Anotacións do mes March, 2009

Monday, March 30th, 2009

Onte preparei os espaguetis mais ricos que nunca. Sabian a comida de verdade. Lembraronme lonxanamente ós que prepara meu pai, e tiven morriña comendo os meus propios espaguetis. Non é triste? jaja

Monday, March 30th, 2009

Ando algo nerviosa porque a habitacion non se da alugado. Hoxe veu un rapaz polaco moi agradable a vela, pero escribiume dicindo que non lle interesaba. Se non a alugamos, temola que pagar entre o meu compañeiro e mais eu. El está tan pancho, pero eu non podo pagala, e ademais é inxusto porque temos contrato por habitacion, non polo piso enteiro.
O meu compañeiro di que “take it easy”, pero non podo take it easy 167 libras de mais no meu aluguer.
Non contactou comigo ninguen mais. Viñeron vela un mexicano, unha francesa e o polaco de hoxe. Ninguen mais :(

Sunday, March 29th, 2009

Hoxe fun a un bar que hai pertiño da Royal Mile. Chámase The Elephant House, e nel cómese bastante ben, e estase ben tamén se se quere ler, tomar un chocolate e descansar un anaco. Teñen un taboleiro con bastante sona aqui, onde se poden atopar compañeiros de piso, clases, concertos… Como estamos a buscar un compañeiro de piso, fun poñer o anuncio. Coido que no camiño collin algo de frio.
Á volta pasei por un videoclube que hai a carón da miña casa, e me fixen socia. Paguei 1 pound por facerme socia, e alugar unha peli por 6 horas custame 0.99 pounds. Ridiculamente barato, cando en Madrid estaba pagando 3 euros por alugar unha pelicula, e se queria a tarxeta para o caixeiro tiña que pagala aparte. Estiven lareteando co dono do videoclube sobre a crise, o traballo, as suas vacacions en Sevilla…
Aluguei dous pelis: 1408 e Quarantine.
1408 comeza tan ben… pero despois volta ó mesmo de sempre e resulta un coñazo.

Quarantine tiña moitas ganas de vela, porque Rec gustarame moitisimo. Xa sei que hai opinions de todo tipo, pero eu pasei MEDO de verdade no cine vendo esta ultima.. Encantanme as pelis de zombis, e Rec pareceume moi ben levada.
Neste intre estou a ver Quarantine, e estou abraiada pola desfeita que fixeron estes americanos. Rec tiña moito de real, de sicolóxico, con veciñas marujas e criticonas, por exemplo. Nada era excesivamente gratuito, e mais ou menos tiña senso.
Quarantine ten sangue estupida e gore innecesario. E a min gustame o gore, pero é que aqui sobra! Realismo 0! Dialogos estupidos, actores coñecidos (isto fai que semelle menos real ainda). Os momentos de tension estan mal levados, e iso que son case iguais, pero non, non está ben conseguida (zooms artificieiros, por exemplo). Poderia falar de escenas especificas pero non quero destripar nada.

Novo disco de Guezos!

Friday, March 27th, 2009

Xa choveu dende que os escoitei por vez primeira, alá polo 2004, e seguen a gustarme moito! A ver con que me sorprende o novo disco!
Na súa web xa hai datas de concertos (a boas horas escribo isto! jaja).

Unha das novas cancións que van aparecer no disco, A esmorga, pódese escoitar en Komunikando.net.

Ole oleee!

Friday, March 27th, 2009

A nova habitacion é a hostia! :D Estou aqui, no sofa, quentiña e bebendo un té rico rico. Ahi diante está a tele se a quero acender (que vai ser que non), e a estufa esta dalle que te dalle. O vento brúa fóra, pero as cortinas están pechadas, así que estou de marabilla!
Onte chamei a Orange para liberar o meu móbil español e asi poderlle poñer a tarxeta do mobil británico, e sorprendentemente, me deron o código para facelo! Asi que puiden facer unhas fotos de Edimburgo, a vindeira vez que vaia a Coruña hei traer o cable.
Merquei unha webcam nun sitio que hai que ten cousas de boas marcas pero baratisimas, é un outlet onde hai de todo. E agora xa teño webcam ó fin!
esc2.jpg

Wednesday, March 25th, 2009

Hoxe erguinme cando me petou e vin que saira o sol e que ía calor :) Vestinme tras unha ducha estupenda, metin o meu uniforme nunha bolsa e saín á rúa.
Collin un bus, porque quería chegar ó restaurante con ese arrecendo a champu que temos cando saimos da ducha. Alí aparecín. Abrín a porta (imaxinade que agora soa música do oeste, de cando un vaqueiro aparece no Saloon) e todas as olladas fitaron en min. Tres olladas, jaja. Non habia clientes, o chef saudou con cariña de mágoa (é un tio xenial, en dous dias que traballamos xuntos nos fixemos moi bós compañeiros) e a outra camareira tamén. A trepa nin me mirou, mellor para ela. O meu xefe virouse paseniñamente, e me dixo “Let’s go to the office”. Na oficina estaba a súa muller, a miña xefa. Puxo cara de mágoa (pero xa non cola) e dixo “I’m sooooooo sorry!” E eu dixen que tamen sentia terme posto mala, que desgraciadamente non podia ainda controlar os meus virus. O meu xefe tiña cara de mala hostia. Ela seguia dicindo que por suposto que non, que non era por iso, era porque tiñan staff dabondo e bla bla bla (casualmente eu son a unica á que botaron). Que cando chegasen mais clientes isto, e aquilo… O meu xefe non falaba. Colleu un sobre e sacou cartos. Preguntoume polas miñas horas e cando llas dixen ollou para min desconfiado!! Jaja, a min aquilo xa me parecia moito asi que rin de boa gana e dixenlle, coa man en alto, que era a miña palabra! Deume tres libras de mais porque non tiña cambio. Pero eu si que tiña, eu non quero nada regalado. Dinlle as tres libras e cando a xefa dixo que era a primeira na súa lista á que ían chamar se precisaban de xente eu puxen cara de boa persoa e dixen de xeito mooooi lene “ooh, moitas gracias. Estou segura diso, confio en vo-los dous”. Sí, señores! Un anaquiño de retranca asomou pola miña boca!
Logo fun cara a porta, a trepa seguia fala que fala das mesas e dos pratos, e o chef e a camareira despedironse de min con cariña de magoa. Eu saín en plan Walking on sunshine e volvin andando para a casa cos meus cartos quentiños no peto. Logo decidín ir cortar o pelo, e hale :)

Wednesday, March 25th, 2009

Tamén é ben curiosa a morriña. Cando era cativa e estaba nalgún campamento non paraba quieta, sempre acababa choromicando (que vergoña!) e chamando á casa para que me viñesen buscar. Meus pais nin caso, e eu xa me esquencia logo da casa e o pasaba moi ben, agás unha vez que si que tiveron que vir porque menudo sitio…
Aquela sensacion era moi angustiosa, era falta de liberdade, control… O que mais me angustiaba de todo era a hora de durmir, que non se podia facer outra cousa que durmir. Eu queria sair de paseo, argallar…

A morriña de agora é diferente. Non quero chamar a casa e voltar. É morriña de tempos pasados! Teño liberdade para ir e vir. ¡Claro que boto en falta a miña casa! pero é diferente, non é angustiosa, non teño as mans atadas. É sinxelamente algo así coma un oco na alma que ainda estando en España sigo a ter, pero mais pequeniño.

Lembranza

Wednesday, March 25th, 2009

Acabo de lembrar unha cousa! Todos andamos moendo coas mesmas cousas todo o rato, e de súpeto aparece unha lembranza, un episodio da tua vida.
Hai xa moito tempo que morreu a miña avoa Carmen, a muller do meu avó, que aínda vive. Bótoa en falta a diario, ese “Ay María!” que dicia no teléfono cando eu collía o telefono, o caldo, o nadal… Deixou de gustarme o nadal cando ela morreu. Era moi cuca e comigo nunca falaba galego, ela era moi señorita, que vos vou contar de como eran as cousas antes en Galicia!

Pois hoxe, cando o meu xefe me despediu por telefono, sentei na habitacion moi moi angustiada pensando nas ganas que tiña de borrar os meus ultimos 15 anos de vida e de ser nena de novo, a pesar de todo. Collin un libro de Enid Blyton que teño aqui en Edimburgo e pensei en meu pai indo ó Continente de Lugo, estando eu na aldea, e en como aparecia cargado de libros de Enid Blyton para min, para ler alí na aldea. Empecei a lembrar cando me sentia triste de cativa, o que facia. E de súpeto, unha lembranza veu á miña cabeza. Eu, ó teléfono, contandolle á miña avoa as miñas inquedanzas por algun suspenso “sí, abuela, yo estudio pero no apruebo!”. E ela sempre dicía “Voy a pedir por ti”.
Lembrei como rezaba o rosario á noite, e como me dicia “Voy a pedir por ti”. Unha frase de acougo que habia moitísimos anos que non aparecia pola miña cabeza. Hoxe decidiu aparecer, e no medio da morriña e da angustia, como son medio parva (e atea, quen o ía dicir!), deume por pensar que a miña avoa seguia aqui comigo, e que se estivese viva hoxe teria dito esa frase.

¡Sintome tan ben agora!

Tuesday, March 24th, 2009

Hoxe ó chamar ó traballo para dicir que xa estou ben, despedironme por ter faltado 3 días por estar doente.
Non, non é coña. Só é a miña vida.

Sunday, March 22nd, 2009

Levo con gripe tres días. Tres dias metida na cama, soa. Onte pedinlle ó meu compañeiro se me ia á tenda, porque non podia coa vida, e gracias a iso teño fruta en zume.
Esta sendo a gripe mais dura de toda a miña vida. Estou faltando ó traballo (ó que puiden ir 2 dias), estou completa e absolutamente soa en Edimburgo, sen visitas, sen ter a quen chamar. Só eu e a miña cama, e por suposto, como todo pode ir peor, o meu corpo decidiu lembrar que son muller no peor momento posible. Aparte diso, un irman de meu avo morreu e tampouco puiden viaxar a España.
Estou pensando en mandar todo ó carallo e voltar a Madrid. Unha cousa son malas rachas, e outra casualidades tan perfectas coma estas.
Vou comer a mazá que me queda e a seguir metida na cama. O dia ten demasiadas horas.