Anotacións do mes February, 2009

Friday, February 27th, 2009

A entrevista foi ben, saberei se lles gustei a vindeira semana.
A parte boa é que é o meu traballo soñado. Encántame, encántame a compañía e as condicións. Gústame todo, todo!
As partes malas son variadas. Teño un medo do carallo a non entender á xente. Teñolle medo ó Access. Seica temos que facer informes para o governo de cando en vez. Pois teño medo deses informes. Teño medo de atoparme moi ben aqui e non querer voltar. Medo de integrarme e cambiar. Medo de non poder ver á miña familia en moitos meses.
Se cadra chaman a semana que vén dicindo que nanai (o mais probable). Sería terrible que me dixesen que non. Pero tamén sería terrible que me dixesen que si!

Canto mediño, canto canto mediño teño! Expliqueilles na entrevista que o ingles non é a miña lingua materna, e que ata o de agora non tiven moito problema (e é verdade, gracias a Cthulhu). Pero que pasa se chama xente e non entendo un carallo? Non é algo que se poida aprender dun dia para outro!

Quero ese traballo pero non o quero. O que quero agora e ir ver á miña familia e darlle unha aperta grande a meu avó. Pagaría o que fose por iso. Pero non teño cartos! E se me collen, canto tempo estarei sen poder viaxar a España?

Oh, o entrevistador era ben feitiño!

Wednesday, February 25th, 2009

Tras mes e medio na procura de traballo sen resultados, hoxe tiven outra entrevista (a segunda!) para ser camareira nun restaurante español que vai abrir o 18 de marzo.
Aqui os restaurantes españois molan, para min son moi divertidos. O uniforme neste sera unha camisa rosa, jaja! Onte comecei o traballo de voluntariado coma camareira, e ainda que é esgotador, gústame. Sei facer capuccinos! E white coffees!

Ó chegar á casa tiña un e-mail de resposta a un CV que enviara para ser administrativa nunha academia. A entrevista é mañá, e faranme un exame de Access e de Excel. Xenial, os meus favoritos (isto é ironico). Hai seculos que non emprego o Access coma hai que facelo, e sei facer cousiñas soltas porque é moi sinxelo, pero non teño soltura. Có Excel máis do mesmo. Sei empregar os dous porque nos meus pasados traballos habia que facelo, pero non sei que carallo me van pedir. Non estou tan sobrada coma co Word, porque emprego o Word case a diario.
Asi que ando practicando un pouco, pero é que tampouco sei o que practicar… E se penso nas macros tremo.

Mañá tamén teño outra entrevista, dúas horas antes ca esa. É nunha ETT, só para ver as ofertas de traballo e tal, pero xa me queren entrevistar dende o comezo.

Así que tras mes e medio, xuntanse en dous días tres entrevistas.

A verdade, gustariame que me saise a do exame, porque o sitio de traballo está a carón da miña casa, nun centro comercial que pecha ás 6.30 da tarde, polo que non está nada mal. Xa se vera!

Hoxe á noite (que aqui a noite é ás 8 da tarde, fuck!) vou comer sushi cos amigos dos meus amigos escoceses. Dame moita preguiza e rabia gastar os cartos, pero xa van tres dias que me escaqueo e seguen a chamar, e como aqui son tan educados, non quero que pensen que non me caen ben.

E xa esta. En xuño remata o meu contrato do piso. Que hei facer? Sei lá!

Lúnasa toca en galego

Tuesday, February 24th, 2009

Que sorpresa levei hoxe, nunca escoitara esta cancion de Lúnasa!

Ben por eles!

Reflexions de madrugada

Monday, February 23rd, 2009

Estaba hoxe lendo o mes de xaneiro do ano pasado, e lembrei moitisimas cousas. Viñeron a min sensacions, pero boas. Polo meu nariz apareceu o cheiro de Madrid, aqui, a tantos kilometros da miña terra.
E penso ¿é esta a miña vida? O ano pasado foi un rebumbio de acontecementos! Parecia que a miña vida seguia en Madrid, perfilandose dalgun xeito. Pero marchei, e agora estou aqui e só teño lembranzas, morriña e un ordenador. Penso en voltar para Madrid pero non quero aínda. Penso en quedar aquí e non quero, porque non podo ser eu, porque somos moi diferentes. Pero tamen penso en que é de noite cedo, e eu morro pola noite. E cando é noite achegome camiñando ata South Bridge, e miro para o castelo, e miro para a montaña, e sintome tan ben… Edimburgo é coma unha especie de balsamo para a alma. Á noite non hai moita xente na rúa, pero iso fai que a Old Town sexa miña, mentras os borrachos miran para min, sobria, e pensan que son unha excentrica.
¿Que busco? Non o sei. Xa vou para os 26 anos e teño unha vida medio jipi medio rara. Será que o fogar non existe? Cando penso en fogar penso en Madrid, que raro. Emprego este idioma que sinto máis propio que o castelan, devezo pola terra e polas arbores, encantame a musica tradicional… pero penso en min coma se fose madrileña, e no fondo sei que non son de ningures.

Mañá tocarame repartir máis curriculums nun idioma que non é o meu e ser alguén que non son para que me ofrezan traballo. Tomar o meu te, ir á compra, pasear… Repetir milleiros de veces o diálogo:

- Where are you from?
- I’m from A Coruña
- Oooh! Deportivo!

O único que se coñece aqui da Coruña é o Dépor, e eu non teño nin idea de futbol!

Boto en falta a poesía. O meu benquerido Xulio Valcarcel, que agarda por min nunha caixa. Rosalía, ai Rosalía!
Boto en falta estar tranquila. Aqui pola rúa cando ollan para ti, o educado é sorrir. Nunca gostei de que ollasen para min, e en Madrid tiña esa vantaxe.

E lembro o xaneiro pasado. Ano e medio despois pareceme ata gracioso todo aquilo. Ó final estou cumprindo un dos meus soños, que é vivir fóra de España. Jorge, Jorge. O seu nome non me di nada. Non teño lembranzas del, o tempo que pasamos xuntos non existe na miña cabeza, de verdade! Non teño anecdotas chusqueiras que contar, pero sí as teño con Javier ou cos meus amigos.

Escoito coches na rúa, con volantes á dereita. Vexo xente española polas rúas. Bebo pintas ben baratas. Volvo bébeda cos meus compañeiros de piso tras 9 cervexas. E vivo una vida que non é a miña. Se cadra deberia voltar a Madrid. Só Dublin berrou unha vez mais alto que Madrid chamándome. Pero achégome a South Bridge e miro para o castelo, e miro para a montaña, e sintome tan ben… Edimburgo é coma unha especie de balsamo para a alma.

Sunday, February 22nd, 2009

Tremendisimo o capitulo 3×10 do Dr. Who, “Blink”.
BRUTAL con letras maiúsculas, un dos mellores capitulos dunha serie que vin na miña vida. Xenial!

Wednesday, February 18th, 2009

O mundo cada dia da mais noxo. Agarrome con forza ós meus ideais para non esquencerme deles, son a única cousa que segue en pé neste mundo de merda.
O futuro semella un buraco negro que chucha todo o que pode. E eu ás veces sinto que quedo sen forzas.

Que dificil é emigrar, joder. Hoxe falei cunha rapaza dunha axencia, a segunda que me chama dende o 13 de xaneiro. Cando llo comentei ficou moi abraiada, preguntou o motivo, jaja. Coma se eu o soubese! Dixo que as cousas estaban mal, pero non tan mal como para estar nesta situación.

Fixen varias versions do meu CV. A ultima delas foi revisada por unha axencia de orientación e por un amigo. Dia a dia recibo respostas negativas ás miñas solicitudes de entrevistas, e día a dia vexo pequenas cousas que me fan dubidar da ausencia de racismo.
Dende o 13 de xaneiro, contei 120 e-mails rexeitando o meu CV. Máis catro cartas. Máis os que non respostaron, que non sei cantos son.

Non é normal, non penso que sexa normal, hai xente con traballo e menos experiencia, formacion e nivel de ingles ca min, non entendo o que pasa. Pero non quero mentir, non quero poñer no CV cousas que non son verdade. Odio a mentira. E así estou facendo o parvo aqui.

Teño sorte de non estar en Irlanda. Seria demasiado terrible vivir isto en Irlanda. Os escoceses teñen algo de sorte de que a miña mellor amiga sexa escocesa, porque teño moitas ganas de mandalos tomar polo cú, e que vaian rañala cos seus putos empregos. Onte estiven unhas dúas ou tres horas para completar unha solicitude de traballo a media xornada en correos. Non me da nin para vivir ó mes. Dúas jodidas horas contando a miña vida, todas as miñas residencias, traballos, estudios, asignaturas.

Pero non me van botar de aqui, sintoo por eles. E confesarei o que non lle conto a ninguen: Estounas pasando MOI putas. Putísimas, putérrimas. E todo isto sen xente da que estar arrodeada, é dicir, completa e absolutamente soa no meu cuarto, hora tras hora, dia a dia. Se me paro a pensar na posibilidade de que me pase un bus por enriba, o tema ata semella escarallante. Teño poucas ganas de todo: comer, durmir (onte durmin de 7 a 10, e hoxe xa son as 3 e aqui sigo), falar… Mais non caerei da burra, aqui viñen, aqui quedarei.

Wednesday, February 11th, 2009

Non hai moitas novidades. Sigo sen traballo, a cousa está mais que complicada en Edimburgo. En Glasgow ou Londres tería sido diferente, mais estou aqui, asi que non sei que vou facer. Teño contrato co piso ata xuño. Seguireino intentando, pero non hai xeito de atopar traballo.

Vou coñecendo xentiña e facendo as miñas cousas. Xa teño banco e tarxeta :D Numero da seguridade social, medico, pub e ex mozo, jaja. Só levo un mes aqui, pero ó non ter traballo aproveito moito o dia.

Merquei roupa e trapalladas varias. Uns tenis fucsias e negros, unha chaqueta, camisetas e o cd das Duplets, que para residentes en UK tiñan os gastos de envio gratis. Só paguei 10 libras por el. A verdade é que todo dios di que o RU é caro, pero eu non o creo. A comida esta moito mais barata que en España, e hai moitisima variedade de productos. Podo mercar polo tikka por 1 libra, e hale, xa teño comida. O caro aquí é a merda do Council Tax e os vicios, pero penso que se vive moi moi ben. Dache tempo a todo, todo esta perfectamente organizado (unha putada para min, que gosto de ser unha bandarrias).

O meu compañeiro de piso propuxo ir a ver a Amadou et Mariam, que veñen este mes e tocan a carón da nosa casa. Asi que mercamos as entradas. Estiven a mirar mais concertos e hai moitos con boa pinta. Ven tamen Yann Tiersen, pero non podo pagar 85 libras por unha entrada, é esaxerado!!

E como xa paso de coñecer xente ou non, ando indo a sitios eu soa. Na Galeria Nacional teñen un Velazquez! E se non me lembro mal, tres cadros de El Greco e dous Goyas. Tamén dous de Zurbarán. Cando vin o de Velázquez (Vella fritindo ovos) flipei, devezo por Velazquez e por vez primeira vin unha pintura súa en directo!
Propuxenlle ós amigos dos meus amigos escoceses irmos este venres a un concerto de folk, a ver que din. Se non queren irei eu soiña, que ainda que nesta cidade son bastante cotillas e miran para ti por calquera cousa, a min xa me importa pouco!