine a ver Crepúsculo (Twilight). É unha peli baseada na saga de libros de Stephenie Meyer.
Son fan, jaja. Penso que son libros feitos para raparigas noviñas, pero a min dame igual.

Bella, rapaza incomprendida chega a pobo. No pobo hay unha familia chachi e están todos boísimos. Especialmente Edward. Son vampiros. Edward e Bella namóranse. Ying-yang. Ben-mal. Depredador-presa. Luxuria-castidade.
Disto tratan, básicamente. Pero son varios e son moi entretidos, porque polo medio desa relación hai lobishomes, unha especie de monarquía vampírica, bailes, festas, reglas rotas e rebeldía.

Gustanme moito, e estou a converterme nunha especie de vella verde porque namoireime do personaxe de Edward interpretado por Robert Pattinson. Pero namoreime moito, ata o punto de que estaba toda encollida na butaca a piques de berrar como unha adolescente cada vez que poñia unha das súas poses ou cada vez que ollaba en plan “que guapo que son”.
E a pelicula encantoume! Moi ben feita, entretida e cunha música máis que bonita. Agardaba algo máis infantil, pero non.

Deixo aquí Bella’s lullaby, unha canción da película


E penso nesa nova que lin hai uns días sobre que as pelis románticas mancaban ás parellas, porque tendemos a idealizar e a querer o que vemos nestas peliculas.
Eu penso que non idealizamos ó protagonista. Por exemplo, no caso de Crepúsculo, eu non quero un mozo vampiro que me poña en perigo. Non. O que quero é un rapaz coas súas cousas malas, que sexa atento, que mire por min e que me queira. E nisto baséase tanto o personaxe coma unha relación.
As películas e os libros románticos non son malos. Ninguén soña con viaxar no tempo e coñecer un escocés super macho que che diga cousas bonitas, pero sí con alquén que te cuide e que che diga o moito que te quere. E se isto non está ben, a culpa non é do xénero romántico, senón da parella en si. É moi doado “tirar balones fuera”, pero ninguén (e estou falando en xeral, que ninguen se me amole) quere recoñecer que hoxe en día somos todos bastante egoistas sen ganas de facer certo tipo de esforzos para que estean ben os que temos ó lado.

E por isto, eu quero un Edward Cullen ó meu carón. Que mire para min e pense que son única.

Son unha romántica.

Cousas inconexas

Tuesday, December 30th, 2008

Ó final chamoume hoxe un rapaz do INEM para dicir que tiña o paro aprobado :) Un home ben bó, porque falara con el hai uns días e dixerame que non ía poder facer nada pero que de tódolos xeitos ía mandar mails a Madrid e a levar o tema, a ver que pasaba. E hoxe, o ultimo dia, chamou. Realmente non tiña por que facelo, porque en teoria chega unha carta a casa, pero el o fixo. Para el, gracias.

Julia escribiume onte dicindo que me tiña medio amañada unha habitacion temporal en casa duns amigos dela en Edimburgo. Se ó final sae, será unha preocupacion menos e lle estarei agradecida por sempre xamais.

Queda o tema do billete e do NIN. Para o NIN preciso unha proba de residencia. E digo eu, se os meus compañeiros de piso non queren poñer nada ó meu nome e o contrato de aluguer non é válido para solicitalo, que poderei facer?
Cantas dúbidas!

Tamén estiven pensando en deixar morrer o blogue (ainda que xa está ben morto) e abrir un novo en blogspot. Arquivar todo o que levo escrito dende 2004 e listo. Xa verei o que fago.

O meu pai anda algo doente e eu estou moi preocupada, pero bueno. Este nadal pasou a fume de carozo e xa non me lembro de nada, de tanto que teño na cabeza. A cea de noiteboa durou unha hora por mór de que meu avó quería marchar, e o xantar de nadal o mesmo. Eu non estaba de bó humor, e meu pai estaba doente, e a miña nai de malas… como odio o nadal.

E nada, xa estou leda outra vez. Fun ata o Kiosco Alfonso a ver unha exposición que fala sobre o galego, e sain bastante “pse”. Esperaba algo máis de profundidade.

A vindeira semana mercarei o billete de avión e marcharei rumbo a Edimburgo. Falo un inglés perralleiro, un portugués de merda, un castelán madrileñizado e un galego case castrapo. Vai ser o carallo! Non me vou entender con ninguen, jaja. Pero éme o mesmo. Quedo coas cousas boas de aquí e cousas boas sei que virán.

Canto botei en falta a Repi, á que xa puiden ir tres veces dende que estou aqui!

E agora dame por pensar nun rapaz, e no que comecei a sentir por el aló en Madrid. Marcho sen lle dicir que teño morriña del. No fondo son unha covarde. Cando se trata de arriscar sentimentos prefiro que o fagan outros.

Friday, December 26th, 2008

Quero marchar.
Coruña anulame, non sei por que, pero é asi.
Sei que me anula porque non teño ganas de falar con ninguen, nin de viaxar, nin de comer nin de nada. Levo uns dias sen rir, e apenas digo catro ou cinco frases.
Pero tamén sei que non son asi. É curioso que poida estar en calquera lado agás na Coruña.
Non quero facer nada, só sentar no sofa a agardar pola marcha. E é moi triste decatarse de que o teu lugar está lonxe dos teus. Que non es quen de sair a dar unha volta cando os teus pais están a facer esforzos porque esteas ben.
Isto é Coruña para min, un sentimento de culpa e frustración constante.

Por certo, na miña antiga empresa contrataron outra persoa. A min dixeranme que non tiñan cartos para contratarme. Seica non lles gustei e nin sinceridade merecin.

Ainda non me aprobaron o paro.

O meu antigo compañeiro de piso ainda me debe perto de 70 euros.

Que ganas teño de marchar.

I don’t care, I’m still free

Tuesday, December 16th, 2008


take my love
take my land
take me where I cannot stand
I don’t care
I’m still free
you can’t take the sky from me

take me out
to the black tell ‘em I ain’t coming back
burn the land
and boil the sea
you can’t take the sky from me

have no place
I can be
since I found Serenity
but you can’t take the sky from me

Xa estou na Coruña

Monday, December 15th, 2008

Ainda non fun quen de sair da casa. Estou facendo un esforzo para vestirme e ir ó Mercadona da Ronda de Outeiro.
Levo facendo o esforzo dende hoxe á mañá.
Veña, á ducha!

Deica logo!

Saturday, December 13th, 2008


Sometimes I feel
Like I don’t have a partner
Sometimes I feel
Like my only friend
Is the city I live in
The city of angels
Lonely as I am
Together we cry

I drive on her streets
‘Cause she’s my companion
I walk through her hills
‘Cause she knows who I am
She sees my good deeds
And she kisses me windy
I never worry
Now that is a lie

I don’t ever want to feel
Like I did that day
Take me to the place I love
Take me all the way

It’s hard to believe
That there’s nobody out there
It’s hard to believe
That I’m all alone
At least I have her love
The city she loves me
Lonely as I am
Together we cry

I don’t ever want to feel
Like I did that day
Take me to the place I love
Take me all that way

Under the bridge downtown
Is where I drew some blood
Under the bridge downtown
I could not get enough
Under the bridge downtown
Forgot about my love
Under the bridge downtown
I gave my life away.

Dous anaquiños de Tine Lasta

Wednesday, December 10th, 2008

Soletra o teu nome e dío, dío, dío, dío coma
coma o ves, coma o sintes, fai o que che pete, fai o que che pete,
pero asegurate de que é o queres facer.

Fai o traballo a man, faino, faino, fai, faino ata que estea feito.
A vida muda, ti mudas e tanto ten
o que pensabas antes
A vida muda, ti mesmo mudas a pesares do que pensabas con antelación.

Tuesday, December 9th, 2008

Pois si, é el. Escribiume en resposta á miña mensaxe. Seica segue sendo actor, é un ano mais vello ca min e ten moza. Taráaaa! jaja.
Puiden ver algunhas fotos, é coma lembraba. Non resulta curioso o pequeno que é o mundo? E que eu, que son unha fisionomista de merda, lembre a súa cara coma se o tivera diante outra vez?
Son asi os amores platonicos?

Friday, December 5th, 2008

Que ben o pasei esta noite!
Fun a casa duns amigos a cear. Logo fun tomar cañas con outros amigos, e agora na casa estou a ver Mentes criminais, que me gusta moito.

Onte fun cun amigo a La Casa Encendida, o museo de Caja Madrid, e tamen fun a CaixaForum, o museo de La Caixa. Despois atopamonos co tipico rapaz que coñeces cando estás peneco pero que de velo moitas veces xa pasa a ser coñecido, jaja, e estivemos falando un anaco. E logo quedei con outro amigo para tomar máis cervexas.

E nada, agora de puta madre aqui, vendo Mentes criminais e comendo galletas, jaja.