Anotacións do mes April, 2009

Beltane

Monday, April 27th, 2009

Este xoves en Calton Hill, aqui en Edimburgo, celebrase o festival de Beltane. O tema é que vai haber lume, e eu que este ano non vou ter San Xoan irei a este festival de cabeza!
Vou coa rapaza holandesa e cos seus amigos. Sinto moita curiosidade, sobre todo pola frase “Includes some nudity and “uninhibited behaviour.”" hehehe

Por outra banda, escribiume o meu futuro profe de bodhran, que marcha para Croacia e á volta ten pensado ensinarme uns ritmos e unhas webs moi interesantes según di. Moito me tarda xa!

(P. xa anda amolando. Tagore achegase a fume de carozo!!)

Saturday, April 25th, 2009

Penso que ó fin estou tendo un comezo aqui. Cando hai un cambio de cidade (ou de pais), as cousas non teñen un comezo ata que pasan uns meses, isto é o que penso eu.
Eu xa teño o meu, tras tres meses algo terribles, todo hai que dicilo. Todo ia mal, e na mesma semana fun aceptada na universidade e nun traballo :) O xoves fixen unha entrevista no aeroporto de Edimburgo para traballar en atención ó cliente. Ía de subidón porque disfruto moito nos aeroportos, en Madrid tentara entrar a traballar en Barajas tamén. Así que a entrevista foi moi ben.
Onte chamaronme da axencia dicindo que lle gustara á rapaza que me entrevistara e que comezo o vindeiro mércores. É dicir, estou nun país que non é o meu, nun idioma que non é o meu, traballando e indo á universidade. É unha cousa incrible, o sentimento de logro é enorme. Cada dia aqui é un reto, e semella que xa vou acadando certas metas.

Saturday, April 25th, 2009

Nesta semana xa vin ó meu noruego un par de veces, a ultima o xoves á noite. Pasamolo moi ben! Fomos tomar unha pinta e logo viñemos ata a miña casa (sen intencions, que eu ando arrefriada!) para pedir unha pizza e ver Young Frankenstein. E despois a tele, e despois Family Guy, e despois Black Books… etc etc ata que deron as 10 ou as 11 da mañá. Eu estaba morrendo co arrefriado, quedamos durmidos e espertamos ás 12 flipando un pouco.
Supoño que hai una “cousa” que “avanza” cara algun sitio. Onte falamos un anaquiño á noite, e xa me tarda velo outra vez, pero bueno. Paso de todo, porque en realidade non creo no amor. Teño unha vision moi pesimista das relacions entre a xente.
Aprendin unhas cousas en noruego pero xa as esquecin. Só lembro cómo pronunciar ben o seu nome. Algo é algo.

Noites en Edimburgo

Monday, April 20th, 2009

O venres saín cunha rapaza amiga dunha amiga a celebrar a miña entrada na universidade e a súa saída cun doutorado :)
Foi unha noite estupenda. Comezou xenial, falamos cos camareiros do pub que hai a carón da miña casa, eles aproveitaron para practicar español, escoitei a cancion do Xenon 2, brindamos polas University things e saimos algo bébedas xa, jaja. Era a 1. Fomos ó Whistle Binkies, un bar de musica en directo que abre ata as tres. 3 libras a entrada, na que especificaban “Female” cousa que provocou un esmendrelle pola nosa parte (cousas do alcol) contaxiado ó rapaz das entradas, que preguntou se se equivocara (mais risas). Habia unha banda de folk-rock dalle que dalle, e bailei cos amigos da banda ali diante mentres a miña amiga era acosada por un australiano (moi hot, todo hai que dicilo) e ela pasaba do tema. Falei co violinista e non entendin un carallo pero dixen que si a todo. Máis bébedas ainda (pero non dabondo!) saimos fumar un pouco non sen saudar ó rapaz das entradas, e enton unha cabeza cor cenoria asomou. A cenoria era en cuestion un noruego de dous metros estudiante de arte da miña idade, antigo compañeiro da miña amiga. Estaba cun amigo seu, e ala fomos os catro a beber viño Berberana a casa do amigo de Cenoria (chamémoslle P.). Dalle que te pego ó viño e bicos por aqui e bicos por ala na cociña. No frigorifico quedan imans deses que son letras, formando as palabras “Norway” e “Galicia”. Alguén di de sair á rua e rematamos ás 5 ou ás 6 en Arthur’s Seat, un monte que hai aqui, cun termo de cafe e unhas tazas do Ikea, vendo o mencer. Caemos sobre unha ortiga e escarallamonos pernas, mans, brazos… pero nada importa, porque a noite é de puta madre, non fai frio e hai bicos. A man de P. non quere soltar a miña e a miña deixase levar. A miña amiga desaparece, e eu esperto o sabado vestida (importante!), en cama allea e lembrando conversas sobre poesia, leccions de noruego e máis bicos. Tras pedir un taxi para min, intercambiamos telefonos. Chego á casa, un ibuprofeno e para a cama.
Horas máis tarde non podo esquecer esa noite nin a P.
E hoxe quedei con el e pasamos unhas 5 horas percorrendo Edimburgo. 5 horas nas que unha man colleu a miña cunha excusa tonta (levo moi mal iso de evitar o contacto físico, ando moi perdida), e coa promesa dunha próxima cita que espero que sexa pronto. Porque cain outra vez, porque son parva con tódalas letras e porque si.
Tagore xa asoma co seu poema 51, o amor cheira a merda e a desesperanza, pero é o que son.

Acaba tu última canción y vámonos.
Olvida esta noche, puesto que nace el día.
¿A quién intento estrechar entre mis brazos? Los sueños no pueden ser dominados.
Mis manos ardientes aprietan el vacío contra mi corazón y mi pecho es una gran herida.

Universidade

Friday, April 17th, 2009

A universidade dixo “si”. E eu dixen “o que vostede diga!”.
Asi que dende setembro, serei universitaria en Escociaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa! Non o podo creeeeeeeeeeeeeeeeeer!

Thursday, April 16th, 2009

Onte veu ver o piso unha rapariga francesa moi agradable. Como nos fai falta alguen con urxencia, fomos mooooi amables. Hora e media tomando un te! Eu xa non podia socializar mais, jaja. Estaba derreada porque estivera no bar da iglesia no que colaboro, e só tiña ganas de meterme na miña habitacion.
Hoxe chamou e collin eu o telefono. Dixo que queria vivir aqui xa o venres e se era posible. Coma o que ten o contrato é o meu compañeiro, pedinlle un minuto. Fun falar co meu compañeiro e dixo que sen problema. Ó chamala dixo que lle responderan dun anuncio e que preferia ir ver ese piso antes de mudarse ó noso. É comprensible que queiras mirar, pero non cando acabas de dicir que te mudas, penso eu. Ó meu compañeiro non lle pareceu nada ben, a ver mañá o que pasa (quedou en chamar). Cos compañeiros de piso, as primeiras impresions son moi importantes. Nunca hai que lles dar oportunidade de que pensen que vas dar problemas. Non se pode dicir que te mudas e mudar de opinión no seguinte minuto!
Total, que me temo que mañá vai dicir que non, asi que seguimos sen compañeiro.

Por outra banda, teño unha entrevista a vindeira semana. Penso que é unha oportunidade laboral que non tiven na vida, é un posto de traballo temporal pero como funcionaria no concello de Edimburgo, nunha biblioteca. Non o podo crer, estou preparando moi ben a entrevista porque morro por ese traballo! Para min é todo un logro ter conseguido esa entrevista, estes dias estou de peor humor e a cousa iba a pior, pero agora estou leda.
No bar da iglesia tamen me ofreceron un traballo, pero para Agosto, anda que non ten que chover ainda…

Se consigo o traballo da biblioteca morro, jaja.

Ay, e tamen recibin un mail! Resulta que intercambio clases de castelan e galego por clases de bodhran (nunca se sabe!) e respostou un rapaz que di que non quere clases de idiomas pero sí que lle pase a música que teña e que a el lle poida interesar a cambio dunhas clases. Asi que xenial!

Descubrimento

Tuesday, April 14th, 2009


Galicia en Criminal Minds!

Monday, April 13th, 2009

Ostras!
Son unha tola de Criminal Minds, e estou vendo o capitulo 4×17. Fala sobre un rapaz relixioso morto en circunstancias extrañas.
Eu pensaba que era un erro do subtitulo, pero con voz intrigante un dos axentes do FBI preguntalle a unha rapaza “Sabia vostede que fulanito estivera en Galicia, España?” “Non” lle di a rapaza. E o outro segue “Nun sitio chamado Santiago de Compostela”. Todo con acento guiri, claro. E sae mais veces ó longo do capitulo, pero non destripo nada!
Arre carallo! Ole oleeee! Como mola Criminal Minds!
Mola que Galicia saia coma un sitio onde cousas de medo pasan. En Dagon gustarame moito, os profundos falando galego! jaja

Sunday, April 12th, 2009

A declaracion da renda saeme positiva. É dicir, teñolle que pagar a facenda mais de 400 euros.
O ano pasado gañei en bruto 14000 euros. En bruto. Que de cartos eh? Como traballei en duas empresas diferentes e nelas gañei mais de 1500 euros, teño que presentar a declaracion.
Para aclarar as cousas.

Se traballo só nunha empresa e gaño 21999 euros brutos ó ano, ou se traballo en duas e nunha gaño 20499 e noutra 1500 euros, non teño que presentar a declaracion.

Como traballei en duas empresas, nunha delas gañei 7000 euros e noutra 6000, teño que presentala. Suponse que o que pago é o que non me descontaron o ano pasado e llo debo ó estado. Ainda asi, non é xusto. Non deberian pagar primeiro aqueles ós que tamen lles sae positiva pero estan exentos por non cobrar mais de 22000 euros ó ano? Non, é mellor que pague eu que non teño un patacon, e que non atopo traballo.

A ver de onde saco 400 euros, porque do traballo non vai ser, porque non hai traballo.

Estou a medio milimetro de tolear con tanta mala nova, en serio. Este ano cando todo podia ir mal, foi mal. Nada foi ben, tiven problemas de saude, non teño traballo, estou soa aqui e non teño cartos para ir a España… Toleo, outra asi e toleo.

Tuesday, April 7th, 2009

Hoxe estiven doente por mor dunha infeccion na boca. Levaba un par de dias mal pero hoxe xa foi a cousa moi forte e tiña febre, dor de cabeza… Chamei a uns dentistas pero xa tiñan o grupo de clientes completo e non aceptaban mais. Agobieime un pouco, porque co mal que me sentia e coa dor, ainda por enriba tendo que falar ingles por telefono (e comprendendoo, o telefono é complicado!) e sen atopar dentista, non sabia que ia facer.
Unha rapaza dunha clinica deume un telefono de urxencias dentais. Eu non sabia se o meu era tanto como unha urxencia, pero ó non ter dentista, tampouco tiña outra opcion. Chamaronme de volta do servicio de urxencias, e tras facer unhas preguntas de filtrado para saber se tiña que ir xa ou podia agardar deronme cita para un par de horas mais tarde.
Asi que ala fun, algo angustiada (é inevitable, estar doente fóra da casa é moi moi dificil) e repasando as palabras novas que aprendera para lle explicar ó dentista o que me pasaba. E preocupada, porque se xa en Madrid tivera problema con eles (cada un dos dentistas ós que fun, me deu un diagnostico diferente) aqui con todo distinto a ver como seria.
Tiven que agardar perto dunha hora, ainda que non me importou porque o poder ir a un servizo de urxencias dentais xa era dabondo para min. Agardando comecei a sentirme realmente mal e a dor medraba e medraba, eu só queria meterme na cama e acubillarme un pouquiño baixo das sabas.
Ó pasar unha hora, chamaronme e entrei na consulta do dentista. Sentei algo mareada e preparei o discurso. Pero a dentista comezou a falar en español, e resultou que era española! Case lle dou un bico!!! Puidenlle explicar todo sen pensar nin ter que buscar as palabras correctas. Miroume a infeccion, botoume un antiseptico e me deu antibiotico para cinco dias. Esa era outra, atopar farmacia a esas horas. Pois non fixo falta, porque o mesmo dentista me deu o antibiotico!!! Tiveno que pagar, claro, pero 6 libras por un antibiotico? Pareceme ben barato!
Asi que sain moi leda da consulta do dentista, e pensando que ainda que os britanicos ás veces poñen as cousas complicadas, a meirande parte do tempo poñenas doadas. Todo isto poderiao ter evitado mercando perborato, pero en todo Edimburgo ninguen oiu falar do perborato.

E vou aprendendo moitas cousas. Unha cousa é falar un idioma, e outra a túa lingua materna. A lingua materna non a pensas, sae soa. O idioma aprendido non, ou polo menos ata que pasan bastantes anos, non. É relativamente doado falar o idioma aprendido día a día, e moitas veces decataste de que estas pensando en ingles e non en castelan ou galego. Pero cando non podes pensar, é moi desagradable a sensacion de falta de coidado que tes.

Xa sobrevivin a unha consulta medica, a unha gripe e ó dentista! Agora estanme a sair uns graniños na man, espero que non sea alerxia ó antibiotico porque xa sería a hostia! Non poderia ter mais mala sorte!